Skip to Content

Fomentar o benestar dos nosos/as fillos/as

O vindeiro martes 28 de maio ás 18:30h terá lugar no noso centro unha charla a cargo da psicóloga Ángela Patricio Cal sobre benestar emocional, prevención da ansiedade, do estrés, crises e depresión, entre outros, nos e nas adolescentes.

Por favor, pregamos que cubran o seguinte formulario co obxecto de prever o número de asistentes: 

https://forms.gle/Cs2anCaXM9AF3yem8 

Ruta Castelao en Pontevedra

O pasado 30 de abril, o alumnado do 4° curso de ESO achegouse á figura de Castelao percorrendo as principais localizacións que o vinculan coa cidade de Pontevedra. Unha visita orixinal e divertida que xa se está a converter nun clásico no IES de Cotobade.  
Grazas á lóxistica de normalización do concello de Pontevedra por ofrecer un servizo tan excepcional.

IES de Cotobade en Elche. “La voz del alumnado”

Mobilidade do IES de Cotobade a Elche.  

Do 23 ao 25 de abril, representantes do profesorado e do alumnado do IES de Cotobade visitaron o IES Severo Ochoa de Elche para coñecer de primeira man a metodoloxía de aprendizaxe por proxectos.  Neses días, o alumnado estivo aprendendo sobre o Alzheimer e as súas consecuencias.

Despois, deseñou unha serie de xogos para estimular a memoria e outras funcións executivas para, finalmente, ir a un centro de maiores e probar os seus xogos con persoas con esta enfermidade.

Un encontro moi emocionante !  

Ademais destas fotografías, podedes seguir este proxecto na seguinte ligazón: 

https://sites.google.com/view/la-voz-del-alumnado/bienvenids

O Programa de Agrupación de Centros Educativos é unha iniciativa destinada a promover a colaboración e o intercambio de experiencias entre as distintas institucións educativas.   

Este programa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte, de dous cursos de duración, reúne ao IES Severo Ochoa (Elche), ao IES de Cotobade (Pontevedra) e ao IES Miguel Catalán (Coslada).

Coa nosa participación nela, e a partir de catro mobilidades, pretendemos intercambiar coñecementos e boas prácticas para mellorar a calidade da educación, ofrecer oportunidades de formación e desenvolvemento profesional ao profesorado, promovendo a innovación pedagóxica e a actualización constante, e fomentar a colaboración e a participación do noso alumnado, que xorden como embaixadores da aprendizaxe, promovendo a colaboración entre os tres centros educativos para traballar en proxectos conxuntos, compartir recursos e xerar sinerxías.

No noso Blog, creado polo alumnado embaixador do IES Miguel Catalán, atoparás unha gran variedade de reportaxes e podcasts que reflicten a riqueza e diversidade deste programa. Desde testemuños dos participantes ata análise de proxectos exitosos, pasando por reflexións sobre as tendencias educativas actuais.

FP Innova 2024

O pasado 26 de abril, o alumnado de 3º e 4º curso de ESO participou na xornada de FP Innova 2024, na cidade da cultura de Pontevedra. O desprazamento foi financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e cofinanciado polo FSE Plus (Reparto 2023).

 
Contidos abordados:

Os desafíos dunha sociedade inmersa na transformación dixital e tecnolóxica determinada pola proliferación da intelixencia artificial, as tecnoloxías inmersivas, a automatización e a robótica.
A importancia dunha orientación profesional integral que guíe e acompañe á cidadanía na súa toma de decisións educativas e profesionais desde idades temperás e ao longo de toda a vida.
Claves para a Formación Profesional do futuro: adaptación ás demandas do mercado laboral, integración de tecnoloxías emerxentes e colaboración entre o sector educativo e as empresas
A protección da propiedade intelectual e industrial no contexto da innovación e investigación aplicada na Formación Profesional.

Visita a Comic-Con 2024 en Moaña

O pasado venres, o alumnado do grupo Manga do instituto asistiu a Comic-Con en Moaña onde puideron participar en diversas actividades ao longo da mañá.

Entre elas, introdución ao idioma e cultura xaponesa (EOI Vigo), concurso de debuxo, Cosplay, Pictionary, adiviñar Opening/ personaxes. Tamén visitaron os diferentes postos de librería, descubrindo o mundo manga, a comida e doces xaponeses.

Unha mañá especial que compartiron con alumnado de clubes de diversos centros.

Ficha 5. Programa Quérote +

As redes sociais son un espazo máis no que a xente nova se relaciona con naturalidade.
No programa Quérote máis de 3ºESO concienciamos tamén sobre a relación dos sexos a través da tecnoloxía. Reflexionamos sobre as características da comunicación virtual para evitar malentendidos e previr conflitos.

Tamén falamos dalgunhas prácticas como o sexting, que se refíre ao envío de fotos, vídeos ou texto de carácter erótico ou sexual a través de internet.  

Segundo un estudo da Universidade de Santiago, o 26,8% dos adolescentes recoñece ter recibido algunha vez fotos, imaxes ou vídeos de carácter erótico o sexual e o 8% recoñece incluso telos enviado.  

Diferenciar entre sexting, sextorsión e outros termos axudará a xente xove a manter relacións libres, acordadas e sobre todo seguras. #quérotemáis

Terceira actividade do Proxecto Bosque Atlántico. Visita ao CUVI.

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado de 1° da ESO visitou o Campus da Universidade de Vigo (CUVI) en Lagoas-Marcosende dentro do proxecto Bosque Atlántico no que participamos este ano.
O proxecto trata de concienciar ás novas xeracións da necesidade de coidar e respectar os ecosistemas naturais, considerando que a mellor vía para esta sensibilización é o coñecemento.

Esta foi a terceira actividade do proxecto.

A primeira, unha presentación das 25 especies de árbores que conformarían os bosques autóctonos do subsistema ecolóxico das Rías Baixas e a segunda un xogo sobre esta temática, foron desenvolvidas no primeiro trimestre no noso centro.

Na visita ao CUVI o alumnado poido camiñar polo bosque autóctono que a Universidade de Vigo leva tratando de recuperar durante os últimos 20 anos, recoñecendo as diferentes especies e aprendendo da ecoloxía, a bioloxía e curiosidades das mesmas e do propio territorio e a cultura ancestral da man do noso guía, experto na materia, Marcos Guiadanes. 

Ademais do propia actividade, os rapaces poideron desfrutar dun día de convivencia ao aire libre, cun tempo primaveral.


Visita do 2ºcurso de ESO a Santiago de Compostela

Hoxe o alumnado de 2°ESO, acompañado polas profesoras Marta Rivadulla Bendaña e Milagros García Rajoy, visitou a catedral de Santiago de Compostela.
Alí coñeceu de primeira man o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo e as principais características estilísticas do románico e do barroco galego.

A saída rematou no Museo do Pobo Galego, onde visitaron o Panteón de Galegos ilustres e a única escaleira triple helicoidal de Domingo de Andrade.

Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola iniciativa e organización. 

Avaliación de diagnóstico no 2º curso de ESO


En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado do 4ºcurso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril 2024.
Pode atopar máis información, prema na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Presentación da Lectura Continuada da obra « A República dos Sonhos » de Nélida Piñón.

Onte tivemos o pracer de realizar no noso centro a presentación da Lectura Continuada da obra « A República dos Sonhos » de Nélida Piñón.
Esta interesante iniciativa parte da AGAL (Associaçom Galega da Língua) e conta coa colaboración do noso concello de Cerdedo-Cotobade.

Distribuir contido


by Dr. Radut