Skip to Content

Ciencias Sociais - Xeografía e Historia

Visita do 2ºcurso de ESO a Santiago de Compostela

Hoxe o alumnado de 2°ESO, acompañado polas profesoras Marta Rivadulla Bendaña e Milagros García Rajoy, visitou a catedral de Santiago de Compostela.
Alí coñeceu de primeira man o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo e as principais características estilísticas do románico e do barroco galego.

A saída rematou no Museo do Pobo Galego, onde visitaron o Panteón de Galegos ilustres e a única escaleira triple helicoidal de Domingo de Andrade.

Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola iniciativa e organización. 

Visita ao Xulgado de Pontevedra

Esta mañá o noso alumnado do 3º curso de ESO visitou o Xulgado de Pontevedra dentro do programa “Educar en Xustiza” promovido polo TSXG. 

Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola organización e iniciativa. 

Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte rupestre de Campo Lameiro

O pasado martes 14 de decembro, 30 alumnos do 2º curso de ESO acompañados polo profesorado do departamento de xeografía e historia, Iria Mª Leis Figueroa e José Antonio Villaverde Quintillán, gozaron dunha visita guiada ao parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro onde desenvolveron os seguintes obradoiros por quendas, en horario lectivo desde as 9.30 ata as 14.30:

  • Visita guiada á área arqueolóxica
  • Obradoiro “Cerámica coas mans”
  • Obradoiro “A caza na Prehistoria”
  • Arqueólogos por un día” e exhibición de lume

O visita e experiencia foi todo éxito e agradecemos a amabalidade e flexibilidade das guías e da organización.

Experiencia que repetiremos, sen dúbida!
Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola iniciativa e dedicación.

Galaicos. Un pobo entre dous mundos.

O pasado venres día 25, acompañado polos profesores Xosé Carlos Morgade e MªLuisa Cousillas, un grupo de 33 estudantes de 1º da ESO do noso instituto achegáronse ao Museo de Pontevedra para visitar a exposición "Galaicos" e as salas de Prehistoria do museo. A exposición temporal "Galaicos", que leva por subtítulo "Un pobo entre dous mundos", recalará na nosa vila ata o 2 de febreiro para conmemorar o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

A exposición amosa aos poboadores destas terras durante un período de máis de mil anos, o comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 a. n. e.) e o século VI. Máis de 65 pezas e unhas ilustracións moi didácticas explican as etapas culturais sucesivas (castrexa, romana, sueva...) que conforman a nosa historia e a nosa identidade.

Por formar parte da materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO, a visita foi organizada por este departamento.

Visita a Santiago de Compostela

O pasado martes 26 de febreiro, o alumnado de 1º e 4º de ESO fixo unha saída didáctica a Santiago de Compostela organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.

Comezamos a mañá coa visita ao Museo de Historia Natural da USC, antigamente situado na Facultade de Químicas, que foi trasladado en 2013 ao novo edificio no parque de Boa Vista, mostrando un excelente aspecto renovado. Ademais da visita guiada á exposición, o alumnado participou en dous obradoiros niveis, sobre os ecosistemas galegos para 1º da ESO e de investigación e identificación de especies para 4º.


Proseguimos a visita camiñando polo casco histórico da cidade cara o Museo do Pobo Galego onde o alumnado de 1º visitou a Biblioteca de Antonio Fraguas e a continuación visitamos a Sala de Arquitectura. Os estudantes de 4º de ESO visitaron a exposición "Alba de Gloria" sobre o célebre discurso de Castelao, na veciña igrexa de San Domingos de Bonaval.


Estaba próxima a hora do xantar e gozamos do día camiñando (e dos alumnos preguntando insistentemente canto quedaba) ata o Centro Comercial As Cancelas onde almorzamos.


Ás 16:30  acudimos ó Centro de Exposicións da Cidade da Cultura de Galicia no Monte Gaiás, e gozamos dunha visita guiada da  exposición "Castelao Maxistral" entorno á obra procedente do Centro Galego de Bos Aires e en relación á educación durante a Segunda República.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut