Skip to Content

Campaña “Pódeche Pasar” de AESLEME.

Os noso alumnado de 4º de Secundaria participaron  o día 20 de decembro na Campaña “Pódeche Pasar” de AESLEME.

AESLEME leva desde 1990 realizando a campaña de prevención de accidentes Pódeche Pasar, que se dirixe a alumnos de colexios e institutos. A  conferencia que se realizou en liña estruturouse en varias partes:

Prevención primaria: Causas que producen os accidentes e formas de evitalas (Educación viaria).

Prevención secundaria: Que facer cando se produce un accidente para non agravar as lesións existentes.

Prevención terciaria: Consecuencias dos accidentes: lesións medulares e traumatismos cranioencefálicos: problemas físicos, psicolóxicos e sociais.

Agradecemos esta iniciativa e a colaboración de Mario Rey Veiga profesor de tecnoloxía e informática.

Ponencias do Plan Director

 

O alumnado de 1º e 3º curso de ESO participou no día de hoxe, 20 de decembro, nunhas  charlas informativas e formativas tratando a seguintes temáticas por nivel e grupo:

  • A violencia de xénero para o alumnado de 1º ESO
  • O acoso escolar para o alumnado de 3º ESO.

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna é impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

Estas charlas foron impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Agradecemos a implicación e colaboración do profesorado que participou nesta actividade e destacamos a implicación positiva do alumnado destes cursos.

No mes de marzo, os cursos de 2º e 4º de ESO recibirán formacións dentro deste Plan que abordará distintas  temáticas.

Entrega de premios aos gañadores do certame de relatos de Terror 2021

Parabéns a toda a comunidade participante, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. O maior agradecemento pola súa dedicación e implicación na defensa da nosa lingua, cultura e tradicións.

Organización e iniciativa do departamento de lingua e literatura galega: Paula Ríos Estévez e Iria MªLeis Figueroa.

Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte rupestre de Campo Lameiro

O pasado martes 14 de decembro, 30 alumnos do 2º curso de ESO acompañados polo profesorado do departamento de xeografía e historia, Iria Mª Leis Figueroa e José Antonio Villaverde Quintillán, gozaron dunha visita guiada ao parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro onde desenvolveron os seguintes obradoiros por quendas, en horario lectivo desde as 9.30 ata as 14.30:

  • Visita guiada á área arqueolóxica
  • Obradoiro “Cerámica coas mans”
  • Obradoiro “A caza na Prehistoria”
  • Arqueólogos por un día” e exhibición de lume

O visita e experiencia foi todo éxito e agradecemos a amabalidade e flexibilidade das guías e da organización.

Experiencia que repetiremos, sen dúbida!
Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola iniciativa e dedicación.

Reparto de máscaras ao alumnado beneficiario

Segundo a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E), o pasado martes 14 de decembro, procedeuse ao primeiro reparto de máscaras ao alumnado beneficiario. Repartiuse 1 caixa de 50 máscaras cirúrxicas por alumno/a dando cobertura ata o vindeiro 22 de febreiro de 2022.

 

O reparto realizouse na aula de referencia e entregouse ao  alumnado beneficiario da axuda en presenza dun/ha profesor/a e da secretaria do Centro.  

Contabilízase 1 máscara para cada día lectivo e dúas para os martes, en horario de mañá e tarde, de acordo  co calendario escolar.

O martes 22 de febreiro procederase á reposición de máscaras coa entrega do segundo lote.

Procedemento que seguiremos aplicando periodicamente mentres permaneza a situación de pandemia.

Contamos coa colaboración das familias para o control do cambio diario da máscara e uso correcto da mesma.

3 de Decembro. Día das Persoas con discapacidade.

O pasado venres 3 de decembro, a nosa comunidade educativa uniuse para celebrar o día internacional das Persoas con Discapacidade.

Uno ano máis, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do IES de Cotobade uniuse para celebrar a diversidade.

Posando con distintos paraugas de cores, realizouse unha reportaxe fotográfica que recolle a nosa diversidade. Coa financiación da Unión Europea, a través da acción INCLÚE-T, do programa REFÓRZA-T dos contratos programa, este ano colocouse no portal de entrada do Centro unha lona para dar visibilidade á sociedade diversa e plural á que pertencemos, cos desexos e ilusións comúns. Vivir iguais e diferentes.

Iniciativa e Coordinación da actividade:

MªJosé Seco López.
Xefa do departamento de Orientación. 

Para visualizar o vídeo da celebración, prema aquí.

25-N 2021

Hoxe, 25 de novembro a comunidade educativa do noso centro puxo unha silueta violeta  por cada unha das 1.118 vítimas mortais por violencia de xénero, contabilizadas  desde o 1 de xaneiro de 2003 ata o día de hoxe.

Alumnado, profesorado e persoal de administación e servizos do IES de Cotobade, unidos en defensa da igualdade, engadimos no noso xardín un espazo en recordo desas mulleres que xa non están, compartindo a dor dos seus familiares e amigos, para proclamar e defender dalgún xeito un "NON á violencia de xénero" na espera de que nin unha máis sexa recordada polo mesmo. 

"Contra as violencias, educación."

Iguála-T,  IES de Cotobade. 

Para visionar o vídeo do acto, prema aquí.


Entrega de premios do Concurso “Decoración de Cabazas”. Samaín 2021


Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Secundaria para o curso 2021-22

Achégase en documento adxunto a  Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Secundaria para o curso 2021-2022.

Para visualizar a Orde ou descargala, prema aquí.

 

Segundo a Orde:

O alumnado que resultou beneficiario da axuda de material escolar e recibiu o respectivo cheque de 50 €, para o curso 21-22 NON TEN que presentar a solicitude

 

Resulta beneficiario da axuda de máscaras de forma automática.

 

QUEN PODE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Aquel alumnado que NON FOI beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22, sempre que cumpra algunha das seguintes condicións:

1) Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

2) Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude será única para todos os fillos/as.

 

QUE DEBO PRESENTAR PARA FACER A SOLICITUDE?

1) Os Anexos I e II cumprimentados (achegamos enlaces para ser descargados e cubertos)

Se non tiveran forma de descargarlos, pode solicitar copia dos anexos na administración do Centro.

 

2) Ademais deberase achegar a seguinte documentación:

1.Copia do libro de familia

2. Certificado do grao de discapacidade, se fora o caso.

3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador, onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables presentando un certificado ou volante de convivencia ou un informe dos Servizos Sociais.

 

ONDE PODO PRESENTAR A SOLICITUDE?

1) De forma presencial, no centro educativo  no seguinte horario: de luns a venres de 9:00h ata as 14:00h.

2) Recomendada:

Vía correo electrónico (achegando os anexos I, II cumprimentados e documentación requirida escaneada) ao seguinte correo electrónico  :    secretaria@iescotobade.org

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

Publicarase unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios de secretaría do IES de Cotobade e notificaráselle o aviso ás familias.

Segundo o resultado das novas solicitudes e unha vez actualizadas as listaxes, procederase ao reparto das máscaras para o curso 2021-22 ao alumnado que resulte beneficiario.

Participación na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22)

Novamente, o noso Centro participará na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22).A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha no curso 2009-2010 os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, co programa XOGADE. Apostando por un modelo deportivo competitivo aberto á participación, tal e como queda reflectido na Carta Europea do deporte, promovendo a saúde, a condición física e o benestar, buscando que todos os escolares teñan acceso a práctica de actividades lúdicas e deportivas, sen existir ningún tipo de discriminación.

Está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos de deporte de cada provincia e das agrupacións deportivas de zona, coa colaboración das federacións galegas implicadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut