Skip to Content

Terceira actividade do Proxecto Bosque Atlántico. Visita ao CUVI.

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado de 1° da ESO visitou o Campus da Universidade de Vigo (CUVI) en Lagoas-Marcosende dentro do proxecto Bosque Atlántico no que participamos este ano.
O proxecto trata de concienciar ás novas xeracións da necesidade de coidar e respectar os ecosistemas naturais, considerando que a mellor vía para esta sensibilización é o coñecemento.

Esta foi a terceira actividade do proxecto.

A primeira, unha presentación das 25 especies de árbores que conformarían os bosques autóctonos do subsistema ecolóxico das Rías Baixas e a segunda un xogo sobre esta temática, foron desenvolvidas no primeiro trimestre no noso centro.

Na visita ao CUVI o alumnado poido camiñar polo bosque autóctono que a Universidade de Vigo leva tratando de recuperar durante os últimos 20 anos, recoñecendo as diferentes especies e aprendendo da ecoloxía, a bioloxía e curiosidades das mesmas e do propio territorio e a cultura ancestral da man do noso guía, experto na materia, Marcos Guiadanes. 

Ademais do propia actividade, os rapaces poideron desfrutar dun día de convivencia ao aire libre, cun tempo primaveral.




story | by Dr. Radut