Skip to Content

Iniciativa "libretas solidarias" do alumnado de valores éticos.

Péchase o curso co mellor sabor!!!

Este ano, o noso alumnado de ESO de valores éticos xunto coa súa profesora Beatriz Pérez Espiña, promotora da iniciativa, déronlle unha segunda oportunidade a unha morea de papeis e cartóns en desuso para convertilas nunhas fermosas libretas recicladas.

O labor e entusiamo durante o curso, tanto na elaboración como na venda solidaria das libretas, acadou a súa recompensa coa implicación e colaboración da gran familia do IES de Cotobade.

No día de onte, UNICEF Ucrania recibiu o noso pequeno gran de area cunha doazón de 177€.


Moitas grazas a todos e a todas pola mostra de solidariedade e compromiso.

#emergenciaucrania

Aprobación do plan dixital do IES de Cotobade

Instrucións matrícula 2022-23. Do 27 de xuño ao 8 de xullo de 2022.

Para ver ou descargar as instrucións, prema aquí.

Calendario de avaliación final e organización do final de curso.

Para ver ou descargar a circular coa información detallada, prema aquí.

MARTES, 21 DE XUÑO:

AO LONGO DA MAÑÁ:

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO 

9:15: 1ºCURSO DE ESO

10:05: 2ºCURSO DE ESO

10:55: 3ºCURSO DE ESO

12:10: 4ºCURSO DE ESO

POLA TARDE:

DEVOLUCIÓN DOS ORDENADORES (ABALAR OU AMTEGA)

DEVOLUCIÓN DA CHAVE DA TAQUILLA (entrega da fianza total ou parcial no caso de duplicados de chave durante o curso)

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

MÉRCORES, 22 DE XUÑO:

REMATE DAS CLASES (Horario habitual, servizo de transporte e comedor)

--------------------------------------------------------------------------------------------------

XOVES, 23 DE XUÑO:

SESIÓNS DE AVALIACIÓN FINAL.

VENRES, 24 DE XUÑO:

FESTIVO NA COMUNIDADE DE GALICIA

--------------------------------------------------------------------------------------------------

LUNS, 27 DE XUÑO:

1ºESO - 2ºESO- 3ºESO

11:00 : ENTREGA DE NOTAS POLAS TITORAS E DO SOBRE DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-23

4ºESO:

12:00: ENTREGA DE NOTAS POLAS TITORAS E DA CERTIFICACIÓN ACADÉMICA.

--------------------------------------------------------------------------------------------------

27, 28, 29 DE XUÑO:

PRAZO DE RECLAMACIÓNS

DO 27 DE XUÑO AO 8 DE XULLO :

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-23

Calendario da 3ª avaliación parcial

LUNS 6 DE XUÑO:

3ºESO A : 16:00

3ºESO B : 16:50

2ºESO A : 17:40

1ºESO B : 18:30

1ºESO A : 19:20

MARTES 7 DE XUÑO:

4ºESO A : 17:30

2ºESO B : 18:45

LUGAR: AULA DE MÚSICA DO IES

ENTREGA DE NOTAS: MÉRCORES 8 DE XUÑO

Protocolo Covid publicado o 20 de maio de 2022

 

  COVID - ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO

 

Para ver ou descargar o Protocolo actualizado no día de hoxe, prema no arquivo adxunto.

Entrega de diplomas polo alcalde de Cerdedo-Cotobade ao alumnado participante na formación para mediadores e cibermentores

Para acceder á nota de prensa, prema aquí


Prazo e procedemento de solicitude do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2022-23

     PRAZO DE SOLICITUDES:

DO 18 DE MAIO AO 22 DE XUÑO 

Para ver ou descargar a Orde, as instrucións, anexos simplificados do IES de Cotobade ou as respostas da Consellería ás preguntas máis frecuentes sobre o procedemento, prema no arquivo en PDF adxunto correspondente.

12 DE MAIO #TelanzoUnbeso#Diadelniñohospitalizado

O lanzamento de bicos para os Nenos Hospitalizados naceu da iniciativa da Fundación Atresmedia para implicar a diferentes entidades e fundacións que colaboran cos nenos hospitalizados de toda España. Desta maneira, a Fundación ATRESMEDIA, a Fundación Aladina, a Fundación Abracadabra, a Asociación Española Contra o Cancro, a Fundación Theodora, a Fundación Pequeno Desexo, a Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, a Fundación Miúdos Corazóns, ASION, a Fundación Blas Mendez Ponce, a Fundación Curarche, a Fundación Ronald McDonald, a Fundación Make a Wish, a Fundación Juegaterapia, Pallapupas, Somos NUPA, a Fundación Leucemia e Linfoma, Cruz Vermella, a Fundación Terra de homes e *Érase unha Vez sumamos esforzos e ilusións para institucionalizar o 13 de Maio como Día do Neno Hospitalizado e realizar así unha pequena homenaxe aos máis pequenos do hospital.

Desde o I.E.S de Cotobade  sumámonos a esta bonita e solidaria iniciativa.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut