Skip to Content

Orientación

Oferta de FP. Curso 2021/2022

Publicada no DOG as ordes polas que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros públicos de Galicia .

Máis información:

OBRADOIROS LGTBIFOBIA

 

De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual imos desenvolver  o día 8 de xuño dous obradoiros LGTBIFOBIA impartidos pola  Asociación Arelas.

 

CALENDARIO DE APLICACIÓN DA LOMLOE

O 30 de decembro publicouse a Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, coñecida como LOMLOE. 

A LOMLOE modifica a LOE de 2006 e deroga a LOMCE. 

Podedes ver o calendario de aplicación no arquivo adxunto

La LOMLOE | Blog Juventud Gijón

Ferramentas pedagóxicas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia pon a disposición de toda a comunidade educativa dúas ferramentas pedagóxicas: o cómic "DE COMPRAS POR INTERNET" e o conto "CONSUMIÑA E CONSUMIÑO: EN XOGUETES SEGUROS". Ambas poden descargarse na súa páxina web: https://consumo.xunta.gal/ en formato PDF.

Parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2021/2022

Resolución do 14 de maio de 2021 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/22.

 

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2021 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

No enlace http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual, están  publicados os exames e as respostas da convocatoria 2021 das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

"A FORMACIÓN PROFESIONAL"

Hoxe o departamento de Orientación inicia o segundo bloque de contidos incluído no Programa de Toma de decisións destinado ao noso alumnado do 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

O alumnado coñecerá neste bloque todo o referido á Formación Profesional :  as súas caraterísticas, a  súa organización, os requisitos de acceso e outros aspectos de interese como os prazos de solicitude e de  admisión e a oferta de ciclos formativos para o curso 2021/2022.

 

Agradecemos novamente o labor da xefa do departamento de Orientación, María José Seco López pola ponencia de hoxe, polas distintas iniciativas e constante implicación.


Ti© Emprendes

TI© EMPRENDES é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia. O seu obxectivo é formar 390 persoas mozas en 26 accións formativas específicas de emprendemento, co fin de vinculalas co seu entorno e evitar o despoboamento do rural.

DIRIXIDO A:

Mozas e mozos entre de 16 a 30 anos.

Inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil Desempregadas/os.

Non integradas/os no sistema de educación ou formación.

Residentes nos concellos rurais (con cor no mapa) nos que se inclúe o noso Concello de Cerdedo-Cotobade. 
QUE OFRECE?

Formación en materias específicas de cada zona.

Titorías personalizadas para a procura de emprego.

Asesoramento para a creación da túa propia empresa.

COMO PODES PARTICIPAR?

Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante.

Para máis información,  prema aquí. 

Programa de Saúde Sexual da Cruz Vermella para os cursos de 3ºESO

 

Debido ao interese mostrado polo alumnado de 3º ESO, estamos desenvolvendo en colaboración coa Cruz Vermella- Xuventude unhas actividades formativas a través da aplicación Microsoft Teams. O programa de Saúde sexual aproxima ao alumnado a conceptos básicos sobre sexualidade; orientacións sexuais; anatomía e ciclo menstrual;infeccións de transmisión sexual e métodos anticonceptivos. Agradecemos a dispoñibilidade de Cruz Vermella e das titoras de 3ºESO. 

2 de maio, día contra o acoso escolar.

Dende o ano 2013 celébrase o 2 de maio o Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut