Skip to Content

Xincana no IES de Cotobade. Descubrindo a Francisco Fernández del Riego.EDLG. Letras galegas 2023

Competicións polideportivas intercentros. 1ºESO

Tras unha parentese por mor da pandemia, este curso retomamos as competicións polideportivas intercentros a través do programa Xogade  (xogos galegos deportivos en idade escolar).

O noso alumnado máis xove de primeiro de ESO gozou no día de hoxe dunha xornada de competicións xunto co alumnado de Pontecaldelas. Cumpriuse con éxito un dos seus obxectivos principais : fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a comunidade educativa. Parabéns a todos os participantes!

Visita a FP Innova 2023 e ao Museo de Galicia en Compostela.

O pasado venres 24 de marzo, o alumnado de 4º ESO foi á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 

Na primeira parte da saída, acudiron á actividade FP Innova 2023 onde puideron visitar postos nos que se amosaban proxectos de carácter pioneiro de diferentes ciclos formativos. Tamén tiveron a posibilidade de participar nalgúns obradoiros vinculados ao mundo profesional e ás distintas saídas laborais de ditos ciclos. 

Na segunda parte da saída, visitaron o Museo de Galicia que actualmente acolle a exposición "Camiños Creativos" e que conta con relevantes pezas artísticas procedentes de máis de trinta museos de todo o mundo. Neste caso o obxectivo foi promover a relación do alumnado coa arte contemporánea a través da interacción coa propia obra.

Vacantes para o curso 2023-24 e prazos de presentación das solicitudes de admisión

Para o alumnado dos centros adscritos, comunícase que todas as solicitudes de reserva de praza para a matrícula de 1º de ESO no IES de Cotobade foron admitidas.

Pódense consultar as listaxes de alumnado admitido no taboleiro da secretaría do Centro.

Achégase en adxunto as prazas vacantes nos cursos de ESO para o curso 2023-24 e informamos que o prazo de presentación de solicitudes de admisión (Modelo ED550B) será do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Exposición : “Que no te confundan”

Ao longo destas semanas, a comunidade educativa gozará da exposición : "Que no te confundan!" cedida pola Asociación Pro Derecho Humanos de Andalucía de Cádiz. Os diferentes paneles expostos recollen os distintos bulos, rumores infundados cunha carga xenófoba preocupante que se van facendo cada vez máis frecuentes.  
Esta exposición pretende facer reflexionar sobre a veracidade dos contidos e será motivo de debate e reflexións nas nosas aulas nas distintas titorías sobre o repunte de racismo e xenofobia que arruina a conivenvia intercultural e diversa.
Agradecemos a iniciativa e organización do departamento de Orientación e por suposto á APDHA de Cádiz polo traballo e cesión da exposición. 

https://www.apdha.org/que-no-te-confundan/


Visita ao Museo do Mar de Galicia de Vigo dos cursos de 1º e 3º de ESO

Obradoiros de Nadal

Como cada curso, rematamos o ano 2022 con obradoiros de Nadal. Esta vez, cunha novidade: catro dos 10 obradoiros impartidos foron propostos e dirixidos por alumnado do Centro.

Parabéns ao profesorado implicado e unha mención especial a Sabela e Uxía do 2ºcurso de ESO, a Leticia, Nerea e Nora de 3º de ESO e a Nicolás do 4ºcurso de ESO pola iniciativa, preparación e éxito dos obradoiros.

Feliz comezo de ano a todos e a todas!

Para visionar o vídeo das actividades , preme  aquí.


Felices festas!

Velaquí as dúas postais gañadoras do concurso organizado polo EDNL do centro. Os dous gañadores foron premiados con vale de 30€ cada un para canxear en librería. Moitos parabéns á organización e participantes!

   PREMA NA POSTAL PARA VER A ANIMACIÓN

Agradecemos a participación do alumnado así como a votación online da comunidade educativa.

Parabéns a todos e a todas e felices festas! 

Publicación do calendario para as eleccións do Consello Escolar do IES de Cotobade

Achégase en arquivo adxunto o calendario electoral do IES de Cotobade que tamén pode ser consultado no taboleiro de anuncios da secretaría do centro.

Asemade, achegamos o formulario de presentación de candidaturas de pais/nais/titores/as legais. Tamén están as respectivas copias na mesa de recepción da secretaría.

Constitución da xunta electoral do IES de Cotobade, mércores 2 de novembro de 2022

Achégase en arquivo adxunto a acta da constitución da xunta electoral do IES de Cotobade, celebrada na reunión do mércores 2 de novembro de 2022 de acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros  dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos.

Distribuir contido


by Dr. Radut