Skip to Content

Curso 2013-2014

Charlas sobre internet - 1º ESO

Dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso alumnado de 1º de ESO no manexo e uso responsable de internet en diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores, teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado xoves, día 12 de decembro.

Seguir lendo en Perdourando.

Charla sobre drogas - 3º e 4º ESO + PCPI

O pasado martes 10 de decembro, o alumnado de 3º , 4º ESO, PDC e PCPI recibiu na biblioteca do centro unha charla de prevención sobre drogas impartida por Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar.

Seguir lendo en Perdourando.

Nelson Mandela D.E.P.


Nelson Mandela (Madiva) foi presidente da República Sudafricana despois de pasar 27 anos no cárcere acusado de terrorismo e alta traición por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid.
O seu número de preso (46664) é un símbolo de liberdade.
Foi Premio Nobel da Paz en 1993.

Día da Sida - Mesas informativas

Co propósito de conmemorar o día da Sida, voluntarios de Cruz Vermella informaron o alumnado e repartiron preservativos entre o alumnado dos Ciclos Formativos asi como folletos informativos.

Seguir lendo en Perdourando.

Obradoiro de papel reciclado con GAIA - 2º ESO

Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:

Continuando coas actividades programadas sobre reciclaxe ao longo desta semana, tocou fabricar papel reciclado. A partir de anacos de papel de periódico que o alumnado de 2º ESO cortou, Mª José e Begoña ensináronlles como facer unha pasta mixturando auga quente co papel e triturándoo cunha batidora. Unha vez desligado o papel,  botaron os tintes de cor elixidos. Logo, houbo que estendelo sobre uns panos para que absorbesen a humidade do papel e nese momento cadaquen decorou con pétalos de flores, arroz, follas, ceras, purpurina, etc... Podedes seguir todo o proceso de fabricación dende o recorte do papel ata o resultado final na seguinte presentación.

Seguir lendo no blogue do proxecto BurelaXogaRecíclase.

Alumnas premiadas no Concurso de cartel Día da Sida

Antía Baño, alumna de 3º de ESO, e Saray Rozas, alumna de 4º ESO, acadaron o premio respectivamente  nas categorías de 12-15 anos e de 16-18 anos no Concurso de Cartel convocado pola unidade asistencial de drogodependencias de Burela para conmemorar o día da Sida.
Seguir lendo en Perdourando.

2º ESO - Inmersión Lingüística en Salduero

Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO están pasando uns días por Soria practicando inglés grazas a un programa de inmersión lingüística no Albergue Caja Duero de Salduero. Comparten esta experiencia con alumnos do IES Antonio de Nebrija de Móstoles.

Seguir lendo en Perdourando....

Charla sobre fabricación e reciclado do papel - GAIA

Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:

O pasado 27 de novembro, Begoña, monitora de GAIA, impartiu unha charla ao alumnado de 2º de ESO sobre a importancia da reciclaxe do papel, o seu beneficio económico e o seu reducido impacto medioambiental. A continuación, podedes ver a presentación que nos fixo Begoña.

Seguir lendo no blogue do proxecto: BurelaXogaRecíclase

Obradoiro de xabón con GAIA - 2º ESO

Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:

Esta semana, Mª José e Begoña ensinan ao alumnado de 2º de ESO a facer xabón empregando a aceite usado co propósito de motivar aos rapaces na importancia da reutilización dos recursos.

Seguir lendo no blogue do proxecto BurelaXogaRecíclase.

1º ESO - Ruta por Burela

O día 25 de novembro o alumnado de 1º de E.S.O. participou nunha das actividades programadas polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica: Itinerario Xeográfico, Histórico e Artístico por Burela.


Seguir lendo en Perdourando

Charla sobre reciclado do aceite - GAIA

Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:

Hoxe, as monitoras de Gaia impartiron unha charla ao alumnado de 2º de ESO sobre a importancia de separar o aceite  de cociña nos colectores previstos para tal efecto e explicáronnos como reutilizar o aceite para facer xabón como aquel que facían as nosas avoas para branquear a roupa.

Seguir lendo no blogue do proxecto: BurelaXogaRecíclase

25 de novembro - Recomendacións de BiblioPerdouro

Recomendámosche unha recompilación de libros e filmes para conmemorar o 25 de novembro e sensibilizarnos tod@s contra a violencia de xénero.

Seguir en Perdourando

"Como Galegos" da TVG rodando no IES Perdouro

Ayub Sabry, alumno marroquino do Ciclo Medio de Mecanizado,  será o protagonista do programa da TVG "Como Galegos" que retrata a integración da xente de fóra en terras galegas. 
Hoxe o equipo do gravación liderado por Noelia visitou o centro educativo onde estuda Ayub así como os estudios do Programa radiofónico de Proxecto Neo.
Esperamos impacientes poder ver o resultado canto antes!!!

Clube de Lectura - 1ª xuntanza

Este curso o clube de lectura adicarase á literatura contemporánea dos cinco continentes.
Este mércores 20 de novembro, os clubeiros reuníronse pola tarde na biblioteca para intercambiar as súas impresións despois da lectura da obra francófona de Amélie Nothomb, Metafísica dos tubos.

Campaña escolar "Separemos ben, reciclaremos mellor",

A campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor", promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, contando coa implicación de Ecoembes e os Sistemas Integrados de Xestión de Pilas, ten como obxetivo o de  informar acerca das ventaxas, tanto ambientais como económicas, da colaboración ciudadana no ámbito da recollida selectiva, garantizando con esto o posterior reciclado dos refugallos producidos. 

Seguir lendo en Perdourando
Distribuir contido


by Dr. Radut