Obradoiros

"DESAFÓGATE" NO FRIAN

Desafógate

O 14 de marzo ás 16 horas no noso cole .

Non volo perdades!

OBRADOIRO DA CIENCIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Xa casi  para rematar  o ano da ciencia do Frian a Universidade de Vigo deunos  a oportunidade ao alumnado de 6° de Primaria  de facer diferentes experimentos axudados  cun grupo de investigadoras e investigadores que traballan  na Universidade. 

Foi súper interesante e divertido.

NAVEGA CON RUMBO

navega con rumbo

Este venres 29 de abril, o alumnado de 5º de Primaria, tivemos un obradoiro para coñecer e recibir consellos de como utilizar as redes sociais de xeito seguro.

navega con rumbo

O Plan Navega con Rumbo é unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais. 

Deixámosvos uns enlaces onde tanto familias como profesorado e alumnado tedes unhas guías prácticas de uso axeitado des redes sociais:

navega con rumbo

 

Obradoiro coa nai de Celia en 3º B

O alumnado de 3º B fixemos un obradoiro coa nai de Celia , que é oceanógrafa.

Ofreceunos material e vídeos explicativos de como é o seu traballo. Tamén pintamos uns vasiños de porexpán que este verán levará a alta mar na súa seguinte campaña e os baixará unidos a un aparello de estudo dos océanos , a 5.000 metros de profundidade.En setembro volverá traelos e comprobaremos que efecto tivo neles a presión do mar.

Estamos desexando velo!

Grazas Marta!!!

OBRADOIROS IGUALDADE

igualdade 1  igualdade 2

Hoxe rematan os Obradoiros sobre Igualdade que a ANPA preparou para a nosa Comunidade Educativa,

Diferentes obradoiros pensados para os máis pequenos e para os adultos tamén.

 

3 anos igualdade

 

 

4anos igualdade

 

5 anos igualdade

 

igualdade 3

 

igualdade 4

igualdade 5

igualdade 6

igualdade 7

 

5ºA igualdade

 

MOITAS GRAZAS ANPA GONDERÁN !!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet