Skip to Content

A carreira militar

O día 30 de marzo, o  alumnado de 4º de Educación secundaria obrigatoria  tivo a oportunidade de coñecer en que consiste a carreira militar. A charla ofrecida polo capitán de fragata Don César Barros Fraga e o subteniente Don Raúl González Juanas aportou información das distintas escalas dos diferentes corpos, facendo fincapié nos distintos accesos así como os niveis educativos asociados a cada ingreso.

Real Decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria.

 Ensinanzas mínimas na E.S.O.                       

 Para ver ou descargar o Real Decreto, prema aquí

Por que o reintegracionismo é útil para ti? Carlos Valcárcel Riveiro. Universidade de Vigo

Carlos Valcárcel Riveiro, profesor universitario da lingua francesa e da didáctica de segundas linguas, visitou o alumnado de 3 e 4 ESO o martes 29 de marzo. A través dunha charla sobre o reintegracionismo, achegoulle á rapazada unha visión diferente e necesaria sobre a situación do galego. Grazas por visitarnos un ano máis, Carlos!


Bolsas e axudas a alumnado de niveis postobrigatorios: FP-Bacharelato

            

Prazo de presentación de solicitudes:

PRÓXIMA APERTURA desde o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022.

Toda a información sobre esta convocatoria podédela atopar na seguinte ligazón:

Portal de BECAS de EDUCACIÓN  https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/

A convocatoria publicouse o 12 de marzo, mais as solicitudes  presentaranse en liña desde o 30 de marzo ata o 12 de maio. Tramítanse online.

Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia

  

Para ver ou descargar a Orde, prema aquí

 

Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

Xúntase a Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

Orde do 2 de marzo de 2021 (DOG)

Circular 1/2022

Modelos orientativos

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

   
Para ver o comunicado, prema aquí

Calendario de avaliacións 2021-22

Recordámoslles que hoxe 18 de marzo farase a entrega de notas da segunda avaliación, tal como estaba previsto no calendario de avaliacións publicado ao principio deste curso.

Para ver o calendario, prema aquí

Teatro: A señora de Forcadela, O Quinquilláns. Deputación de Pontevedra: O pasado por vir.

O alumnado do 4º curso de ESO do IES de Cotobade asistiu esta mañá a unha das actividades sobre a memoria histórica que a Deputación de Pontevedra, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, está a levar pola provincia da man de concellos, asociacións e centros de ensino.


A representación “A señora de Forcadela” permitiu achegarnos dunha maneira diferente ás vivencias da represión e a ditadura.
‘A señora de Forcadela’ é unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, extensiva á doutras mulleres represaliadas na Galiza a partir de xullo do 36: foi detida o 15 de agosto e na prisión de Tui salvou a vida grazas á axuda dun médico forense e dun doutor que aseguraron que estaba embarazada. Foi xulgada en Vigo por rebelión e condenada a pena de morte que se lle conmutou por cadea perpetua, e despois a 6 anos e un día.

En 1982, Josefa García Segret publicou un libro autobiográfico titulado ‘Abaixo as ditaduras’, editado por ela mesma, grazas ao que a día de hoxe se coñecen as súas vivencias. No libro explícase a vida dunha reclusa dunha maneira moi directa. Aínda que terminou a obra en 1976, a súa publicación —“polas circunstancias do momento”— tivo que agardar a 1982, catro anos antes da súa morte.

A peza teatral foi representada pola compañía teatral ‘O Quinquilláns’, contando no elenco con Tero Rodríguez e Lucho Penabade.
O noso agradecemento ao departamento de lingua e literatura galega polo impulso e organización!

Fotografía: Beatriz Pérez Espiña

  

 

 

 

 

 

 

 

 

Nube de sentimentos. Emociona-T. CPInclúe.

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do I.E.S. de Cotobade participou na iniciativa do departamento de Lingua e Literatura galega para dedicarlle catro versos a aquela persoa, lugar, animal ou cousa que lle rouba os sentidos.

A profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña, encargouse de darlle forma a tanto corazón recreando esta nube dos sentimentos. 

Parabéns polo resultado final a todas e todos os participantes e pola creatividade e implicación de Bea. 



Actividade enmarcada e financiada pola actuación Emociona-T de CPInclúe.

Distribuir contido


by Dr. Radut