Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022.

CONVÓCANSE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. Nesta circular podedes ver toda a información relativa ao proceso electoral no noso centro

 

.

Podedes descargar o orixinal deste documento no adxunto.

 

 

Protexe aos animais- Plan proxecta

O noso cole ven de ser seleccionado para participar no programa Protexe aos Animais que forma parte do Plan Proxecta+.

     O Plan proxecta + é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

      Protexe os animais é un programa que consiste en desenvolver un proxecto que desenvolva a concienciación na sociedade actual do respecto e na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.que relacionado coa tenencia responsable dos animais domésticos e o seu benestar.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres
  • ODS 5. Educación de calidade
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables

CIRCULAR INFORMATIVA - ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. 2022

Estimados pais e nais.

Achegamos a información relativa a apertura do proceso das eleccións ao Consello Escolar a celebrar no noso centro. Resolución do 19 de setembro do 2023 da consellería de educación. DOG 30/09/2022.

Preme no adxunto para ver o documento completo.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022

Informamos que, no Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Esta resolución recolle o seguinte:

1º- Aquel alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria ó que se lle concedeu a axuda por valor de 50€ (para a adquisición de material/fondo libros), ten dereito a un novo vale polo importe de 25€.

2- Non é preciso presentar unha nova solicitude para ser beneficiario desta axuda, ao tratarse dunha ampliciación da convocatoria anterior.

3- Este novo vale será recollido polas familias no centro educativo a partir do 17 de outubro do 2022 e debe facerse efectivo nas librarias antes do 1 de decembro do 2022. 


Para máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38234

Att. O Centro.

O CEIP Alexadre Rodriguez Cadarso entra no RAOGAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo en marcha no curso 2021/22 o Plan Recupera para reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.

Para alcanzar esta meta, unha das medidas foi a Creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL). En cada centro da rede constituirase a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.

Este curso 2022/23 o noso centro será centro UACO dos concellos de Lousame, Noia, Outes, Porto do Son. O seu responsable é o docente Roberto González Miguéns quen fará o seguimento individualizado do alumno máis vulnerable educativamente e colaborará coas súas familias e co seu contorno dentro do seu ámbito xeográfico. 

Esta unidade actuará como canle de comunicación directa entre os centros educativos ao seu cargo, familias, administracións e outras entidades, tendo en conta a singularidade do alumnado nas zonas rurais

Consello Escolar da Infancia

Para ver o contido completo depraza a barra de esquerda a dereita que atoparás debaixo da imaxe

Hecho con Padlet

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS MATERIAL COMEDOR ESCOLAR - CONCELLO

O Concello de Noia informa:

Xa está publicada a resolución provisional de axudas a material escolar e comedor. Aquelas persoas solicitantes poden consultala información relativa a estas axudas no propio Concello.

Atte. a dirección.

Combater a pediculose

De vez en cando prodúcese unha infesta de PIOLLOS nos centros educativos polo que é aconsellable revisar as cabezas do alumnado por parte das súas familias. 

Nesta entrada achegamos un FOLLETO INFORMATIVO que podedes descargar e que vós axudará a adoptar as medidas necesarias no caso de que se dea algún caso no seo familiar. 

Ademais, tamén podedes visitar a seguinte páxina da Consellería de Sanidade onde tamén atoparedes información interesante.

https://www.sergas.es/Saude-publica/Como-combater-piollos?idioma=es

Para axudarvos cos máis pequenos e que entendan a problemática dos piolliños deixámosvos o seguinte vídeo 

INFORMACIÓN ANPA "A BARQUIÑA" ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-2023

A ANPA "A BARQUIÑA" informa da proposta de actividades extraescolares organizadas por eles para o presente curso.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Comeza o plazo de inscrición o luns 19 de setembro e remata ó completar as plazas

Débese enviar a folla de inscrición ó correo electrónico: anpabarquina@gmail.com

FOLLA DE INSCRICIÓN NO ADXUNTO SITUADO NA PARTE INFERIOR 

INGLÉS

30€/mes socios 

Academia NILEX 

Os horarios daranse en función

dos inscritos e idades

Prazas limitadas, darase

preferencia a:

    - Orden de inscrición socios

    - Orden inscrición na actividade. 

 

PATINAXE

10€/mes

Polideportivo colexio

Venres de 17:00h ás 18:00h

Prazas limitadas

PISCINA

10€/mes

Piscina Municipal de Noia

Xoves de 17:30h ás 18:15h

Prazas limitadas

 

TAEKWONDO

5€/mes

Polideportivo colexio

Martes e xoves de 16:00h ás

17:00h

Prazas limitadas

 

BADMINTON

16€/mes

Polideportivo colexio

Martes e xoves de 16:00h ás

17:00h

Prazas limitadas

ZUMBA KIDS

13€/mes

Polideportivo colexio

Martes de 16:00h ás 17:00h

Prazas limitadas

 

TENIS

12€/mes

Polideportivo colexio

Mércores de 16:00h ás 18:00h

Prazas limitadas

REMO

10€/mes

Clube de Remo de

Pontenafonso

Xoves de 16:00h ás 17:30h

 

CIENCIA DIVERTIDA

13€/mes

Colexio 

Luns de 16:00h ás 17:00h

Prazas limitadas

 

 

 

 

INFORMACIÓN ANPA "A BARQUIÑA" - ALTA DE SOCIOS



Asociación de Nais e Pais do C.E.I.P. Alexandre R. Cadarso Lgar. A Barquiña S/N
15200 
– Noia
A Coruña
Tlf.: 620643936 anpabarquina@gmail.com

Todos aqueles que se queiran facer socios da ANPA deberán facer o ingreso da cuota, que son 30€, deberedes de indicar no concepto NOME e APELIDOS DO NENO OU NENOS DA UNIDADE FAMILIAR.

Tamén é preciso que nos enviedes un correo electrónico a: anpabarquina@gmail.com co xustificante do ingreso indicando os datos dos nen@s: NOME, APELIDOS, IDADE, CURSO E TELÉFONO/S DE CONTACTO.

Número de conta para realizar o ingreso (ABANCA):

IBAN: ES83 2080 0301 2430 4000 8426


Lembrade que os 30€ son por familia, non por neno, e só unha vez ó ano.

prazo para realizar o ingreso da cota será o VENRES 30 DE SETEMBRO DE 2022

IMPORTANTE: os que non sexan socios non poderán disfrutar de campamentos organizados pola ANPA e as actividades extraescolares terán un precio incrementado.

Para calquer dúbida ou consulta poderán contactar a través do noso correo electrónico: anpabarquina@gmail.com ou a través de unha mensaxe privada en facebook: https://www.facebook.com/anpa.barquina

*ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Estamos á espera de concretar horarios e cuotas. En canto sepamos, farémovolo chegar a través do noso facebook: 

https://www.facebook.com/anpa.barquina

e nesta mesma páxina do centro

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandrecadarso/

Moitas gracias

Distribuir contido


by Dr. Radut