Obradoiros

OBRADOIRO SAMAÍN-HALLOWEEN

Hoxe, 30 de outubre celebrámo-lo Samaín-Halloween no cole e nas aulas de 2° de Primaria creamos un Obradoiro de Froita coa que elaboramos uns  pantasmas  e unhas cabazas. Necesitamos para a elaboración: mandarinas, uvas, grosellas, plátanos e pepiñas de chocolate.

Mirade que ben o pasamos, que terroríficas receitas e que boas  estaban!!!

2°A

 

2°B

Zentangle en 4º A: reláxate e colorea

O Zentangle é un método de debuxo baseado nas formas abstractas, suaves, orgánicas ,elegantes e estruturadas. Con estea técnica podes crear debuxos moi agradables e elegantes , realmente bonitos e interesantes. Este tipo de debuxo permíteche desenvolver a túa creatividade ,xa que non existe ningúnha técnica concreta e podes facela a túa maneira. 

Debuxando formas abstractas que van enchendo con outras masi pequenas , normalmente repetitivas . O normal é facelo en branco e negro, é dicir, con bolígrafo ou rotulador negro sobre papel branco ( normalmente rectangular).

É tan relaxante que adoita considerarse terapéutico e pareceunos moi aconsellable para nós , os nenos e nenas. Nós o alumnado de 4º A , decidimos  encher o modo Zentangle de cores . O cadro que fixemos  con esta técnica é dun pintor galego chamado Luis Davila. Titúlase " Co vento na cara"

 

CORAZÓN E PULMÓN

Elva Redondo , a mamá da alumna Adela de 4º A, explicounos  o funcionamento do corazón e dos pulmóns. Unha experiencia moi positiva , divertida...onde aprendimos de xeito diferente de como  somos por dentro.

 

REDUCINDO OS PLÁSTICOS, 1º E.P. 2019 Obradoiro

 Neste curso o alumnado de 1º A e B traballou como PDI " A contaminación de plásticos" que sofren os nosos mares e océanos.

Intentamos con esta temática sensibilizar ao alumnado na necesidade de reducir, reutilizar e reciclar os plásticos para evitar que cheguen ao mares. Completando todas as actividades que fixemos arredor desta temática tivemos a visita da nai de Aroa que nos trouxo un obradoiro sobre como podemos reducir o consumo do plástico nos nosas vidas substituíndoos por alternativas biodegradables.

Estivo xenial! Aprendimos moito! Grazas!

 

BATIDO DE AMORODOS E PLÁTANO- STRAWBERRY AND BANANA MILKSHAKE

 

Aproveitando que esta semana tamén tiñamos amorodos e como o venres era festivo, decidimos tomar a froita sobrante e non estragala nuns deliciosos batidos.

Así que os alumnos e alumnas de 1º baixamos a aula de cociña do cole e axudamos na elaboración dos batidos utiliznado a leite do reparto e os amorodos e plátanos que nos sobraron das merendas.

Incluso utilizamos os cartóns do leite para tomar o batido e así reciclalos.

 

 

Taking advantege of the fact that this week we also had strawberries and as Friday was holiday, we decided to take the extra fruit and not spoil it some delicious milkshakes.

So students in grade 1 went down to the school dinning room and helped to prepare the drink by using the strawberries, the bananas and the milk, that hve been left out from their snacks.

We even reuse the cartons to drink the milkshakes and recycle them.

 

Powered by Drupal - Design by artinet