Skip to Content

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 3º ESO NA GRAN FINAL DO SCAPE ROOM REMA 360º

Tras quedar entre os 5 mellores centros na fase clasificatoria. Parte do alumnado de 3º ESO do noso Centro participará na gran final, que se celebrará en DIRECTO para todos os participantes dos distintos centros, o domingo día 28 de novembro de 2021, ás 17:00  h.

 

Resultado do sorteo para a designación dos membros da Xunta electoral do Consello Escolar.

No día de hoxe, na sala de música de IES de Cotobade, ás 11:00 horas, procedeuse ao sorteo para a designación dos membros da Xunta electoral do Consello Escolar.
Asistiron as seguintes testemuñas:                            

  • un representante de profesorado
  • unha representante de pais/nai
  • unha representante de PAS
  • un representante de alumnado.

O sorteo foi presidido polo Director do Centro e secundado pola Secretaria. A respectiva acta cos representantes titulares e suplentes elixidos farase pública no taboleiro de anuncios da Secretaria e da Sala do Profesorado do IES de Cotobade.

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, DOG Núm. 188 do mércores, 29 de setembro de 2021,pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos:

Establécese o novo calendario para a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar dos centros educativos, que correspondía celebrar no curso 2020/21 por Resolución do 30 de setembro de 2020, adiado pola Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Porén, os nomeamentos serán ao sumo por tres anos.

Día: Venres, 29 de outubro 2021.

Hora: 11:00

Lugar: Aula de música do IES de Cotobade


Asemade, enviarase no marco establecido, a respectiva circular informando sobre o sorteo (data e hora arriba sinaladas) de acordo co Art. 30 do Decreto 92/1988 (conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánicodos institutos) (DOG 9 de agosto).

Orde pola que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes de Galicia

Publícase a Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (próxima publicación no DOG).

Para acceder á publicación, prema aquí.

CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE 2021/22 Resolución definitiva de centros seleccionados

Segundo a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros e programasseleccionados conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 11 de xuño de2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan os Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centrosdocentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
para o curso 2021/22.

Para ver a listaxe de centros seleccionados e actuacións concedidas, prema aquí.

O noso centro desenvolverá as tres accións seguintes solicitadas e concedidas no marco dos Contratos- Programa Inclúe 2021-22:

02- IGUÁLA-T          04-INCLÚETE-T         05-EMOCIÓNA-T

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ARCO PARA O CURSO 2021-2022

 

Novamente o noso Centro foi seleccionado conforme ao disposto no apartado trece da Resolución do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos- programa Recupéra-T

Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22.

Segundo a publicación da Listaxe definitiva de Centros seleccionados no curso 2021-22 para o programa ARCO, beneficiarémonos da posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) durante o presente curso 2021/22, dirixidas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Cesión de portátiles ABALAR para o curso 2021-22

Tras sondar as distintas necesidades tecnolóxicas e dixitais do noso alumnado a través dunha enquisa cuberta por todas as familias do alumnado matriculado no presente curso, repartíronse os seguintes materiais informáticos para o curso 2021-2022:

- 9 portátiles Abalar do Centro, sen tarxeta de datos.

- 8 kits cedidos pola Xunta de Galicia dentro do programa Educa en dixital , enmarcado na iniciativa Posto Educativo no fogar para aquel alumnado que precise de equipos con conectividade a Internet.

O noso Centro recibiu un total de 8 kits, polo que se calquera alumno/a precisara dalgún, ao longo do curso, teríamolo que solicitalo á Xunta de Galicia.

Asemade, se precisásedes dalgún dos nosos portátiles ao longo do curso, polo motivo que fora, poñédevos en contacto coa Dirección do Centro para a súa cesión. 

INSTRUCIÓN SOBRE O SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2021-2022

INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DECULTURA,EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE E

Inicio de curso 2021-2022.

Información da ANPA sobre o comezo de curso 2021-22.

Achegamos no documento adxunto a información sobre as cotas, reparto de libros e demais información da ANPA para o presente curso 2021-22.

Distribuir contido


by Dr. Radut