Skip to Content

Orientación

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ARCO PARA O CURSO 2021-2022

 

Novamente o noso Centro foi seleccionado conforme ao disposto no apartado trece da Resolución do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos- programa Recupéra-T

Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22.

Segundo a publicación da Listaxe definitiva de Centros seleccionados no curso 2021-22 para o programa ARCO, beneficiarémonos da posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) durante o presente curso 2021/22, dirixidas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

HORARIO ATENCIÓN A FAMILIAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2021/2022

Horario de atención ás familias por parte da orientadora no ano escolar 2021/2022:  martes de 10:05 ás 10:55 horas.

Horario de atención ás familias por parte da profesora especialista en pedagoxía terapéutica no ano escolar 2021/2022: mércores de 13:50 ás 14:40 horas.

Publicación das listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria de ciclos formativos de grao medio de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas, en modalidade presencial e modalidade a distancia.

 

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do martes 21 de setembro ata as 13:00 horas do venres 24 de setembro de 2021.

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio

CALENDARIO FP BÁSICA

Do 1 ao 10 de setembro ás 13:00h: Entrega das solicitudes de admisión

15 de setembro: Publicación da listaxe de admitidos e non admitidos

15 ao 22 de setembro: Prazo de matrícula

Consultade os prazos no centro elexido como primeira opción.

Período extraordinario de admisión ciclos de FP

Presentación de solicitudes: 1 de setembro ás 9:00 ao 9 ás 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes:14 de setembro

Reclamación á listaxe provisional: 14 de setembro ás 9:00 ao 16 ás 13:00 horas 

Listaxe definitiva de solicitudes: 21 de setembro

2ª adxudicación de grao medio: 21 de setembro

Matriculación 2ª adxudicación: 21 de setembro ás 9:00 ao 24 ás 13:00 horas

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2021-2022

MATRICULA NO BACHARELATO DE ADULTOS (SETEMBRO)

Alumnos procedentes doutros centros e remataron todos os exames en xuño

 

  • Formalizarán a matrícula: 1, 2 e 3 de setembro. (Sobre de matrícula con documentación requerida).

 

 

MATRICULA EXTRAORDINARIA BACHARELATO

Prazos de matrícula:

Matrícula extraordinaria:

    • Abrangue desde o 1 ao 10 de setembro.

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA. ADMISIÓN 2021/2022

Prazo de entrega de solicitudes de admisión a FPB do 1 ao 10 de setembro.

Documentación a entregar:

Distribuir contido


by Dr. Radut