Skip to Content

DISFRUTANDO CO TEATRO DA COMPAÑÍA FACE2FACE

Benvidos ao mundo dos contos en inglés! 

 

Desta volta, o venres día 1, a compañía Face2Face a través do conto “Jungle fever”, levou da man aos máis pequenos ata a selva, onde coñeceron as diferentes criaturas salvaxes que alí habitan e tamén os perigos que nos podemos atopar. Tanto é así, que todo o alumnado se tivo que armar de valor para cantarlle ao “rei da selva” un arrolo, e deste xeito, poder cear tranquilos mentras a “súa maxestade” durmía. 

Os máis grandiños mergulláronse na idade de pedra coa historia “The time machine” e acompañaron a unha muller cavernícola, nunha das súas saídas de caza, na que atopou un aparello que sen máis razón que ter chafallado nel, veuse transportada ao século XXI, unha época da que descoñecía ata como vestirse, e onde o alumnado a tivo que axudar para non morrer de espanto(nin de fame), ante toda a parafernalia que esta nova época despregaba. Botando de menos a tranquilidade da súa cova, e os saborosos miolos dos monos, decidiu despedirse e voltar á súa orixe.

O máis importante é que o alumnado, despois de facer unha viaxe coa mochila cargada de fantasía e vocabulario en inglés, participaron e sobre todo.....disfrutaron!

Grazas a todos e todas. Ata outra!

 

                        

 

 

 

  

 

REMANDO COA ASOCIACIÓN DEPORTIVA ESTEIRANA E O CLUB DO MAR DE NOIA

 

Este venres 25 de marzo tivemos o pracer de recibir no noso centro á Asociación Deportiva Esteirana de remo e ao Club do Mar de Noia, dando continuidade así ao proxecto de navegación no que estamos inmersos neste curso.

Os días previos á actividade vivímolos con moita expectación e como podedes comprobar na cara dos nenos e nenas, as expectativas foron  amplamente superadas.

Ao longo de toda a mañá, os remeiros ensináronnos a utilizar todos os utensilios, máquinas e embarcacións necesarias para poder practicalo deporte, compartiron con nós os seus coñecementos e experiencias para lograr a técnica perfecta e... por encima de todo, demostráronnos que o remo é un deporte de equipo onde prima a deportividade, a amizade, a cooperación e por suposto a diversión.

Só nos queda agradecer a ambas entidades o traballo que realizaron e que posibilitaran que este fora un día tan especial no noso centro. Estamos abertos a recibir a vosa visita cando desexades. E en canto ao noso alumnado, animarvos a continuar practicando este marabilloso deporte.

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN CONVOCATORIA DE BOLSAS CURSO 2022/2023

 

10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o próximo curso 2022/2023.

 

O prazo para presentar as solicitudes será do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

 

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

 

 

Más información na seguinte ligazón:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específicas de apoio educativo,publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

A Consellería ven de publicar a seguinte información sobre as mascarillas nos centros educativos.

8M- ROSA E CHUS, REDEIRAS DE VOCACIÓN.

 

ROSA E CHUS, REDEIRAS DE VOCACIÓN.

 

Con motivo da celebración do 8M (Día Internacional Da Muller) estamos levando a cabo no centro diferentes obradoiros nos que dar a coñecer á comunidade educativa o importante traballo que desempeñan as mulleres do Mar. Este venres visitáronnos Rosa e Chus , dúas redeiras  que pertencen á "Asociación de redeiras do cerco de Portosín", lugar no que traballan na actualidade. As dúas redeiras proceden de familias mariñeiras e moi vinculadas co mar; dende moi novas traballan facendo e arranxando os aparellos para que os barcos de Portosín poidan saír a faenar. 

Toda unha vida adicada a este oficio, antigamente pouco recoñecido, pero sempre loitando para visibilizar a súa importancia e recoñecemento no sector do mar e así poder mellorar as súas condicións laborais.

 

Neste enlace podedes escoitar a entrevista que lle fixeron os alumnos en Radio A Barquiña  https://go.ivoox.com/rf/83377558 (pica co rato mentres pulsas a tecla ctrl no teclado).

 

 

Grazas Chus e Rosa por facernos pasar unha xornada tan interesante e entretida.

 

COMUNICADO CONXUNTO PARA INFORMACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

8M "ENREDADAS"

 

O mar forma parte da nosa vida e da nosa cultura. 

Somos xente da costa galega e iso conforma unha particular visión do mundo.

 Mariscadoras, redeiras, mariñeiras, pescantinas, científicas mariñas, remeiras… son oficios, profesións e actividades  nacidas ao abeiro deste medio. 

Non é un mundo inamovible. Cambia coma as mareas ao longo do tempo. O esforzo e a loita destas mulleres permitiron melloras nas súas condicións, acadar un maior recoñecemento laboral, social e económico. Mais aínda queda  camiño por percorrer.

Enredadas” pretende visibilizar e render homenaxe  a todas as mulleres, membros das familias do alumnado do noso colexio  que, dun xeito ou doutro, están vencelladas ao mar e á navegación.

 Elas comparten connosco as súas historias vitais: lembranzas pasadas e presentes, anécdotas, sentimentos e emocións…  e transmíteno dun xeito sinxelo  e cunha ollada especial;  dende o cariño con que llelo contan aos seus fillos e fillas, netos e netas… 

 Cada unha ten unha motivación e unha traxectoria única, segundo a época e as circunstancias que lles toca ou lles tocou vivir: incorporación ao mundo laboral -pasando dunha  economía máis tradicional e informal a outra máis moderna e sofisticada- ; necesidade e/ou supervivencia, afán de superación…  razóns, todas elas, que aparecen expostas ou  subxacen  nos relatos das nosas protagonistas.

Queremos agradecerlles a  xenerosidade amosada por compartir connosco, de xeito altruísta, as súas vivencias ; darnos a posibilidade de achegarnos a elas e  entendelas un pouco mellor. 

 Se deste xeito contribuímos a dignificarvos  un chisco, Mulleres do Mar, dámonos por satisfeitas!

 

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2022 / 2023

Publícanse as vacantes previstas para o curso 2022 / 2023.

 

Así mesmo, podedes atopar nesta entrada os impresos para para admisión do alumnado en centros públicos 2022 / 2023.

Lembramos que o prazo para a presentación do formulario de admisión do alumnado vai do 1 ao 21 de marzo. As solicitudes a presentar no centro deben facelo no horario de atención ao público.

 

 

Impreso en castellano

Impreso en galego

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN EN CENTROS ESCOLARES CURSO 2022/2023

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

Atte: O Equipo directivo

ENQUISA COMEDOR ESCOLAR.

Boas tardes:

Desde  a ANPA do noso centro fannos chegar a seguinte información. Podedes descargar o impreso no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut