Skip to Content

English Way to Santiago

 

The English Way to Santiago

 

 

 O camiño inglés a Santiago

 

 

Betanzos é unha vila que foi capital dunha das sete provincias do Antigo Reino de Galicia. Esta cidade, rodeada polo río Mandeo, ten un importante patrimonio histórico-artístico. Primeiro, foi un asentamento castrexo. Despois, unha florecente cidade amurallada pola de pasaban os peregrinos procedentes do norte de Europa de camiño a Santiago. O nobre galego Fernán Pérez de Andrade “O bo” e o seu fillo mandaron construir tres das catro igrexas con que conta Betanzos: San Francisco, onde está o sarcófago de Fernán Pérez de Andrade, Santa María de Azogue e a igrexa de Santiago, símbolo da peregrinación.

A min gustoume moito esta cidade, sobre todo, a igrexa de San Francisco coas tumbas dos cabaleiros medievais.

 

Iria García Porto, 1ºB

 

 

 

Despois de saír de Betanzos, paramos en A Coruña. Alí visitamos o Castelo de San Antón, cheo de valiosos restos arqueolóxicos. Logo, visitamos a tumba de Sir John Moore, un nobre xeneral da Gran Bretaña que morreu loitando contra as tropas de Napoleón na batalla de Elviña. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema, ao cal pertencen estes versos:

Lonxe caíche, pobre John, da tomba

onde cos teus en descansar pensaras.

(…..)

¡Mais qué fermosa e sin igual morada,

lle coupo en sorte ós teus mortales restos!”

 

 

A continuación, desprazámonos, seguindo o camiño inglés ata a praza de María Pita, sede do concello, que recibe o seu nome en honor á muller que loitou contra Sir Francis Drake.

 

Fabio Leboso Francisco, 1ºB

 

 

Entramos a Santiago polo camiño inglés, é dicir, polo norte. Dente o Monumento ao Peregrino en San Caetano fomos andando ata a Catedral, pasando pola Porta da Pena, a rúa da Troia e pola rúa da Acibechería. Na Catedral subimos a abrazar ó Apóstolo, pois din que si pides un desexo mentres o abrazas, o desexo cúmprese. Logo estivemos na praza do Obradoiro. Se te tumbas mirando para a Catedral parece que che vai caer enriba.

 

 

Hadrián Peleteiro Rey, 1ºB

 

 

 

 

Mais información:

http://camino.xacobeo.es/caminos/camino-ingles

 

 



page | by Dr. Radut