Actividades

Construímos unha charca!!

Co asesoramento da responsable do proxecto "Charcas con vida" de ADEGA, o pasado mércores 30 de Abril completamos o proceso de construción da nosa charca. Grazas a tod@s.

****

 

VER AQUI GALERÍA DE IMAXES

16-Maio-2014 Xa temos bicheria na charca do Chao. De momento larvas de dipteros , de orixe evidentemente aerotransportado. Están ben vivas, como podes comprobar se te achegas á charca,... ou se observas a súa circulación sanguínea, neste vídeo feito no laboratorio:

****

 

IX Olimpíada de Bioloxía - Fase Galega

Foi na facultade de Bioloxía sa USC o pasado venres 17 de Xaneiro cando se celebrou a fase galega da olimpiada deste ano. Cada un dos 32 centros participantes podía presentar un máximo de 4  candidatos, seleccionados en base ás cualificacións do curso pasado na Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bac. A nosa actual promoción de Bioloxía contaba con aspirantes de sobra, así que houbo que escoller o cuarto participante mediante un sorteo, quedando de suplente unha quinta persoa.

Na foto tendes aos nosos representantes vestidos elegantemente para a ocasión (con pantalón longo e todo), pero hai unha persoa empotrada, que pasaba por alí para saudar. QUEN É O ALIEN? Escollendo o seu nome na seguinte lista saberás o nome do suplente (que non aparece na imaxe)

Olimpiada Bioloxía 2014

 

XIANA

GONZALO

ANXO

MIGUEL

JAVIER

SCIENTIA o blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo

(Preme na foto para acceder)

Espazo para artigos de ciencia feito polo alumnado de 1º Bac. Colaboran os departamento de linguas, xa que tamén hai entradas en Inglés e Francés.

 


 

 

QUE FRACTALIDADE! Aportación á semana da ciencia de 2010 con motivo da morte de Benoît Mandelbrot: exploración no carácter fractal da pintura de Jackson Pollock.

**

Que fractalidade! : Pollock e Mandelbrot from Nicolás Lucas on Vimeo.

**

Intermareal 2011

Finalmente, tivemos tempo soleado, pero a primeira hora había inversión térmica e a visibilidade na Pedra da Rá non era boa. Ao fondo está o complexo dunar de Corrubedo e a lagoa de Carregal.

3-05-2011 Pedra da Ra

Máis fotos en Galería

ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA

Actividade de campo e laboratorio na Estación de Hidrobioloxía "Encoro de Con" (EHEC) da USC. Martes 29 de Marzo.                 

4º ESO Intermareal en Aguiño

Localización zona de traballo

Localización da zona de traballo en Aguiño

 
 

4º ESO B no mirador: contexto xeomorfolóxico

Fuel

Na praia quedan restos de fuel do Prestige

Carpobrotus é unha especie invasora

 

Comezo do traballo na zona supralitoral

Meso

Continuación na mesolitoral

Especies en infralitoral

Na zona mesolitoral inferior a diversidade é superior

Actinia

Actinia

 

Distribuir contido