Skip to Content

Galaicos. Un pobo entre dous mundos.

O pasado venres día 25, acompañado polos profesores Xosé Carlos Morgade e MªLuisa Cousillas, un grupo de 33 estudantes de 1º da ESO do noso instituto achegáronse ao Museo de Pontevedra para visitar a exposición "Galaicos" e as salas de Prehistoria do museo. A exposición temporal "Galaicos", que leva por subtítulo "Un pobo entre dous mundos", recalará na nosa vila ata o 2 de febreiro para conmemorar o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

A exposición amosa aos poboadores destas terras durante un período de máis de mil anos, o comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 a. n. e.) e o século VI. Máis de 65 pezas e unhas ilustracións moi didácticas explican as etapas culturais sucesivas (castrexa, romana, sueva...) que conforman a nosa historia e a nosa identidade.

Por formar parte da materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO, a visita foi organizada por este departamento.



story | by Dr. Radut