Skip to Content

Orientación

Fomentar o benestar dos nosos/as fillos/as

O vindeiro martes 28 de maio ás 18:30h terá lugar no noso centro unha charla a cargo da psicóloga Ángela Patricio Cal sobre benestar emocional, prevención da ansiedade, do estrés, crises e depresión, entre outros, nos e nas adolescentes.

Por favor, pregamos que cubran o seguinte formulario co obxecto de prever o número de asistentes: 

https://forms.gle/Cs2anCaXM9AF3yem8 

Ficha 5. Programa Quérote +

As redes sociais son un espazo máis no que a xente nova se relaciona con naturalidade.
No programa Quérote máis de 3ºESO concienciamos tamén sobre a relación dos sexos a través da tecnoloxía. Reflexionamos sobre as características da comunicación virtual para evitar malentendidos e previr conflitos.

Tamén falamos dalgunhas prácticas como o sexting, que se refíre ao envío de fotos, vídeos ou texto de carácter erótico ou sexual a través de internet.  

Segundo un estudo da Universidade de Santiago, o 26,8% dos adolescentes recoñece ter recibido algunha vez fotos, imaxes ou vídeos de carácter erótico o sexual e o 8% recoñece incluso telos enviado.  

Diferenciar entre sexting, sextorsión e outros termos axudará a xente xove a manter relacións libres, acordadas e sobre todo seguras. #quérotemáis

Plan Proxecta Quérote +

Continuamos traballando a educación afectivo-sexual a través do Plan Proxecta Quérote +, falando sobre a orientación do desexo e cuestionando o modelo do amor romántico que sustentan as relacións de maltrato.

O día 12 de marzo, para as familias e o día 21 de marzo, para o alumnado de 3ºESO, terá lugar un obradoiro complementario impartido pola psicóloga Noa Tilve Cabada, coordinadora dos centros Quérote +. 


Programa Quérote +

Dende as titorías de 3ºESO seguimos traballando a educación afectivo-sexual co programa Querote + . Que é a sexualidade? Que é o desexo e a identidade sexual? Dende o respecto pola diferenza,  nos xeitos de sentir e desexar.
Velaquí algunhas fotografías relacionadas coas actividades 2 e 3 do programa.

 

Plan Proxecta Quérote +

O noso centro ten concedido o Plan Proxecta Querote+, un programa de educación afectivo-sexual para o 3º curso da ESO.

Na primera sesión, o noso alumnado atopa no servizo de asesoramento en rede Quérote+ unha fonte fiable de información e consulta para a xuventude.

Porque en internet non todo vale, certo?


Mediación curso 2023-24

Ao longo da mañá de onte, día 19, o alumnado mediador con experiencia e o novo alumnado no equipo recibiron un curso para mellorar a súa capacitación na resolución de conflitos. Con esta iniciativa damos continuidade ao proxecto de mediación entre iguais do noso centro educativo.

Exposición 25N e recursos de aula

Para visualizar a proposta de actividades do Departamento de Orientación partindo da exposición, prema aquí

Visita a FP Innova 2023 e ao Museo de Galicia en Compostela.

O pasado venres 24 de marzo, o alumnado de 4º ESO foi á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 

Na primeira parte da saída, acudiron á actividade FP Innova 2023 onde puideron visitar postos nos que se amosaban proxectos de carácter pioneiro de diferentes ciclos formativos. Tamén tiveron a posibilidade de participar nalgúns obradoiros vinculados ao mundo profesional e ás distintas saídas laborais de ditos ciclos. 

Na segunda parte da saída, visitaron o Museo de Galicia que actualmente acolle a exposición "Camiños Creativos" e que conta con relevantes pezas artísticas procedentes de máis de trinta museos de todo o mundo. Neste caso o obxectivo foi promover a relación do alumnado coa arte contemporánea a través da interacción coa propia obra.

Exposición : “Que no te confundan”

Ao longo destas semanas, a comunidade educativa gozará da exposición : "Que no te confundan!" cedida pola Asociación Pro Derecho Humanos de Andalucía de Cádiz. Os diferentes paneles expostos recollen os distintos bulos, rumores infundados cunha carga xenófoba preocupante que se van facendo cada vez máis frecuentes.  
Esta exposición pretende facer reflexionar sobre a veracidade dos contidos e será motivo de debate e reflexións nas nosas aulas nas distintas titorías sobre o repunte de racismo e xenofobia que arruina a conivenvia intercultural e diversa.
Agradecemos a iniciativa e organización do departamento de Orientación e por suposto á APDHA de Cádiz polo traballo e cesión da exposición. 

https://www.apdha.org/que-no-te-confundan/


Listaxe provisional de solicitantes de ciclos de FP de grao medio 22-23

 

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do venres 8 de xullo ata as 13:00 horas do martes 12 de xullo de 2022.

A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.

Distribuir contido


by Dr. Radut