Libros de texto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018-19

A Orde do 09 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio de 2018) regula o procedemento para solicitar os libros do fondo solidario e as axudas para material escolar para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

  1. O prazo para solicitar as axudas vai entre o día 22 de maio e o 22 de xuño de 2018.

  2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática Fondolibros(https://www..edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https ://sede.xunta.gal). Opcionalmente poderanse presentar no IES.

  3. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365( https://sede.xunta.gal/chave365).

  4. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

  5. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo ( http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.

  6. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agas que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2016. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2016.

  7. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

  • Anexo II ( comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2016.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado de Convivencia
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da famlia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí.

 

LISTAS DEFINITIVAS DE LIBROS CONCEDIDOS. FONDO LIBROS XUNTA DE GALICIA

As seguintes listaxes corresponden a concesión de libros para los alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria a través do sistema Fondo de libros da Xunta de Galicia.

Estos libros serán repartidos entre o luns, día 18 e o martes, dia 19 de setembro. Nos niveis de 2º e 4º de ESO os fondos do centro son limitados. Esto implica que a Consellería ampliará estos fondos pero os alumnos e alumnas tardarán uns días en telos ( deben envialos as editoriais os centros). Esperamos que antes do 25 de setembro teñamos todos os libros repartidos. En 1º e 3º de ESO creemos estar en condicións de suministralos todos nos días sinalados.

 

Libros de texto de ESO e Bacharelato para o curso 2017-2018

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2017-2018 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais, de número de alumnado, necesarias para poder impartila.

Listaxes de Alumnado por Grupos e Fondo Solidario de Libros de Texto

IES Pontepedriña

                           Fondo Solidario de Libros de Texto  

 

                                          (premer sobre Libros de Texto  para consultar as listaxes)

                                               dependendo da velocidade da súa conexión á rede, a descarga pode demorar máis tempo do agardado

 

 

Listaxes de Alumnado por Grupos

CURSO 2016-2017

 

(PARA ACCEDER ÁS LISTAXES PREMER SOBRE O GRUPO)

 

Grupos de ESO 1º Ciclo

 

1ºR 1ºS 1ºT 2ºR 2ºS 3ºA 3ºB

 

Grupos de ESO 2º Ciclo

 

4ºA 4ºB

 

Grupos de Bacharelato Primeiro Curso

 

1ºA 1ºB 1ºC 1ºD

 

Grupos de Bacharelato Segundo Curso

 

2ºA 2ºB 2ºC

 

 

 

 

Libros de texto de ESO e bacharelato para o curso 2016-2017

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2016-2017 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso*.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais, de número de alumnado, necesarias para poder impartila.

*  Corrección de erros

Bioloxía e Xeoloxía de 3º de ESO. O ISBN de Bioloxía e Xeoloxía de Editorial Santiallana é o seguinte: 978-84-8224-999-5.   O ISBN do libro de Biology & Geology de Oxford é o seguinte: 978-84-673-5374-7.

 

 

 

Axudas para libros de texto no curso 2015-16

A Consellería de Educación vén de publicar diversas instrucións relativas a axudas para os libros de texto do curso 2015-16. Así, o alumnado que nese ano curse

  • 1º e 3º de ESO: o sistema é similar ao de anos anteriores, de axudas para a adquisición dos libros, e vén regulado pola Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).
  • 2º e 4º de ESO: o sistema será un fondo solidario de libros de texto, regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño). O prazo de solicitude para entrar neste fondo vai do 2 ao 30 de xuño.


Todo o alumnado que foi beneficiario durante o curso 2014-15 das axudas para a adqusición de libros de texto ten a obriga de devolvelos. O incumprimento dese requisito, ademais de invalidar a posibilidade de participar nos sistemas citados, levará ao inicio pola Administración dun expediente de reitegro da axuda concedida.

A devolución dese libros de texto deberá facerse ao profesorado titor o martes 23 de xuño, no momento da recollida das cualificacións. Unicamente se conservarán ata setembro os libros das materias que se deban recuperar nesa convocatoria.

O calendario para os diversos procedementos pode descargarse premendo nesta ligazón. [Nota: A data que figura para a devolución dos libros, de 19 de xuño, debe considerarse que é o 23 de xuño, como se indicou no parágrafo anterior]

Distribuir contido