Skip to Content

Información da ANPA sobre o comezo de curso 2021-22.

Achegamos no documento adxunto a información sobre as cotas, reparto de libros e demais información da ANPA para o presente curso 2021-22.

Listaxe dos libros de texto 2021-2022

AVISO:

NON MERQUEDES NINGÚN LIBRO ANTES DE QUE SE REALICEN OS REPARTOS NO MES DE SETEMBRO, TANTO OS DE FONDO DO CENTRO, COMO OS CEDIDOS POLA ANPA.

É IMPORTANTE QUE AGARDEDES A SABER SE TEDES QUE MERCAR ALGÚN.

PARA CONSULTAR A LISTAXE, PREMA NO PDF ADXUNTO.

Calendario de avaliacións setembro 2021

 

EXAMES, AVALIACIÓNS, PRAZOS DE RECLAMACIÓNS E MATRÍCULA.

 

Calendario de exames de setembro 2021

CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2021

MÉRCORES 1 E XOVES 2 DE SETEMBRO

Instrucións para a matrícula do curso 2021-2022

Para visualizar o documento en PDF prema no arquivo adxunto

CALENDARIO DE FIN DE CURSO 2020-21

PARA VER O CALENDARIO E INSTRUCIÓNS DETALLADAS DE FIN DE CURSO, PREMA NO PDF ADXUNTO.

Recollida de libros de texto, entrega de notas, prazos e procedemento de reclamacións e matrículas.

Coidado do medio. Consumo responsable e reciclaxe.

 

 

No día mundial do medio, o alumnado de primeiro de ESO fixo un traballo de pesquisa sobre un dos grandes problemas ambientais aos que se enfronta a humanidade, os plásticos. Plasmaron os coñecementos adquiridos na súa búsqueda nunhas infografías co fin de axudar a concienciar á comunidade educativa do noso Centro da necesidade dun consumo responsable e dunha reciclaxe axeitada e global. 
Actividade coordinada pola profesora MªJesús López Blanco.

PROGRAMA DE TRÁNSITO ENTRE A EDUCACIÓN PRIMARIA E A ESO

Este ano por mor da crise sanitaria da Covid-19, tivemos que adaptar o Programa de Tránsito entre a Educación Primaria e a ESO que desenvolvemos habitualmente cos nosos centros adscritos o CEIP Plurilingüe de Carballedo e o CEIP de Tenorio. Por unha banda a orientadora visitou os dous centros para explicar ao alumnado de 6º de Primaria a nova etapa educativa que comezarán no mes de setembro.

 

Ademais puideron ver o vídeo de presentación do IES de Cotobade titulado "En tempos de pandemia", creado por Carina Vales Rey, secretaria do instituto, vídeo que se atopa tamén no bloque "dependencias" desta Web.

Na segunda parte do Programa realizamos conxuntamente entre os tres centros unha videoconferencia para que o alumnado do 6º curso puidese expor preguntas e dúbidas que foron respondidas polo alumnado de 1º ESO.

Agradecemos a colaboración e dispoñibilidade dos responsables do CEIP Plurilingüe de Carballedo e do CEIP de Tenorio e felicitamos ao alumnado pola súa gran participación.

Distribuir contido


by Dr. Radut