Skip to Content

Curso 2014-2015

Mención de honra para Antón Mazaira López na Olimpíada Matemática Galega

Antón Mazaira López, alumno de 2º de ESO, participou o xoves 21 de maio na fase final da Olimpíada Matemática Galega, organizada por AGAPEMA. A proba final celebrouse en Lugo no Circulo das Artes. 
 
Mención honorífica para Antón Mazaira López.
 
Moitos parabéns Antón!!!
 

Final de Xadrez 2015

Finalmente soubemos quen resultou gañador do Torneo de Xadrez 2015 do IES Perdouro. O duelo era entre dous veteranos, ambos compañeiros e alumnos de 2º de Bach, Alex Liñan e Álvaro Crego. Logo dunha intensa final chea de tensión que tivo lugar o mércores 20 de maio no recreo, Alex foi o vencedor deste primeiro torneo de xadrez. 

José Díaz no IES Perdouro

IMG_3857 copiaO escritor Jose Díaz, doou ao IES Perdouro o seu premio concedido ao seu relato “El chico de oro” ao gañar o V Certame de Relatos Curtos “Le, escribe… entrena a túa mente!”
 
Jose Díaz decidiu entregar ao Perdouro o material bibliográfico e deportivo incluido no galardón, polo fomento continuado do centro educativo a actividades de tolerancia e respecto á diversidade cultural entre a comunidade escolar.
 
Díaz declarou coñecer desde hai tempo a intervención educativa “Modelo Burela” e aproveitou agora esta ocasión para manifestar o seu recoñecemento explícito aos valores que transmite, totalmente coincidentes cos que subxacen no relato gañador do certame.

Gran final - Torneo de Xadrez

Atención , atención!!! Gran final do torneo de xadrez do IES Perdouro


Mércores 20/05/15 ás 11h na biblioteca.

Alex e Álvaro xóganse a final!!!!

 

Xogos matemáticos

A raíz da visita, en colaboración coa Asocicación OS MATOS, á exposición do xoguete que organizou a asociación ALTAIR de Burela decidimos tratar o tema cos alumnos de 2º ESO dentro da unidade de madeira na asignatura de Tecnoloxía.

Os alumnos recopilaron xoguetes da infancia dos seus avós e elaboramos no taller Xogos matemáticos en madeira, sendo todos eles deseñados e construidos polos alumnos que traballaron en parellas ó longo da segunda avaliación.

Espero que despois desta exposición vos animedes a XOGAR!.
 
 

17 de mai - Celebramos o día das nosas Letras

 

Final de consolación no torneo de Xadrez

Hoxe tivo lugar a final de consolación entre Jacobo Moreda de 1º de Bach e Efrén Rouco de 3º ESO.


Resultados : Jacobo Moreda - 3º posto & Efrén Rouco - 4º posto

 
O vinderio mércores no recreo celébrase na biblioteca a final entre Alex Liñán e Álvaro Crego, ambos de 2º de Bacharelato.

 

Xurxo Mariño no IES Perdouro

Dentro da programación anual da A.C. “Os Matos”, visitou hoxe o I.E.S. Perdouro o científico Xurxo Mariño Alfonso para impartir unha charla sobre “Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”. O Doutor en Ciencias Biolóxicas da Universidade Compostelá relatou a súa viaxe de once meses polos cinco continentes. O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato puido ver imaxes e escoitar comentarios sobre desertos, glaciares, volcáns, ríos, selvas e montañas, que serviu de complemento ao estudado nas aulas. Os nomes de Kalahari, Atacama, Cabo de Fornos, Amazonas, Os Andes, Illas Galápagos… deron pé a diversos comentarios que lograron captar atención dos alumnos e profesores asistentes, saíndo da Biblioteca do centro agradecidos pola exposición do Profesor Mariño.


http://vagamundeando.com/

12 de maio, Día Escolar das Matemáticas

E se queres aprender matemáticas xogando e divertíndote, pásate pola biblioteca do centro. Temos libros divulgativos, divertidos, curiosos, (xogos, trucos de maxia, etc...), biografías e lindas historias noveladas en torno aos números e outras enigmas. Gustaranche!!

“Xogando coas Matemáticas” é o lema do XVI Día Escolar das Matemáticas.


Para celebrar o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas, a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), organiza unha feira matemática no Hall de Proa de Palexco na Coruña, o vindeiro 16 de maio de 2015.

 

 

Obradoiro Mosaïcos romanos

Os romanos eran, entre outras cousas, auténticos artistas e así o demostaron coas consruccións que aínda perduran na actualidade. Unha das mostras desta capacidade artística son os MOSAICOS . 
 
No  obradoiro que realizamos en 2º da ESO,  os rapaces souberon as técnicas para confeccionalos e as dificultades que podía entrañar a súa elaboración, xunto coa súa utilidade. Toda unha clase de Historia desde o punto de vista  práctico.
 

X° intercambio a Francia

Os alumnos de 3° ESO están estes días por Francia. Despois de pasar uns días por París, os rapaces foron acollidos en Bretaña polas familias. Visitaron O Mont Saint Michel, Dinan, Saint Malo e Rennes. Estiveron en clases e foron recibidos no Concello de Janzé polo alcalde.

 

Día da nai

Para celebrar o Día da Nai, os alumnos de 4º ESO redactaron, cunha ferramenta chamada Notegraphy, unha serie de mensaxes dirixidos ás súas respectivas nais.
Trátabase de elaborar unha tarxetiña dixital que a eles lles gustara cunha frase na que demostraran o recoñecemento do labor de súa nai e na que lle amosaran o seu agarimo.
Estas son algunhas das imaxes que os rapaces enviaron por whatsapp a súas nais o domingo  3 de maio.
Esperamos que ás mamás lles gustaran e que tiveran un día moi feliz.

 

Visita ás Pontes e a Reganosa

 O pasado mércores 29 de abril os alumnos de 2º ESO visitaron as instalacións da central de ciclo combinado das Pontes, cunha visita tamén ao contorno do lago creado na antiga explotación de carbón.
 

Obradoiro de Banda Deseñada da man de Pepe Carreiro

O debuxante galego, Pepe Carreiro, visitou a biblioteca do IES Perdouro para impartir un obradoiro de iniciación á banda deseñada destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO. Primeiro, Antón e Teresa encargáronse de presentar o autor dos Bolechas, unha familia peculiar coa que creceron todos os alumnos de Galicia. Despois, Pepe Carreiro ensinoulles trucos para debuxar, proporción, caricaturización, faloulles da linguaxe dos bocadillos e do poder do trazado para enfatizar as letras dos diálogos. Antes de rematar, o debuxante contestou á preguntas interesadas do alumnado e asinou os libros dos rapaces. E como ginda final, agasallounos cun debuxo para a nosa biblioteca. Un encontro fantástico!!
 

Feliz Día Do Libro!!!

Bo Día  do Libro !!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut