Skip to Content

Orientación

Campaña “Pódeche Pasar” de AESLEME.

Os noso alumnado de 4º de Secundaria participaron  o día 20 de decembro na Campaña “Pódeche Pasar” de AESLEME.

AESLEME leva desde 1990 realizando a campaña de prevención de accidentes Pódeche Pasar, que se dirixe a alumnos de colexios e institutos. A  conferencia que se realizou en liña estruturouse en varias partes:

Prevención primaria: Causas que producen os accidentes e formas de evitalas (Educación viaria).

Prevención secundaria: Que facer cando se produce un accidente para non agravar as lesións existentes.

Prevención terciaria: Consecuencias dos accidentes: lesións medulares e traumatismos cranioencefálicos: problemas físicos, psicolóxicos e sociais.

Agradecemos esta iniciativa e a colaboración de Mario Rey Veiga profesor de tecnoloxía e informática.

Ponencias do Plan Director

 

O alumnado de 1º e 3º curso de ESO participou no día de hoxe, 20 de decembro, nunhas  charlas informativas e formativas tratando a seguintes temáticas por nivel e grupo:

  • A violencia de xénero para o alumnado de 1º ESO
  • O acoso escolar para o alumnado de 3º ESO.

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna é impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

Estas charlas foron impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Agradecemos a implicación e colaboración do profesorado que participou nesta actividade e destacamos a implicación positiva do alumnado destes cursos.

No mes de marzo, os cursos de 2º e 4º de ESO recibirán formacións dentro deste Plan que abordará distintas  temáticas.

3 de Decembro. Día das Persoas con discapacidade.

O pasado venres 3 de decembro, a nosa comunidade educativa uniuse para celebrar o día internacional das Persoas con Discapacidade.

Uno ano máis, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do IES de Cotobade uniuse para celebrar a diversidade.

Posando con distintos paraugas de cores, realizouse unha reportaxe fotográfica que recolle a nosa diversidade. Coa financiación da Unión Europea, a través da acción INCLÚE-T, do programa REFÓRZA-T dos contratos programa, este ano colocouse no portal de entrada do Centro unha lona para dar visibilidade á sociedade diversa e plural á que pertencemos, cos desexos e ilusións comúns. Vivir iguais e diferentes.

Iniciativa e Coordinación da actividade:

MªJosé Seco López.
Xefa do departamento de Orientación. 

Para visualizar o vídeo da celebración, prema aquí.

1 DE DECEMBRO DÍA MUNDIAL DA SIDA

MANIFESTO DO DÍA MUNDIAL DA SIDA 2021
 
Este ano cúmprense 40 anos da pandemia de VIH no mundo, mentres outra gran pandemia ocasionada polo SARS CoV-<

25-N 2021

Hoxe, 25 de novembro a comunidade educativa do noso centro puxo unha silueta violeta  por cada unha das 1.118 vítimas mortais por violencia de xénero, contabilizadas  desde o 1 de xaneiro de 2003 ata o día de hoxe.

Alumnado, profesorado e persoal de administación e servizos do IES de Cotobade, unidos en defensa da igualdade, engadimos no noso xardín un espazo en recordo desas mulleres que xa non están, compartindo a dor dos seus familiares e amigos, para proclamar e defender dalgún xeito un "NON á violencia de xénero" na espera de que nin unha máis sexa recordada polo mesmo. 

"Contra as violencias, educación."

Iguála-T,  IES de Cotobade. 

Para visionar o vídeo do acto, prema aquí.


PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 3º ESO NA GRAN FINAL DO SCAPE ROOM REMA 360º

Tras quedar entre os 5 mellores centros na fase clasificatoria. Parte do alumnado de 3º ESO do noso Centro participará na gran final, que se celebrará en DIRECTO para todos os participantes dos distintos centros, o domingo día 28 de novembro de 2021, ás 17:00  h.

 

INCORPORACIÓN DE PROFESORA PT DOTADA A TRAVÉS DA PARTICIPACIÓN EN ARCO

O martes 26 de outubro incorporouse unha profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica dotada a través de ARCO (Contratos-programa Recupéra-T 2021/2022).

Este programa enténdese como un plan de choque no primeiro trimestre do curso 21/22, dirixido a 1º,2º e 3º de educación secundaria obrigatoria. Ten asignadas 18,75 horas , 10 delas con horario lectivo (xornada reducida).

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Orde pola que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes de Galicia

Publícase a Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (próxima publicación no DOG).

Para acceder á publicación, prema aquí.

CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE 2021/22 Resolución definitiva de centros seleccionados

Segundo a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros e programasseleccionados conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 11 de xuño de2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan os Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centrosdocentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
para o curso 2021/22.

Para ver a listaxe de centros seleccionados e actuacións concedidas, prema aquí.

O noso centro desenvolverá as tres accións seguintes solicitadas e concedidas no marco dos Contratos- Programa Inclúe 2021-22:

02- IGUÁLA-T          04-INCLÚETE-T         05-EMOCIÓNA-T

Distribuir contido


by Dr. Radut