Skip to Content

Curso 2014-2015

Segundo obradoiro radiofónico para os nosos premiados no certame o Galego na onda!!!

Photo : Falan de nós na prensa - A Mariña do Progreso do 13/11/14<br />
Obradoiro de radio en Radio Burela do pasado 12/11/14 con Rubén Riós e Andrés Rozados

Durante toda a tarde do mércores 12 de novembro, un grupo de alumnos/as do IES Perdouro recibiu o segundo obradoiro de comunicación radiofónica impartida polo actor Rubén Riós e o técnico e produtor Andrés Rozados nos estudios de Radio Burela. Nesta segunda fase do certame O Galego na Onda convocado pola Rede de Dinamización Lingüística, Maka Ledo, Elena Valle, Simón Rodríguez, Sergio Rivas, Safu Housni, Laura Semedo e Viviane Furtado gravaron unha emisión especial para presentalo ao concurso. Xa estamos impacientes por coñecer o fallo do 30 de novembro.

Charla informativa sobre bolsas “high school” para estudiar en EEUU - 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO recibiu o xoves 6 de novembro información sobre a 6ª edición das bolsas “High School” para estudar en EEUU. 
 
A Fundación Amancio Ortega xunto ca Fundación Barrié convocan as bolsas “high school”, un Programa de Bolsas para realizar estudos dun ano académico en Estados Unidos.
 
Nesta edición hai 75 prazas para cursar 1º de Bach. en EEUU no curso escolar 2015/2016
 
Estas bolsas van dirixidas a estudantes de 4º da ESO cunha nota media de 3º ESO igual o superior a 7,5 e cun 7 en inglés.
 
 

Charla sobre perigos de seguridade nas novas tecnoloxías e as redes sociais - 1º ESO

Dentro do  Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso alumnado de 1º de ESO no manexo e uso responsable de internet en diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores, teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado luns, día 3 de novembro.
 
... seguir lendo en Perdourando.

Facendo prevención sobre drogas - 4º ESO e FP Básica

O luns 3 de novembro, o alumnado de 4º de ESO e Formación Profesional Básica recibiu na biblioteca do centro unha charla preventiva sobre Alcool e outras drogas impartida por Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a cellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo informar aos rapaces sobre as diferentes drogas legais e ilegais, os seus efectos e consecuencias na saúde e penal. En definitiva, o axente impulsou a reflexión entre o alumnado entorno adiccións e outros mitos.

Máis información en Perdourando.

Obradoiro radiofónico para os nosos premiados no certame o Galego na onda!!!

Photo : Un grupo de alumnos/as do IES Perdouro están recibindo un obradoiro de comunicación radiofónica impartida polo actor Rubén Riós e o técnico e produtor Andrés Rozados nos estudios de Radio Burela. A actividade está convocada pola Rede de Dinamización Lingüística con motivo da celebración das Letras Galegas.  Macarena Ledo, alumna de 1 de bach, foi unha das premiadas no concurso de cuñas radiofónicas celebrado no galo do Día das Letras. Nesta primeira fase do certame, os gañadores reciben unha xornada formativa onde o actor e comunicador Rubén Riós trata aspectos relacionados coa modulación da voz, a importancia da ambientación musical, así como doutros efectos sonoros. Tamén farán práctica de redacción e locución radiofónica, de producción, de estructura do guión e das capacidades a desenvolver para a locución na radio ( dicción, improvisación, vocalización...) de cara a gravar unha emisión especial para a segunda fase do concurso. Será o 12 de novembro cando os nosos alumnos fagan a súa proposta de programa para esta segunda fase. Desexámoslles moita sorte!!! E que esta xornada sexa de moito proveito!!!!!Durante toda a tarde do mércores 29 de outubro, un grupo de alumnos/as do IES Perdouro recibiu un obradoiro de comunicación radiofónica impartida polo actor Rubén Riós e o técnico e produtor Andrés Rozados nos estudios de Radio Burela. A actividade está convocada pola Rede de Dinamización Lingüística con motivo da celebración das Letras Galegas. Nesta primeira fase do certame O Galego na Onda, os nosos gañadores recibiron unha xornada formativa onde o actor e comunicador Rubén Riós trata aspectos relacionados coa modulación da voz, a importancia da ambientación musical, así como doutros efectos sonoros. 
 
seguir lendo en Perdourando....

