Skip to Content

Obradoiro loita contra o VIH

Hoxe a Cruz Vermella Xuventude ofreceu un taller ao noso alumnado de 3º e 4º curso de ESO. Obradoiro enmarcado na « Campaña 1 de decembro. Día mundial da loita contra o VIH. » Cruz Vermella Xuventude - Xunta de Galicia.


Obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud

Hoxe os/as nosos/as pequenos/as artistas desfrutaron dun obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud #zengoala. 

A actividade está enmarcada no Proxecto Competencial « Zentangle » de 1ºESO A e 1ºESO B, coordinado pola profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña. Velaquí as mostras das súas creacións. Destacamos o seu esforzo por comunicarse en inglés coa artista ao longo do taller.
Parabéns pola actividade!!!

Conferencia: "Pequenas heroínas. As bacterias que degradan o plástico".

O pasado martes 21 de novembro, o noso alumnado do 4° curso de ESO tivo a oportunidade e o honor de asistir a unha conferencia científica organizada pola Deputación de Pontevedra.


Tivemos o privilexio de contar con Dona Alicia Estévez Toranzo, vicepresidenta da Real Academia Galega das Ciencias, e mentora da investigadora Dona Sabela Balboa Méndez, principal encargada da conferencia. A actividade foi presentada polo noso alcalde, e deputado provincial Don Jorge Cubela López.


Durante hora e media, tivemos a oportunidade de coñecer o seu traballo de investigación sobre as bacterias que poderían degradar plásticos, e da importancia da súa contribución cara a un futuro sostible.


Ao longo da exposición, ademais de presentar o seu traballo dunha forma moi amena e ben axustada ao nivel do alumnado, fixeron partícipe ao alumnado, invitándoo a intervir con apreciacións, dúbidas e inquedanzas sobre a temática.
Salientamos que na rolda de preguntas finais xurdiron cuestións de gran interese, polo que as científicas animaron aos nosos estudantes a non ter medo a dirixir o seu futuro cara a investigación.

"Bosque atlántico", organizado pola Universidade de Vigo, achégase ao noso alumnado do 1° curso de ESO.

Este programa pretende dar a coñocer e poñer en valor o ecosistema autóctono do bosque atlántico das Rías Baixas, denunciando o altísimo nivel de degradación do mesmo polo uso masivo de especies invasoras, sobre todo con fines de aproveitamento forestal. 


O educador ambiental Marcos Guiadanes, realizou dúas visitas ao centro.
Na primeira,  fixo unha interesante exposición da historia dos nosos bosques, e do proceso de deterioro, e posteriormente, presentou ás que se consideran as 25 especies autóctonas dos bosques das Rías Baixas.

 Na segunda, os rapaces amosaron todo o que aprenderon na visita anterior, cun divertido xogo por equipos nun taboleiro tamaño XXL. 


Para a primavera rematará a actividade cunha visita ao bosque do CUVI no que se plantaron exemplares das 25 especies mencionadas.

 

A actividade foi promovida polo departamento de Bioloxía e xeoloxîa polo que agradecemos o compromiso do profesor e xefe de departamento Sergio Ramos Martínez. 

 


Exposición 25N e recursos de aula

Para visualizar a proposta de actividades do Departamento de Orientación partindo da exposición, prema aquí

Reparto dos libros de texto ao alumnado beneficiario do fondo solidario para o curso 2023-24

O VENRES, 15 DE SETEMBRO farase a entrega dos libros de texto ao alumnado beneficiario do fondo de libros, nas franxas horarias que se relacionan:

2ª hora: 1ESO
1A- 10:05 a 10:25
1B- 10:30 a 10:55 
 
3ª hora: 2ESO
2A- 11:00 a 11:20 
2B- 11:25 a 11:45
 
4ª hora: 3ºESO
3A-12:10 a 12:30
3B-12:35 a 12:55
 
5ª hora: 4ESO
4A - 13:00 a 13:20
4B - 13:25 a 13:45

O alumnado levará os libros ao seu domicilio para a súa comprobación e traerá o impreso de entrega asinado polo pai/nai ou titor/a legal.

O impreso deberá ser entregado de volta en conserxería o luns, 18 de setembro.

Achegamos en documento adxunto a Circular, coas indicacións a ter en conta.

  1. O alumnado leva xunto cos libros unha folla de entrega na que consta o número de lote (esquina superior dereita), e os libros por materias que se lle asignaron. 

  1. Tedes que comprobar que todo o lote ten o mesmo número e que todos os libros que se lles entregan están nesa folla, sen sobrar nin faltar ningún.

  1. Unha vez feita esa comprobación e que estea todo correcto, deberedes asinar esa folla. Na mesma hai ademais un espazo para anotar calquera observación que consideredes pertinente.

  1. A folla xa asinada devolverase en conserxería o vindeiro lunsdía 18 de setembro.

  1. Os libros de 2º e 4º ESO renóvanse este ano. Solicitamos que procedades a forralos, preferentemente con plástico groso, para unha mellor protección.

  1. En canto aos libros de 1º e 3º ESO, este é o seu segundo ano de uso. Solicitamos así mesmo que forredes aqueles que aínda non o estean.

Calendario escolar curso 2023-2024

Días de libre disposición do Centro:

  • 13 de outubro 2023
  • 16 de maio 2024

Para ver con maior resolución ou descargar o documento PDF, prema aquí.


Comezo do curso escolar 2023-24

O vindeiro luns, 11 de setembro, todo o alumnado matriculado no IES de Cotobade incorporarase ao centro ás 9:15, de acordo co horario lectivo anual do Centro.


Ese día, contará co funcionamento dos servizos de transporte e comedor escolar.

Feliz comezo de curso!

Podedes consultar as novas da ANPA nesta páxina Web, sección "Pais Nais" do menú lateral esquerdo ou premendo aquí

Horario provisional do Centro do 1 ao 8 de setembro de 2023

O horario do noso Centro, no periodo que abangue o día 1 ao día 8 de setembro de 2023 será de 9:00 a 14:00 horas.

Aquelas familias que non recolleron o vale de material escolar no mes de xullo, poden adquirirlo acudindo ao Centro nese horario, así como consultar a listaxe de libros adxudicados, de non telo feito con anterioridade e poder encargar os libros para completar a lista.

Lembramos que a listaxe de libros de texto para o curso 2023-24 atópase nesta páxina web.

Para consultala, prema aquí.

A listaxe de libros de texto adxudicados non pode ser publicada polo que se atopa no interior do centro, no taboleiro de anuncios de secretaría tal como se vos informou no mes de xullo.

Publicación da listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario do libros de texto

No día de hoxe, publícase no taboleiro da secretaría do Centro a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario do libros de texto, cos libros adxudicados por materia.

Asemade, poden a partir de hoxe achegarse ao Centro de 9h a 14h30 para recoller o cheque para a compra de material escolar ata o venres 28 de xullo de 2023 ou de non poder ser, a partir do 1 de setembro de 2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut