Skip to Content

Formación sobre mediación entre iguais e cibermentoría

Tras a volta das vacacións do Nadal, todos os grupos da ESO recibiron dúas sesións de formación sobre mediación entre iguais e cibermentoría

A mediación é a forma de resolver conflitos entre dous ou máis persoas coa axuda dunha terceira persoa imparcial, o mediador que regula o proceso de comunicación cara a unha posible solución que satisfaga as necesidades das partes en conflito. É a intervención non forzada nun conflito de terceiras persoas neutrais para axudar ás partes implicadas a que o transformen por si mesmas.

A cibermentoría trátase dun sistema de apoio entre iguais que funciona nalgunhas contornas escolares no que alumnado de idades superiores, normalmente de 3º ESO en diante, formado e preparado para iso, atende a alumnado máis pequeno na xestión das súas relacións interpersoais nas redes sociais e sobre problemas que poidan xurdir nelas.

O responsable da formación, Ignacio Fernández Saínz achegou estes conceptos e facilitou que o alumnado poidese desenvolver algúns casos prácticos.

 

A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo” Nelson Mandela. 



page | by Dr. Radut