Skip to Content

Orientación

Información orientativa. Ciclos e módulos de FP con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes desde o 1 de setembro ata o día 9 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime, modalidade e grao; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Está aberto o prazo de solicitude das bolsas e axudas para cursar  estudos de FP. O prazo está aberto desde o día 3 de agosto ao 30 de setembro. Tramítase en liña a través do enlace https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/formacion-profesional/becas-generales-no-universitarias.html

 

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS (BACHARELATO)

Está aberto o prazo de solicitude das bolsas e axudas para cursar  estudos de bacharelato. O prazo está aberto desde o día 3 de agosto ao 30 de setembro. Tramítase en liña a través do enlace https://www.educacionyfp.gob.es/servizos-ao-cidadán/catalogo/estudantes/bolsas-axudas/para-estudar/bacharelato/bolsas-xerais-non-universitarias.html.

 

 

Admisión na FP. Curso 2021/2022

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Mapa e buscadores de oferta curso ciclos formativos de FP 2021-2022

Están dispoñibles os mapas da oferta para o curso 2021-2022 por familia profesional e por provincia e concello.

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22

Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED306A).

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

A Xunta de Galicia vén de convocar os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/2021, uns galardóns cos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade quere facer un recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa que remata cuns resultados académicos salientables.
Serán un total de 20 alumnos os que poidan acceder a estes premios, de entre os que estean cursando este ano o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos.

PROGRAMA DE TRÁNSITO ENTRE A EDUCACIÓN PRIMARIA E A ESO

Este ano por mor da crise sanitaria da Covid-19, tivemos que adaptar o Programa de Tránsito entre a Educación Primaria e a ESO que desenvolvemos habitualmente cos nosos centros adscritos o CEIP Plurilingüe de Carballedo e o CEIP de Tenorio. Por unha banda a orientadora visitou os dous centros para explicar ao alumnado de 6º de Primaria a nova etapa educativa que comezarán no mes de setembro.

 

Ademais puideron ver o vídeo de presentación do IES de Cotobade titulado "En tempos de pandemia", creado por Carina Vales Rey, secretaria do instituto, vídeo que se atopa tamén no bloque "dependencias" desta Web.

Na segunda parte do Programa realizamos conxuntamente entre os tres centros unha videoconferencia para que o alumnado do 6º curso puidese expor preguntas e dúbidas que foron respondidas polo alumnado de 1º ESO.

Agradecemos a colaboración e dispoñibilidade dos responsables do CEIP Plurilingüe de Carballedo e do CEIP de Tenorio e felicitamos ao alumnado pola súa gran participación.

Distribuir contido


by Dr. Radut