Skip to Content

Avisos

Apertura do prazo para Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escar para o curso 2023-24

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar Curso 2023/2024. 
Procedemento administrativo:     ED330B

 

Prazo de solicitude:     
do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

 

Texto da convocatoria:    
ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

 

Para ver as instrucións facilitadas pola administración do IES de Cotobade, pinche aquí


Forma de presentación:

  • Electrónica: utilizando a aplicación 

NOTA: na presentación electrónica deberá presentarse unha solicitude individual para cada un dos fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria ou os anexos simplificados do IES de Cotobade que se achegan en adxunto. Ou pinchando aquí

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

 

Máis información:

Publicación do calendario para as eleccións do Consello Escolar do IES de Cotobade

Achégase en arquivo adxunto o calendario electoral do IES de Cotobade que tamén pode ser consultado no taboleiro de anuncios da secretaría do centro.

Asemade, achegamos o formulario de presentación de candidaturas de pais/nais/titores/as legais. Tamén están as respectivas copias na mesa de recepción da secretaría.

Constitución da xunta electoral do IES de Cotobade, mércores 2 de novembro de 2022

Achégase en arquivo adxunto a acta da constitución da xunta electoral do IES de Cotobade, celebrada na reunión do mércores 2 de novembro de 2022 de acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros  dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos.

Sorteo público da xunta electoral celebrado o venres 28 de outubro de 2022

Achégase en arquivo adxunto a acta do sorteo público dos membros da xunta electoral do IES de Cotobade, celebrado no día de hoxe de acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros  dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos.

Sorteo dos membros da Xunta Electoral do venres 28 de outubro de 2022

De acoros coa Resolución do 19 de setembro de 2022

Listaxe definitiva do alumnado beneficiario de fondo de libros e cheque para compra de material

Atópase no taboleiro de anuncios de secretaría a relación do alumnado beneficiario do fondo de libros (número de libros adxudicados e materias). Asemade, no caso de ser beneficiario, podedes recolller o cheque para a compra de material escolar na conserxería do instituto.

NOVAS: Servizo de comedor escolar do curso 2022-23

 

 SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Trala reunión celebrada esta mañá no IES de Cotobade na que asistiron o alcalde de Cerdedo-Cotobade, as directivas dos dous centros educativos implicados e representantes da ANPA para tratar a problemática do servizo de comedor, infórmase do seguinte:

TODO O ALUMNADO SOLICITANTE DO SERVIZO DE COMEDOR QUEDARÁ ADMITIDO NO MESMO.

Quedamos á espera da incorporación dun/ha auxiliar de cociña. En canto se formalice a mesma, avisarase de inmediato ás familias para que o alumnado poida facer uso do servizo de comedor.

Excepcionalmente, o vindeiro martes 13 de setembro, todo o alumnado poderá facer uso do comedor para non prexudicar a súa asistencia ás clases da tarde.

As direccións dos Centros estivemos a buscar solucións coa Consellería dende o primeiro momento, informando ao alcalde da situación e interesándonos para que todo quedara solventado o antes posible. Asemade, a ANPA estivo pendente de que esas solucións foran acadadas con prontitude.

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Para ver ou descargar as instrucións para o curso 2022-23  , prema aquí.

Publicación das listas provisionais de admitidos ao comedor escolar e as listas de reserva para o curso 2022-23

En base á instrución 2/2022, da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023:

Publícanse as listas provisionais de admitidos ao comedor escolar e as listas de reserva elaboradas polo Consello Escolar do IES de Cotobade, na reunión do 5 de setembro de 2022.

A partir do día de hoxe, de acordo  co punto 5 desta Instrución a presente listaxe elaborada polo Consello Escolardo IES de Cotobade exporase, de acordo co disposto no Regulamento 2016/678 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, coa única referencia de nomes e apelidos dos usuarios e da posición ocupada nas listas no taboleiro de anuncios do IES de Cotobade, abríndose de seguido un prazo non inferior a 5 días para presentación de alegacións.

Unha vez resoltas as ditas alegacións polo Consello Escolar deste centro, o dito órgano aprobará con carácter definitivo a lista dos admitidos e a lista de reserva, que volverán ser expostas no instituto, para o efecto de que, no seu caso, se deduzan os oportunos recursos de alzada ante as Xefaturas Territoriais da Consellería.

Recordámoslles a importancia da consulta da páxina web do centro na que se publicarán as comunicacións e avisos pertinentes.

Achégase en anexo, as instrucións así como o anexo para a presentación da alegación, se procede.

Inicio do curso 2022-2023

A VOLTA ÁS CLASES PARA O CURSO 2022/23 SERÁ COMÚN A TODOS OS GRUPOS:

OS CURSOS DE 1ºESO – 2ºESO - 3ºESO E 4ºESO INCORPORARANSE ÁS AULAS O VINDEIRO:

XOVES 8 DE SETEMBRO DE 2022 EN HORARIO HABITUAL DE 9:15 A 14:40

ESE MESMO DÍA HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR.

Pregamos estean pendentes dos avisos e notificacións desta Web que se irán engadindo ao longo da semana.

Distribuir contido


by Dr. Radut