Skip to Content

Lingua e literatura galega

Xincana no IES de Cotobade. Descubrindo a Francisco Fernández del Riego.EDLG. Letras galegas 2023

Por que o reintegracionismo é útil para ti? Carlos Valcárcel Riveiro. Universidade de Vigo

Carlos Valcárcel Riveiro, profesor universitario da lingua francesa e da didáctica de segundas linguas, visitou o alumnado de 3 e 4 ESO o martes 29 de marzo. A través dunha charla sobre o reintegracionismo, achegoulle á rapazada unha visión diferente e necesaria sobre a situación do galego. Grazas por visitarnos un ano máis, Carlos!


Teatro: A señora de Forcadela, O Quinquilláns. Deputación de Pontevedra: O pasado por vir.

O alumnado do 4º curso de ESO do IES de Cotobade asistiu esta mañá a unha das actividades sobre a memoria histórica que a Deputación de Pontevedra, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, está a levar pola provincia da man de concellos, asociacións e centros de ensino.


A representación “A señora de Forcadela” permitiu achegarnos dunha maneira diferente ás vivencias da represión e a ditadura.
‘A señora de Forcadela’ é unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, extensiva á doutras mulleres represaliadas na Galiza a partir de xullo do 36: foi detida o 15 de agosto e na prisión de Tui salvou a vida grazas á axuda dun médico forense e dun doutor que aseguraron que estaba embarazada. Foi xulgada en Vigo por rebelión e condenada a pena de morte que se lle conmutou por cadea perpetua, e despois a 6 anos e un día.

En 1982, Josefa García Segret publicou un libro autobiográfico titulado ‘Abaixo as ditaduras’, editado por ela mesma, grazas ao que a día de hoxe se coñecen as súas vivencias. No libro explícase a vida dunha reclusa dunha maneira moi directa. Aínda que terminou a obra en 1976, a súa publicación —“polas circunstancias do momento”— tivo que agardar a 1982, catro anos antes da súa morte.

A peza teatral foi representada pola compañía teatral ‘O Quinquilláns’, contando no elenco con Tero Rodríguez e Lucho Penabade.
O noso agradecemento ao departamento de lingua e literatura galega polo impulso e organización!

Fotografía: Beatriz Pérez Espiña

  

 

 

 

 

 

 

 

 

Nube de sentimentos. Emociona-T. CPInclúe.

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do I.E.S. de Cotobade participou na iniciativa do departamento de Lingua e Literatura galega para dedicarlle catro versos a aquela persoa, lugar, animal ou cousa que lle rouba os sentidos.

A profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña, encargouse de darlle forma a tanto corazón recreando esta nube dos sentimentos. 

Parabéns polo resultado final a todas e todos os participantes e pola creatividade e implicación de Bea. 



Actividade enmarcada e financiada pola actuación Emociona-T de CPInclúe.

23 de febreiro. Día de Rosalía

No I.E.S. de Cotobade quixemos renderlle a nosa singular homenaxe a Rosalía de Castro no seu día. O 23 de febreiro un grupo de alumnas e profes foron de ruada no recreo coas súas pandeiretas para disfrutarmos deste día de festa. Ademais, o alumnado recibiu un bolígrafo máxico que só escribe en galego, agárdase que non sexa necesario acudir á nosa conciencia polo seu mal funcionamento!

Texto e organización: Equipo de Dinamización da lingua galega.

Para ver o vídeo do acto, prema aquí

Montse Fajardo no IES de Cotobade

O pasado 9 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza da investigadora e escritora Montse Fajardo.  O noso alumnado de 4º ESO puido escoitar e participar da charla “A represión contra as mulleres tras o  golpe de estado de 1936” un relato pola MEMORIA, na que se recuperaron e dignificaron voces como a de Urania Mella, Elvira Lobeiro, María Gómez, Encarnación Rodríguez, Manuela Abuín ou Ernestina Otero entre outras moitas vítimas. O coloquio encadrábase dentro da materia de Lingua e Literatura galega co fin de ofrecer unha visión máis ampla do que foi o proceso de esfarelamento dos logros lingüísticos e literarios acadados no primeiro terzo do século XX.

Agradecemos inmenso a Monste o seu traballo, profundamente pedagóxico e didáctico e sobre todo, necesario.

Entrega de premios aos gañadores do certame de relatos de Terror 2021

Parabéns a toda a comunidade participante, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. O maior agradecemento pola súa dedicación e implicación na defensa da nosa lingua, cultura e tradicións.

Organización e iniciativa do departamento de lingua e literatura galega: Paula Ríos Estévez e Iria MªLeis Figueroa.

Entrega de premios do Concurso “Decoración de Cabazas”. Samaín 2021


Letras galegas 2021-

O alumnado do I.E.S de Cotobade rendeulle a súa particular homenaxe a Xela Arias, autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas neste ano 2021. A combinación dos versos da autora e a creatividade de cada alumna e alumno deu como resultado o seguinte mural. Parabéns a todo o alumnado e ás profesoras Paula Ríos Estévez (lingua e literatura galega) e a Beatriz Pérez Espiña (EPVA) polo traballo e iniciativa.

Celso Fernández Sanmartín no IES de Cotobade

Distribuir contido


by Dr. Radut