Skip to Content

Educación Física

Competicións polideportivas intercentros. 1ºESO

Tras unha parentese por mor da pandemia, este curso retomamos as competicións polideportivas intercentros a través do programa Xogade  (xogos galegos deportivos en idade escolar).

O noso alumnado máis xove de primeiro de ESO gozou no día de hoxe dunha xornada de competicións xunto co alumnado de Pontecaldelas. Cumpriuse con éxito un dos seus obxectivos principais : fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a comunidade educativa. Parabéns a todos os participantes!

Obradoiros de Nadal e entrega de trofeos e medallas aos finalistas do campionato de Bádminton 2021

Como cada curso, o noso Centro despide o ano 2021 cuns obradoiros de Nadal dirixidos polo profesorado e alumnado do Centro.

Ofrecéronse 15 talleres diferentes onde alumnado e profesorado compartiu as súas habilidades, amosando o seu enxeño e creatividade máis alá das aulas: 

  • Iniciación ao manexo de drons
  • Papiroflexia
  • Creación de pulseiras
  • Adornos de Nadal
  • Decoración de cantos rodados
  • Lectura Dramatizada
  • Creación en 3D
  • Torneo de pimpón 
  • Confección de bruxas con elementos naturais
  • Corpos Xeométricos
  • Scrabble
  • Xogo de palabras
  • Xogo: 1,2,3
  • Xogos populares
  • Microscopia

Por outra banda, o departamento de Educación Física fixo a entrega de medallas e trofeos aos finalistas e campións dos torneos de Bádminton realizados ao longo do trimestre, actividade enmarcada dentro do Proxecto Xogade da Xunta de Galicia. 

Participación na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22)

Novamente, o noso Centro participará na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22).A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha no curso 2009-2010 os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, co programa XOGADE. Apostando por un modelo deportivo competitivo aberto á participación, tal e como queda reflectido na Carta Europea do deporte, promovendo a saúde, a condición física e o benestar, buscando que todos os escolares teñan acceso a práctica de actividades lúdicas e deportivas, sen existir ningún tipo de discriminación.

Está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos de deporte de cada provincia e das agrupacións deportivas de zona, coa colaboración das federacións galegas implicadas.

CROSS 2020

Un ano máis o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro participou na proba de Cross, celebrada en Caritel, xunto cos compañeiros dos I.E.S. de Pontecaldelas e Forcarei.

Esta proba desenvólvese dentro do programa XOGADE sendo a antesala das probas polideportivas a realizar no mes de abril.

Parabéns a todo o alumnado participante, a Salvador Rodríguez pola súa implicación e a José Luis Murio pola iniciativa e coordinación.

Alumnado do IES de Cotobade limpa o Roteiro do Foxo do Lobo en memoria de Antonio Fraguas.

           Alumnado de 3ºESO e 4ºESO do IES de Cotobade Integrante da actividade no Roteiro                      Foxo do Lobo co alcalde Jorge Cubela e o director do IES de Cotobade, José Luis Murio.

 

Alumnado do IES de Cotobade limpa o Roteiro do Foxo do Lobo en memoria de Antonio Fraguas.

Alumnado de 3ºESO e 4ºESO do IES de Cotobade Integrante da actividade no Roteiro

do Foxo do Lobo co alcalde Jorge Cubela e o director do IES de Cotobade, José Luis Murio.

 

Bronce por equipos no Campionato Provincial de bádminton escolar

 O pasado sábado 11 de maio, un grupo de alumnas e alumnos do noso centro, acompañados polos profesores José Luis Murio Ozores e Salvador Rodríguez Villaverde, desprazáronse ata Ponteareas para participar, en xornada de tarde, no Campionato Provincial de bádminton escolar organizado polo Club Bádminton Ponteareas.

Na categoría cadete feminina as nosas alumnas Erika Abilleira Costal, Andrea Abilleira Souto, Ángela Soto Lamas, Emma Belmonte González, Sara Fernández Quinteiro, Antía Salgueiro Fraga e Marta Sobral Fraga, acadaron o terceiro posto e polo tanto a medalla de bronce.

Parabéns ás gañadoras e a todas e todos os participantes e todo o agradecemento ó profesorado acompañante por dedicar boa parte do seu tempo de lecer a favorecer a convivencia social e a práctica deportiva e competitiva do noso alumnado.

Ligazón á nova no Facebook do Club Bádminton Ponteareas

Cross 2019

Un ano máis o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro participou na proba de Cross, celebrada este ano en Caritel, xunto cos compañeiros dos IES de Pontecaldelas e Forcarei.

Esta proba desenvólvese dentro do programa XOGADE sendo a antesala das probas polideportivos a realizar no mes de abril.

Parabéns a todos os participantes, a Salvador Rodríguez pola súa implicación e a Jose Luis Murio pola iniciativa e dirección.

 

Deporte e hábitos saudables. Memoria de actividades.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

Benvidos ao curso 2017-18:

      Xa comenzamos as competicións deportivas de bádminton  nos recreos. No presente curso temos máis participantes que nunca. Os teremos informados dos resultados.  

Distribuir contido


by Dr. Radut