Skip to Content

Comedor

MenúMenú

MENÚS MENSUAIS DO COMEDOR ESCOLAR DO CEIP DE TENORIO E IES DE COTOBADE DO CURSO 2023-24

Para consultar mensualmente os menús semanais, prema na seguinte ligazón: 

Menú do mes de maio do comedor escolar curso 2023-2024

Publicación das listas provisionais de admitidos ao comedor escolar e as listas de reserva para o curso 2022-23

En base á instrución 2/2022, da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023:

Publícanse as listas provisionais de admitidos ao comedor escolar e as listas de reserva elaboradas polo Consello Escolar do IES de Cotobade, na reunión do 5 de setembro de 2022.

A partir do día de hoxe, de acordo  co punto 5 desta Instrución a presente listaxe elaborada polo Consello Escolardo IES de Cotobade exporase, de acordo co disposto no Regulamento 2016/678 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, coa única referencia de nomes e apelidos dos usuarios e da posición ocupada nas listas no taboleiro de anuncios do IES de Cotobade, abríndose de seguido un prazo non inferior a 5 días para presentación de alegacións.

Unha vez resoltas as ditas alegacións polo Consello Escolar deste centro, o dito órgano aprobará con carácter definitivo a lista dos admitidos e a lista de reserva, que volverán ser expostas no instituto, para o efecto de que, no seu caso, se deduzan os oportunos recursos de alzada ante as Xefaturas Territoriais da Consellería.

Recordámoslles a importancia da consulta da páxina web do centro na que se publicarán as comunicacións e avisos pertinentes.

Achégase en anexo, as instrucións así como o anexo para a presentación da alegación, se procede.

Distribuir contido


by Dr. Radut