Charla sobre astronomía

O pasado día 28 de outubro, Alfonso Piñeiro, director do IES Porta da Auga de Ribadeo, deu unha charla ao alumnado de 1º de ESO sobre astronomía.
Primeiro, falounos un pouco do sistema solar: onde está situado, que corpos o forman, tamaño dos mesmos, as súas órbitas, distancias, ....
 
Seguir lendo a crónica de Marta Lestao en Perdourando.

Xornada formativa "Constrúe a túa carreira" da Fundación Alcoa

Voz de Galcia
O alumnado de 1º de Bac. Científico asistiu o mércores 29 de outubro a unha xornada formativa que leva por título JA CONSTRUYE TU CARRERA, actividade promovida pola Fundación Alcoa. O obxectivo foi promover o coñecemento das carreiras profesionais relacionadas coa Ciencia, a Tecnoloxía, a Inxeñería e as Matemáticas (STEM) con alta demanda no mercado laboral.
 
Seguir lendo a crónica de José Ramón en Perdourando.

Viaxe a Lugo - 4º ESO

O alumnado de 4º ESO viaxou ata o pasado 29 de outubro Lugo para visitar o casco histórico da vila e aproveitou para acercarse ata a rotativa do xornal O Progreso. A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Relixión e o ENDL. Seguir lendo en Perdourando.

Sensibilización medio ambiental, unha charla de Moncho Varela - Minas a ceo aberto

O xornalista Moncho Varela, especialista en temas medioambientais, achegouse ao IES Perdouro de Burela o xoves 23 de outubro para impartir ao alumnado de 4º de ESO e os de 1º e 2º de Bacharelato unha conferencia que leva por título “OURO IMPURO: A LOITA POR CORCOESTO”  co obxectivo de divulgar a actividade das minas a ceo aberto coñecidas como megaminerías do ouro e de sensibilizalos sobre as graves consecuencias medioambientais que conlevan os sistemas de extracción deste mineral e os efectos sobre a saúde, os seres vivos e o entorno natural.

Seguir lendo en Perdourando



Xornada da ciencia en galego - 5 de novembro

Con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 5 de novembro dew 12h a 13h, a Coordinadora Galega de ENDL ten programado dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. 

Título: A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego).

Relator: Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación. Páxina web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/

Sinopse: Introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.

Viaxe ao Camiño de Santiago - 3º ESO

O xoves 16 de outubro os alumnos de Relixión de 3º ESO e os de 3º PDC viaxaron a Samos e ao Cebreiro para coñecer in situ algún tramo do Camiño de Santiago.
 
Ler a crónica das alumnas Alba Carreiras e Clara Iglesias en Perdourando
 

Documental Muller (es) Muller - 4º ESO e 1º Bach

O pasado 14 de outubro, os alumnos/as de 4º de ESO e 1º de Bach. asistiron a proxección da longametraxe Muller(es)Muller, da produtora galega SocialDocs e realizado coa colaboración do Instituto da Muller. A actividade programada polo CIM pretende “promover a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas, así coma a prevención da violencia de xénero”.

Seguir lendo en Perdourando.

 

100 programas de Proxecto Neo - Radio Educativa

O programa de radio escolar Proxecto Neo chega ao número 100 en Radio Burela. Emitido por vez primeira un 4 de xaneiro de 2012, no comezo deste curso alcanza a cita centenaria. O mércores, día 15 de outubro de 2014, a modo de celebración terá unha duración de dúas horas (entre as 4 e as 6 da tarde).

Como sempre, emitirase no sistema convencional e tamén a través da internet.

Clica aquí para escoitar o programa 100.

Charla sobre mobilidade "Unha rúa mellor é a túa elección"

Semana Europea da Mobilidade é unha iniciativa que persegue impulsar ás autoridades locais no desenvolvemento de accións planificadas, probando novas medidas de  transporte cos seus cidadáns.
Dentro das actividades organizadas polo Concello de Burela para celebrar a Semana Europea pola Mobilidade, impartiuse unhas charlas sobre mobilidade sostible co próposito de reflexionar sobre o uso abusivo que, en moitas ocasións facemos, dos desprazamentos en vehículos a motor.
Así pois, o 18 de setembro, Mª José Castro González, técnico de Medio Ambiente, sensibilizou o alumnado de 1º de ESO co fin de coñecer o impacto ambiental do uso indiscrimado do coche, comparar o impacto ambiental dos distintos medios de transporte, concienciar da necesidade de utilizar o transporte público e promover o desprazamento a pé en traxectos curtos.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut