Bioloxía e xeoloxía, Orientacións didácticas, Anuncios, Información sobre o departamento, Actividades

Curso 2014-2015 Visita ao CIQUS

Mentres outros xa celebraban o comezo das vacacións de Nadal, parte do alumnado de Química e Bioloxía de 1º Bac achegábase ao CIQUS. A visita enmarcábase nas xornadas de porta abertas deste Centro  de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC, e incluía a realización dunha actividade de laboratorio: unhas etapas na síntese do ácido acetilsalicílico e do paracetamol.

A saída foi programada polo departamento de Física e Química, e  aí están con Soco a primeiras horas do último día lectivo do trimestre, con Carme fóra do campo da cámara. Tedes moitas máis fotos na Galería.

 

Na porta do CIQUS

Novas

ACTIVIDADES DE CAMPO e SAÍDAS 2012-2013

3º ESO - Museos científicos coruñeses (mc2) >> 5 Mar 2013

Inclúe participación no "Taller de enxeñería xenética"

Actividade Biotecnoloxia Plasmidos

2º ESO - Museos científicos coruñeses (mc2) >> 9 Abril  2013

3º ESO / 4º ESO  Visita ao Natural History Museum, Londres >> 26 Abril 2013

Natural History Museum Hall  
Darwin observa atento  
Accompanied by Mr Darwin

 

 

(A Darwin poño de testemuña)  

4º ESO.- Traballo zona intermareal (Luns , 27 Maio 2013)

GALERIA DE IMAXES

Marea do  27 Maio

 

 

ACTIVIDADES DE CAMPO 2011-2012:

4º ESO.- Traballo zona intermareal (Martes, 9 Maio 2012)

Paseo na lagoa Vixán

   

Cara abrigada do Carreiro Cara exposta, na que se traballa
   
 Rexistro datos  
 Rexistro de datos  Os temporais retiran area no Vilar
  Vilar 2
   

 

ACTIVIDADES DE CAMPO 2010-2011:

2º Bac.- Estación de Hidrobioloxía "Encoro de Con" (29 Marzo 2011)

4º ESO.- Traballo zona intermareal (3 Maio 2011)

ACTIVIDADES DE CAMPO 2009-2010:

4º ESO.- Traballo zona intermareal (29 Abril)

1º Bac.-Itinerario no Barbanza (1 Xuño)

Construímos unha charca!!

Co asesoramento da responsable do proxecto "Charcas con vida" de ADEGA, o pasado mércores 30 de Abril completamos o proceso de construción da nosa charca. Grazas a tod@s.

****

 

VER AQUI GALERÍA DE IMAXES

16-Maio-2014 Xa temos bicheria na charca do Chao. De momento larvas de dipteros , de orixe evidentemente aerotransportado. Están ben vivas, como podes comprobar se te achegas á charca,... ou se observas a súa circulación sanguínea, neste vídeo feito no laboratorio:

****

 

Proxecto "unacebraenelagua"

cebra

Este
curso o alumnado de 4º ESO participa no proxecto promovido polo grupo
Acuigen do Departamento de Xenética da USC. O acuario está instalado no
laboratorio de Bioloxía.

Proxecto "unacebraenelagua"

cebra

Este curso o alumnado de 4º ESO participa no proxecto promovido polo grupo Acuigen do Departamento de Xenética da USC. O acuario está instalado no laboratorio de Bioloxía.

IX Olimpíada de Bioloxía - Fase Galega

Foi na facultade de Bioloxía sa USC o pasado venres 17 de Xaneiro cando se celebrou a fase galega da olimpiada deste ano. Cada un dos 32 centros participantes podía presentar un máximo de 4  candidatos, seleccionados en base ás cualificacións do curso pasado na Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bac. A nosa actual promoción de Bioloxía contaba con aspirantes de sobra, así que houbo que escoller o cuarto participante mediante un sorteo, quedando de suplente unha quinta persoa.

Na foto tendes aos nosos representantes vestidos elegantemente para a ocasión (con pantalón longo e todo), pero hai unha persoa empotrada, que pasaba por alí para saudar. QUEN É O ALIEN? Escollendo o seu nome na seguinte lista saberás o nome do suplente (que non aparece na imaxe)

Olimpiada Bioloxía 2014

 

XIANA

GONZALO

ANXO

MIGUEL

JAVIER

data de exame

o examen de bioloxia é o dìa 17 de dec: temas1,2 3,

Data de exame de 1º de ESO da 1ª Avaliación (2º control)

O exame de Ciencias Naturais de 1º de ESO será o vindeiro mércores 4 de decembro.

SCIENTIA o blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo

(Preme na foto para acceder)

Espazo para artigos de ciencia feito polo alumnado de 1º Bac. Colaboran os departamento de linguas, xa que tamén hai entradas en Inglés e Francés.

 


 

 

QUE FRACTALIDADE! Aportación á semana da ciencia de 2010 con motivo da morte de Benoît Mandelbrot: exploración no carácter fractal da pintura de Jackson Pollock.

**

Que fractalidade! : Pollock e Mandelbrot from Nicolás Lucas on Vimeo.

**

Intermareal 2011

Finalmente, tivemos tempo soleado, pero a primeira hora había inversión térmica e a visibilidade na Pedra da Rá non era boa. Ao fondo está o complexo dunar de Corrubedo e a lagoa de Carregal.

3-05-2011 Pedra da Ra

Máis fotos en Galería

Distribuir contido