Skip to Content

Concreción curricular na ESO de acordo coa nova normativa

Directrices xerais sobre a avaliación do alumnado e os criterios de promoción e de titulación.

Para ver as novas directices, prema no PDF adxunto.

Último reparto de máscaras cirúrxicas do curso 2021-22

Segundo a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E), o vindeiro martes 10 de maio, procederase ao derradeiro reparto de máscaras cirúrxicas ao alumnado beneficiario d

2 de maio. Día contra o acoso escolar. Actividade CPInclúe.

Hoxe, día 2 de maio, a comunidade educativa do I.E.S. de Cotobade conmemora o día en contra do acoso escolar, protagonizando un NON fronte acoso! 

Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos recordaron no día de hoxe a importancia da prevención, detección e tratamento do acoso escolar e defensa das vítimas. Unidos na procura dunha contorna escolar segura,  participaron no seguinte photocall : "Non ao acoso escolar" para denuncialo e visibilizalo.

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo (abril 2022)

  USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

EXPOSICIÓN "LECCIÓN XITANA"

 

No I.E.S de Cotobade apostamos pola diversidade e a integración. Durante uns días podemos ver a exposición "Lección Xitana" cedida pola Fundación Secretariado Gitano . Esta exposición  pretende  contribuír ao coñecemento do pobo xitano.

"Lección Xitana" é ese capítulo perdido dos libros de historia: a cultura silenciada, os nomes propios invisibilizados, as novas que non se publicaron e as anécdotas que nunca nos contaron. Con "Lección Xitana" queremos chamar a atención sobre o gran descoñecemento que a meirande parte da sociedade ten sobre a comunidade xitana. É un convite a romper a ignorancia, o prexuízo, o rexeitamento ou a indiferencia. É unha chamada a coñecer o rico patrimonio histórico e cultural do Pobo Xitano .

"Lección Xitana" presenta unha historia de persecución e dor, pero tamén a resistencia, superación e dignidade, así coma a contribución xitana ao patrimonio social e cultural común.

Esta actividade intégrase nos Contratos Programa Inclúe.

BENESTAR EMOCIONAL

O alumnado de 3º ESO participou nun Programa de Benestar Emocional.

O benestar emocional é un concepto amplo, que ten que ver non só coa experiencia subxectiva de sentirse ben,en harmonía e con tranquilidade, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de forma positiva ou adaptativa as contrariedades que se presentan na vida cotiá.

Presentación currículos educativos LOMLOE

CURRÍCULOS EDUCATIVOS LOMLOE

Para ver os currículos educativos de Galicia para o curso 2022-23, prema nos arquivos adxuntos en PDF.

8 de abril. Día internacional do pobo xitano

O día 8 de abril celébrase o día internacional do pobo xitano. O IES de Cotobade creou un espazo na nosa biblioteca cos estoxos xitanos  nos que podemos atopar libros, cds, xogos, obxectos cotiáns, actividades manuais, receitas, fichas informativas... todo representativo da cultura xitana cedidos pola biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo. Esta actividade está enmarcada dentro dos Contratos-Programa Inclúe en colaboración co Secretariado Xitano.

SCAPE ROOM "O LEGADO DE VERNE"

O alumnado de 3º ESO gañador do Scape rom Rede Rema 360º participou no noso centro no scape room portátil " O legado de Verne",  en colaboración co centro de ocio Eskapark de Vigo. Esta actividade, xunto cun diploma acreditativo e unha placa conmemorativa, forma parte do premio que recibiron como gañadores  do campionato. Parabéns!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut