Skip to Content

Formación medidadores/as escolares 2023.

Os nos@s mediadores remataron a formación que tiveron con Susana da Asociación Alicce.

Xa estamos preparad@s para retomar esta iniciativa que tan bos resultados acadou nos anos que estivo funcionando. Polo tanto, xa non queda nada poñer en marcha o Servizo de Mediación do noso centro.

   

SAMAÍN 2023

O pasado día 30 de outubro, celebramos no noso centro o Samaín.

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades que fixemos.

   
   
   

Visita á XXIV edición curtas Vila de Noia

O vindeiro venres 3 de novembro, o alumnado do noso centro se desprazará á Vila de Noia para visionar unha escolla de curtas, presentadas nesta edición do festival .

13 outubro día NON lectivo.

O motivo desta entrada é lembrar que, tal e como se establece na ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24. O noso centro solicitou como día NON lectivo o vindeiro venres 13/10/2023 (aprobado pola inspección educativa), tal e como se establece no artigo 7 de dita orde..

Polo tanto, voltaremos ó centro o luns día 16/10/2023 depois desta ponte.

Atentamente a dirección. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Curso 2023 / 2024 - ANPA A BARQUIÑA

A ANPA A ABRQUIÑA informa sobre as actividades extraescolares que teñen preparadas para o curso 2023 /2024.

 

 

Todas as actividades extraescolares xestionadas desde a ANPA terán lugar no colexio, agás a actividade da piscina.

As prazas son limitadas en todas as actividades, polo que é preciso anortarse previamente para coñecer a demanda das mesmas entre as familias. AS PRAZAS OUTORGARANSE EN FUNCIÓN DA ORDE DE CHEGADA UNHA VEZ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN.


PARA ANOTARSE DEBERÁN ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A anpabarquina@gmail.com.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
- Do VENRES 15 de setembro de 2023 as 00:00h (é decir, de xoves para venres) ata o 20 de setembro de 2023 ás 23:59h.

Tedes toda a información relativa ás actividades e a folla de inscrición nos adxuntos desta mensaxe.

 

Horario oficina. Curso 2023 / 2024

 

IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10)

 

 

INICIO DE CURSO - MODIFICACION TRANSPORTE RUTA 3 (Anxo Senra-San Bernardo)

Boas tardes.
O motivo desta mensaxe, é desexar por parte de todo o noso profesorado un bo inicio de curso a todas as familias. Lembrade que comezaremos o vindeiro luns día 11 de setembro co noso horario habitual, de 9:30 a 14:30h.


Aproveitamos  este saúdo inicial, para lembrar que o alumnado que fai uso do transporte na ruta 3 ANXO SENRA _ SAN BERNARDO, ten dúas paradas afectadas polas obras en Noia.

Por este motivo, o alumnado que fai uso da parada de ANXO SENRA debe desprazarse ata a farmacia Laura Veiras da RÚA CALVARIO, nº18 e aqueles que o facían no VENECIA, terán provisionalmente e ata novo aviso, a súa parada a carón do ximnasio Actifitnes na ESQUINA de Pintor Xenaro Carrero e a rúa FRANCISCO ROMERO BLANCO.
Un saúdo e bo inicio de curso a todos  

BENVIDA AO INICIO DO CURSO 2023/2024 - REUNIÓNS COAS FAMILIAS

 

 

Estimados pais e nais:

Queremos darvos a benvida a un novo ano académico de parte de todo o profesorado que conforma o claustro do noso centro. 

Antes de comezar coas clases, gustaríanos compartir un momento convosco para que nos poidamos coñecer un pouquiño e explicarvos como imos a levar este curso 2023/24, que dará comezo o día 11 de setembro.

Por esta razón, coidamos que é importante convocarvos ás reunións coas diferentes titorías onde as familias serán informadas de diversos aspectos organizativos do noso centro.

Estas reunións levaránse a cabo o día 6/09/2023 para todos os cursos en distintos horarios.

Ó chegar ao centro no horario indicado debedes dirixirvos ó edificio do centro indicado na seguinte táboa, cada titor/a irá facendo un chamamento para dirixirvos ás aulas de cada unha das reunións.

Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade educativa.

Atte, a dirección do centro.

4º Educación Infantil 16:30 h.

Edificio E.Infantil

5º Educación Infantil 16:30 h. Edificio E.Infantil
6º Educación Infantil 16:30 h. Edificio E.Infantil

 

1º E. Primaria 17:30h. Edificio E. Infantil
2º E. Primaria 17:30h. Edificio E. Infantil
3ºA E. Primaria 17:30h. Edificio E. Primaria (Planta baixa)
3ºB E. Primaria 17:30h. Edificio E. Primaria (Planta baixa)

 

4ºA E. Primaria 18:30h. Edificio E. Primaria (1ª Planta)
5ºA E. Primaria 18:30h. Edificio E. Primaria (Planta baixa)
5ºB E. Primaria 18:30h. Edificio E. Primaria (1ª Planta)
6ºA E. Primaria 18:30h. Edificio E. Primaria (1ª Planta)
6ºb E. Primaria 18:30h. Edificio E. Primaria (1ª Planta)

 

 

 

 

Preinscricións para o Comedor Escolar e Programa Madruga - ANPA curso 2023/2024

Dende a ANPA da Barquiña lanzamos as preinscricións para o Comedor Escolar e Programa Madruga. 

 

COMEDOR

•Horario: 14:30h a 16:30h.

•Meses: de setembro a xuño ( todo o período escolar)

•Prezo habituais.: Coste fixo de 35€ + 4,4 por menú/día. Con desconto por irmá no menú do 10%.

•Prezo usuarios menos de 7 días ao mes. 9€ día.

•Para facer a preinscrición é preciso anotarse no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdfIT14WmZMkKWOLi9izs6TsfBVVkOUuxL46EvxV3VJXD5xlw/viewform?usp=sf_link

 

MADRUGA

•Horario: 7:30h a 09:30h

•Meses de setembro a xuño.

•Prezo: 10€ sen almorzo,(2º irmá 5€) 15€ con almorzo(2ºirmá 10€) e 3 euros días soltos con almorzo.

•Para facer a preinscrición é preciso anotarse no seguinte enlace: https://forms.gle/SJaVKijtMEJkr6XS9

Fondo Libros 2023 /24

Publicadas as listaxes definitivas de fondo libros e axuda de material 2023/24. Poden ser consultadas no taboleiro do centro.

Para a recollida dos vales podedes achegarvos ó centro nestes periodos:

Do mércores 12 ó venres 21 de xullo (10 a 13h) ou ben a partires do 1 ó 11 de setembro (10 a 13h).

Atte. 

Distribuir contido


by Dr. Radut