Skip to Content

4º REPARTO DE MÁSCARAS CIRÚRXICAS

O vindeiro mércores 9 de xuño procederase ao cuarto reparto de máscaras ás respectivas familias beneficiaras da axuda de acordo coa Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Repartirase 1 caixa de 50 máscaras cirúrxicas dando cobertura ata final de curso.

O reparto farase na aula de referencia e entregarase ao propio alumnado beneficiario da axuda.  No caso do IES de Cotobade correspóndese co alumnado que resultou beneficiario da axuda de fondo de libros.

Contabilízase 1 máscara para cada día lectivo e dúas para os martes, en horario de mañá e tarde, de acordo  co calendario escolar.

Rogamos supervisen o cambio diario da máscara do seu fillo ou filla.

CALENDARIO DE APLICACIÓN DA LOMLOE

O 30 de decembro publicouse a Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, coñecida como LOMLOE. 

A LOMLOE modifica a LOE de 2006 e deroga a LOMCE. 

Podedes ver o calendario de aplicación no arquivo adxunto

La LOMLOE | Blog Juventud Gijón

FAREWELL TO OUR LANGUAGE ASSISTANT


Durante os últimos catro meses David Dowd, o noso asistente lingüístico,  estivo entre nós. Foi enviado para reforzar a Sección Bilingüe de Bioloxía, pero traballou co alumnado de todos os cursos. Axudounos a mellorar o noso inglés, aprendemos sobre o seu país, EEUU,  e a súa cultura.

Os alumnos aceptaron os seus retos e pasárono ben, atopando un motivo real para falar inglés. 

Como broche final, o alumnado de 3º ESO desenvolveron o proxecto "A Hint of America" sobre o baseball en Estados Unidos e no mundo, profundizando nas súas orixes, competicións, e descubrindo grandes figuras deste deporte, como Jackie Robinson.

Todos os alumnos de ESO terminaron xogando ao baseball. O último día de David, mesmo profesores e persoal tentárono no recreo!

Coa axuda de David, agarramos o bate, puxémonos a luva e...todos a xogar.

A saber se unha futura figura do baseball na nosa terra está entre nós!

A través deste deporte tan popular nos EEUU , pero tan descoñecido para nós, unha vez máis se demostra a relevancia do deporte como parte da cultura dun país coa cal podemos comprendernos mellor, gozar e crecer como persoas-cidadáns do mundo.

Grazas David polo teu apoio, por ser tan positivo e cercano.

Os alumnos  disfrutaron aprendendo contigo.

Aquí unha mostra do entusiasmo creado grazas a ti.

Esperamos que volvas pronto, mentres tanto botarémoste de menos.

Desexámosche o mellor!

OBRADOIRO DE ZENTANGLE PARA 1ºESO

 

Marabilloso taller impartido pola artista sueca Elisabet Hillerud para o alumnado de 1ºESO. Parabéns a todos e a todas polas súas creacións e grazas á profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña, pola súa ensinanza e compromiso constante coas Artes.

"A FORMACIÓN PROFESIONAL"

Hoxe o departamento de Orientación inicia o segundo bloque de contidos incluído no Programa de Toma de decisións destinado ao noso alumnado do 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

O alumnado coñecerá neste bloque todo o referido á Formación Profesional :  as súas caraterísticas, a  súa organización, os requisitos de acceso e outros aspectos de interese como os prazos de solicitude e de  admisión e a oferta de ciclos formativos para o curso 2021/2022.

 

Agradecemos novamente o labor da xefa do departamento de Orientación, María José Seco López pola ponencia de hoxe, polas distintas iniciativas e constante implicación.


ED330B - Participación no fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.



Para acceder á información da sede da xunta de galicia sobre o procedemento, prema aquí.

Toda a información e documentación está exposta no taboleiro de anuncios da secretaría do centro.

Poden consultar a información proporcionada pola secretaría do IES de Cotobade e descargar os anexos I e II de solicitude, propios do centro, premendo nos seguintes adxuntos.

Ti© Emprendes

TI© EMPRENDES é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia. O seu obxectivo é formar 390 persoas mozas en 26 accións formativas específicas de emprendemento, co fin de vinculalas co seu entorno e evitar o despoboamento do rural.

DIRIXIDO A:

Mozas e mozos entre de 16 a 30 anos.

Inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil Desempregadas/os.

Non integradas/os no sistema de educación ou formación.

Residentes nos concellos rurais (con cor no mapa) nos que se inclúe o noso Concello de Cerdedo-Cotobade. 
QUE OFRECE?

Formación en materias específicas de cada zona.

Titorías personalizadas para a procura de emprego.

Asesoramento para a creación da túa propia empresa.

COMO PODES PARTICIPAR?

Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante.

Para máis información,  prema aquí. 

Froita na escola. Segundo tramo : do 24 de maio ao 4 de xuño 2021.

Consellería de Educación dentro do seu programa "Aliméntate ben. Froita na escola", concédenos outras dúas semanas de reparto de froita fresca para todo o noso alumnado de ESO do 24 de maio ao 4 de xuño de 2021.  Como o trimestre anterior, ofrecerase froita de tempada que será repartida durante os recreos.

A froita será previamente colocada en caixas de plástico hixienizadas na porta de cada aula, por grupos estables, das que irán collendo individualmente as pezas, para merendar na zona de patio correspondente.

Tédeo en conta á hora de prever a merenda do voso fillo / da vosa filla.

 

Letras galegas 2021-

O alumnado do I.E.S de Cotobade rendeulle a súa particular homenaxe a Xela Arias, autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas neste ano 2021. A combinación dos versos da autora e a creatividade de cada alumna e alumno deu como resultado o seguinte mural. Parabéns a todo o alumnado e ás profesoras Paula Ríos Estévez (lingua e literatura galega) e a Beatriz Pérez Espiña (EPVA) polo traballo e iniciativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut