Skip to Content

Publicación da listaxe definitiva do alumnado adimitido para 1º de ESO para o curso 2021-22

Poden consultar a listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2021-22, no taboleiro de anuncios da Secretaría do IES de Cotobade.

Programa de Saúde Sexual da Cruz Vermella para os cursos de 3ºESO

 

Debido ao interese mostrado polo alumnado de 3º ESO, estamos desenvolvendo en colaboración coa Cruz Vermella- Xuventude unhas actividades formativas a través da aplicación Microsoft Teams. O programa de Saúde sexual aproxima ao alumnado a conceptos básicos sobre sexualidade; orientacións sexuais; anatomía e ciclo menstrual;infeccións de transmisión sexual e métodos anticonceptivos. Agradecemos a dispoñibilidade de Cruz Vermella e das titoras de 3ºESO. 

Día do libro 2021

Co motivo da celebración do día Internacional do libro, o 23 de abril organizamos para o alumnado de 1º de ESO unha "cita a cegas cun libro".

 

Esta actividade tivo como obxectivo o fomento da literatura nos máis novos, que decubriron títulos da litratura xuvenil recomendados polos seus compañeiros e compañeiras. E un ano máis, a pesar da pandemia, foi todo un éxito!

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS

 

Iniciamos un Programa de Habilidades Sociais para o alumnado do 2º curso de ESO A. O Educador Social do Concello de Cotobade Xosé Lois Díaz Fernández desenvolverá durante catro sesións distintos tipos de habilidades sociais que o alumnado tentará pór en práctica. Agradecemos a gran colaboración de Lois.

Información sobre a carreira militar.

Debido ao interese mostrado por parte do alumnado, hoxe día 16 de abril, o alumnado de 4º ESO recibiu información sobre a carreira militar. O Capitán de Fragata Don César Barros Fraga e o Comandante de Infantaría  Don Óscar Iván Iglesias Sánchez da Subdelegación de Defensa de Pontevedra fixeron unha presentación na  que  explicaron en que consiste ser militar, os corpos e escalas nas FAS e as distintas formas de acceder a esta carreira. 

Terceiro reparto de máscaras cirúrxicas ao alumnado beneficiario


O vindeiro venres 9 de abril procederase ao terceiro reparto de máscaras ás respectivas familias beneficiaras da axuda de acordo coa Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

 

Repartirase 1 caixa de 50 máscaras cirúrxicas dando cobertura aos días lectivos comprendidos entre o día 12 de abril de 2021 e  8 de xuño de 2021.  

 

O reparto farase na aula de referencia e entregarase ao propio alumnado beneficiario da axuda.  No caso do IES de Cotobade correspóndese co alumnado que resultou beneficiario da axuda de fondo de libros. 

 

Contabilízase 1 máscara para cada día lectivo e dúas para os martes, en horario de mañá e tarde, de acordo  co calendario escolar. 

O mércores 9 de xuño procederase á reposición de máscaras para dar cobertura ata final de curso.

Rogamos supervisen o cambio diario da máscara do seu fillo ou filla.

A mirada do corazón do IES de Cotobade. #podo aprender#podo traballar

Con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o día 2 de abril, o IES de Cotobade realizou unha actividade para visibilizar, sensibilizar e concienciar sobre a importancia de aceptar a diversidade. Persoal non docente, profesorado e alumnado participaron cun obxectivo claro, cada peza correspóndese coas súas miradas e cada mirada é única, diferente e especial igual que todas as persoas da nosa comunidade, incluídas aquelas que están dentro do espectro do autismo. Cada peza encaixa entre si formando un corazón, un único corazón que latexa ao unísono pola inclusión.

Non poden sentirse máis orgullosos e orgullosas de vivir a diversidade como un elemento enriquecedor para a nosa sociedade.

 

Texto e idea orixinal:

Sara Pilar López Villaverde

Pedagoga terapéutica do IES de Cotobade.

 

Departamento de Orientación.

 

Roscas e chocolate para despedir o trimestre

Despedimos o trimestre con bo sabor de boca!

Roscas e chocolate para todos / todas!!




Celso Fernández Sanmartín no IES de Cotobade

Distribuir contido


by Dr. Radut