Skip to Content

Lingua e literatura galega

Participantes do Concurso “Declárate en galego”

 

Para visualizar a lectura dos relatos dos / das finalistas, prema aquí.

Velaquí as e os participantes do concurso Declárate en galego, que recibiron un doce agradecemento en forma de piruleta pola súa participación. Alumnado, persoal docente e persoal non docente botaron man da lingua máis amorosa para escribir dedicatorias a destinatarias e destinatarios de todo tipo: familiares, amizades, compañeiras e compañeiros do instituto, mascotas, obxectos etc. Todas foron tan diferentes coma especiais, así que GRAZAS por participar. E tede en conta que DECLARARSE EN GALEGO CORRE O RISCO DE NAMORAR!

Declárate en galego 2021

Para ver as bases do concurso, prema no arquivo PDF adxunto na parte baixa da sección.

Deixa a túa declaración no buzón da mesa de conserxaría. 

Cartafol 12

O Equipo de dinamización da lingua galega quere desexarvos un feliz verán de festa en festa. Convidámosvos a que o pasedes ben e gocedes empregando a lingua de noso, o galego de festa en festa.

Cartafol Nº 11

Este é o último número publicado da nosa revista Cartafol, queremos dedicarlla a Antonio Jar que se xubilou o ano pasado.

Na lembranza e agradecemento ao seu traballo incansable para que a nosa revista estea presente entre nós e tamén coa nosa gratitude desde o Equipo de normalización e dinamización da lingua galega do IES de Cotobade SorrisoGraciñas Antonio.

Caratfol Nº 10

Este é o número 10 da nosa revista

Cartafol Nº 7

Eis o número 7 da nosa revista

Cartafol Nº 5

Velaquí tedes o nº 5 da nosa revista Cartafol. A ver se sodes quen de recoñecervos.

Saúdos desde o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES de Cotobade. Se queredes podesde visitarnos facendo clic aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut