Skip to Content

Reparto de libros do fondo do IES. Martes 27 pola tarde e mércores 28 de setembro de 2022

Mañá martes 27 de setembro, procederase ao reparto dos libros asignados a aquel alumnado beneficiario dos cursos de 2ºESO A, 2ºESO B e 4ºESO (LOMCE).

O mércores 28 de setembro, procederase ao reparto dos libros asignados a aquel alumnado beneficiario dos cursos de 1ºESO A, 1ºESO B e 3ºESO A, 3ºESO B. (LOMLOE)

O alumnado levará os libros para o seu domicilio e devolverá ao centro o impreso asinado polos representantes legais coa maior brevidade,unha vez comprobados na casa os lotes (nº de libros asignados e estado indicado no impreso).
Existe un apartado de observacións que poden cubrir en caso de desconformidade co contido recollido. Prégase, forren os libros emprestados e velen polo seu coidado no mantemento ao longo do curso.

Aproveitamos a ocasión para aclarar que :

No 1º curso de ESO, non deben mercar o caderno de francés. Só o libro con ISBN: 978-84-143-1697-9

No 3ºcurso, si deben mercalo, na medida do posible.

ISBN do Libro: 978-84-143-1699-3

ISBN do caderno: 978-84-698-9689-1

Ningún destes libros está cedido polo fondo de libros do IES.

Asemade, podedes consultar os libros cedidos pola ANPA ao alumnado socio para este curso 2022-23, premendo aquí ou entrando na sección PAIS/NAIS ANPA, ubicada nesta web.

AdxuntoTamaño
Libros ANPA 22-23.pdf108.05 KB


story | by Dr. Radut