Obradoiros

O engano dos mapas

Moi interesante foi o que nos contou, Juan de Impórtanos, sobre as ONG, o engano visual dos mapas, o traballo en equipo...

Moi preto do Día da Paz, axudounos a pensar que as cousas poden verse, pensarse e facerse de maneiras diferentes. O mapa de Peters (menos empregado) creado en 1974 achéganos de mellor xeito a realidade xeográfica dos Continentes.

Durante dúas horas estivemos vendo distintos tipos de mapas xeográficos, políticos, demográficos e analizando os problemas de  países de África, Asia...

Propúxonos facer unha torre, o máis alta posible, autosostible e en silencio...credes que fomos capaces?

 
 
Tipos de representacións de mapas: http://elpais.com/elpais/2010/03/18/media/1268881809_720215.html (moi interesante)

Educación Vial e Matemáticas

Matemáticas e Educación Vial coa Policía Local

O día 4 de decembro a Policía Local de Vigo víu  o colexio falar cos nenos  de 5º de primaria.
Non só asistimos a unha clase teórica onde velaban pola nosa seguridade como peóns se non que matemáticamente déronnos unha clase práctica . Fomos os dous quintos ata o cruce de Travesía e alí fomos quen de calcular o tempo de: tempo para cruzar os peóns, as velocidades  dos vehículos e o perigoso que pode ser non respectar as normas.

Por último, darlles as grazas; agardámosvos para o vindeiro curso.

Obradoiro de cociña saudable

Arrinca a modalidade de obradoiros do curso 2015/16

Unha modalidade de actividades complementarias no noso Centro e a participación en obradoiros sobre temáticas varias para achegarnos a distintos contidos do curriculum de xeito experiencial.

Neste primeiro obradoiro titulado "Cociñamos con Clan" participou todo o alumnado de primaria repartidos en dous días. A primeira metade da sesión dedicouse a mostrarnos hábitos de vida saudable; nunha segunda parte realizamos unha receita do máis vistosa empregando espinacas, caballa, millo doce, cebola...

Vistosa e deliciosa porque non quedou nin unha migalla.

Deixámosvos a reportaxe fotográfica.

 

Powered by Drupal - Design by artinet