Skip to Content

Educación Plástica e Visual

Obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud

Hoxe os/as nosos/as pequenos/as artistas desfrutaron dun obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud #zengoala. 

A actividade está enmarcada no Proxecto Competencial « Zentangle » de 1ºESO A e 1ºESO B, coordinado pola profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña. Velaquí as mostras das súas creacións. Destacamos o seu esforzo por comunicarse en inglés coa artista ao longo do taller.
Parabéns pola actividade!!!

OBRADOIRO DE ZENTANGLE PARA 1ºESO

 

Marabilloso taller impartido pola artista sueca Elisabet Hillerud para o alumnado de 1ºESO. Parabéns a todos e a todas polas súas creacións e grazas á profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña, pola súa ensinanza e compromiso constante coas Artes.

SAMAIN 2019- IES DE COTOBADE

O xoves 30 de Outubro o noso centro celebrou a festa do samaín cun concurso de deliciosos e terroríficos doces decorados para a ocasión. Celebramos a participación do alumnado na actividade e a súa implicación tanto na decoración de orixinais cabazas, nos disfraces e caracterización, así como nos fantásticos relatos de medo. A degustación e entrega de premios tivo lugar no hall do instituto, preparado e decorado para ocasión no que non faltaba detalle, obra de Beatriz Pérez Espiña, Xefa de Estudos e profesora de E.P.V e de MªLuisa Cousillas coordinadora de actividades extraescolares.

Recollemos neste vídeo a reportaxe fotográfica realizada e lamentamos que non se reflicte nas imaxes a totalidade do decorado, doces ou cabazas. O feito que aparezan uns e non outros non determina a calidade do produto, senón que foi imposible retratar e fotografar cada detalle do evento, xa que este curso todo eran detalles. Parabéns a todos os participantes por manter viva esta tradición!

3 de Decembro. Baixo o mesmo paraugas

 

Para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade, o alumnado do IES Cotobade únese para cubrir a entrada do instituto con paraugas empapados de significado.

Distribuir contido


by Dr. Radut