Obradoiros

Obradoiro RCP

       O pasado mércores 23 de maio, o alumnado de sexto de primaria tivo a sorte de recibir de novo a  visita de Elva, Silvia, Tere, Marisol e Fran, nais e pai de alumnos e alumnas do cole, para explicarnos o protocolo PAS (Protexer, Avisar,  Socorrer), para saber como actuar no caso dunha emerxencia, e como aplicar unha RCP (Reanimación CardioPulmonar). Sen eles non teriamos a oportunidade de coñecer e practicar estas actuacións.

 

       Consideramos que esta experiencia e coñecementos son básicos e necesarios, porque con eles podemos salvar vidas. E por iso agradecemos enormemente o esforzo e  a iniciativa destes cinco profesionais que nos deron nesta data “unha gran lección”.

 

       Desfrutade coas imaxes e vídeos desta experiencia.

 

OBRADOIRO 6º : “VIGO EDUCA EN SEGURIDADE”

 

                  “VIGO EDUCA EN SEGURIDADE”

 

  O alumnado de 6º , neste  terceiro trimestre, participamos  no programa “Vigo educa en seguridade”  organizado polo Servizo de Bombeiros e o Concello de Vigo. Este Programa Educativo Municipal consta de dúas fases.

  Por unha banda tivemos un obradoiro no colexio impartido polo Servizo de Bombeiros, no que recibimos información sobre seguridade no noso fogar e na cidade. E na segunda fase do programa, fixemos unha visita ao Parque Central de Bombeiros. Coñecemos as instalacións, os vehículos que utilizan para as emerxencias, probamos a súa indumentaria, deslizámonos pola cucaña e …..incluso bailamos . Foi unha experiencia moi motivadora e con ganas de repetir.

 

        No seguinte vídeo fixemos un resumo deste obradoiro:

GRAZAS PARQUE CENTRAL DE BOMBEIROS DE VIGO!

 

 

Obradoiros de 6º no segundo trimestre

Neste segundo trimestre tivemos a oportunidade de participar en dous obradoiros.

Un sobre os refuxiados coa Asociación Provivienda. E o outro sobre o acoso escolar, impartido pola policía nacional. Dúas temáticas que interesaban ao noso alumnado e con estes obradoiros conseguiron disipar moitas das dúbidas que tiñan.

Saída ao Castro

O mércores 21 de marzo o alumnado de sexto fixemos unha saída á Escola de Educación Viaria do Castro. Cando chegamos ao circuíto fomos recibidos por dous policías locais. Encargáronse de proporcionarnos a información necesaria para convertérmonos en peóns, policías e ciclistas.

Desfrutamos moito coa experiencia e aprendemos as normas para circular como peóns e como ciclistas. O alumnado que facíamos de policía tivemos que rexistrar todas as accións positivas que realizaban os nosos compañeiros/as.

Por quendas fomos rotando por cada un dos postos establecidos. O tempo pasou voando.

APRENDEMOS XOGANDO!

Grazas Policía Local!!

Desfrutade da nosa experiencia no seguinte vídeo:

OBRADOIRO DE FARO DA ESCOLA EN 5º E 6º

O venres 2 de febreiro o alumnado de 5º e 6º tivemos un obradoiro organizado polo Faro da Escola en colaboración con CSIC. Alex, biólogo mariño, explicounos como traballa investigando as especies da Ría de Vigo. Dunha forma moi amena e transmitindo o entusiasmo pola seu traballo, contounos unha morea de cousas sobre a vida do mar.

Ademais da súa explicación, compartiu con nós o seu museo particular. Deste xeito puidemos tocar, ver e observar verdadeiras xoias mariñas.

Desfrutade do vídeo:

GRAZAS ALEX POLA TÚA DEDICACIÓN!

Grazas ao CSIC e ao Faro da Escola pola organización do obradoiro.

Powered by Drupal - Design by artinet