Curso 2019/20

Teatro Grecolatino en Lugo

Os alumnos de 4º ESO e 1º BAC asistiron o día dous de marzo en Lugo ao Festival de Teatro Xuvenil Grecolatino. Desfrutaron da representación da traxedia grega de Esquilo As Coéforas e a comedia latina de Plauto Gorgojo por parte do grupo de teatro andaluz In Albis, apreciando así a grandeza e a  orixe do teatro occidental.

 E, para poñer en valor a pervivencia das grandes obras públicas romanas da cidade de Lugo, también visitaron o Museo Arqueolóxico Provincial, a ponte Romana (importante punto estratéxico da vía XIX) e as Termas de Lugo con degustación das súas aquas calidas, seguindo deste xeito o  lema romano mens sana in corpore sano.

 E entre tantas augas, incluidas as pluviais con que nos recibiu a capital de Lucus Augusti, unha breve parada gastronómica.

 

Charla no Ciclo de Turismo

Na aula do Ciclo de Turismo comezamos o mes de marzo achegándonos á figura de informador turístico da man de Manuel Guerra, ex alumno e actualmente informador turístico no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Agradecémoslle a Manuel que fixera dese encontro unha xornada tan didáctica e entretida e, por suposto, agradecémoslle tamén a súa predisposición para colaborar sempre connosco.

Xornalismo no Río Cabe

Os pasados 20 e 27  de febreiro, o xornalista monfortino Xabier Quiroga  impartiu no Río Cabe un  obradoiro sobre comunicación e xornalismo dirixido ao alumnado de  3º de ESO, dentro da V Edición do programa “Xornalismo na Escola”, levado a cabo polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “La Caixa”.

Nas xornadas os alumnos aprenderon cales deben ser os valores dun xornalista, (obxectividade, compromiso, honestidade, dedicación, vocación..) e o seu traballo no día a día, falaron sobre o que ten que pasar para que algo sexa noticiable e de como se constrúe unha noticia.

Interesáronse tamén sobre as cifras dos medios de comunicación tanto públicos como privados e comentaron sobre as chamadas “fake news”.

Día Internacional do Guía de Turismo

O 21 de febreiro o Ciclo de Guías, información e asistencia turísticas festexou o Día Internacional del Guía de Turismo #DIGT2020 cunha visita guiada pola cidade de Monforte de Lemos por xentileza da guía oficial, Beatriz Pérez de Máis que Románico.

O eslogan do evento deste ano, #turistaentutierra pon de manifesto o interese de APIT Galicia-Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia- por dar a coñocer aos galegos e galegas o seu territorio.

Aproveitando o significativo do día, reivindicouse a importancia da profesionalidade no sector do Turismo frente a un panorama comprometido polo  intrusismo.

 

Encontros Profesionáis do Sector Turístico

O alumnado do ciclo de Guías, información e asistencia turísticas viaxou a Santiago, mércores 5 e xoves 6 de febreiro, invitados polo IES Rosalía de Castro para asistir a distintos encontros con  profesionáis do sector turístico.

Na primeira xornada, mediación e emprendemento foron os temas abordados polos responsables en Galicia de Costa Cruceros e Politours, ademáis das intervencións da xerente de Viaxes Áncora e da responsable de Estila Azafatas.

O segundo día o encontro versou sobre a acollida e a información ao visitante. Neste caso os relatores foron Silvia Iglesias, directora da oficina de Porto e Norte de Portugal; Fernando Mújico de Turismo de Santiago, Ítalo Péndola como guía oficial de turismo e Tommi Alvarellos en calidade de presidente de APIT – Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia-.

Festival de Entroido

Un ano máis  quixemos celebrar no Río Cabe o Entroido polo que, alumnado e profesorado,nos puxemos  ó  labor o pasado 21 de febreiro. O festival  abriuse  con catro cancións  interpretadas polo  grupo “Os Caralludos do Río Cabe”, formado por Xurxo  (profesor de Física), Antón (alumno de 1º Bac), Ariadna (alumna de 3º Eso) e Adrián (ex -alumno do centro). A todos eles , moitas grazas por ser  a alma da festa.

A continuación o noso director Carlos Parada, que fixo de presentador e animador, foi chamando aos distintos grupos de ESO e BAC ao escenario onde representaron  as súas coreografías.

O 1º  premio correspondeu a 4º Eso- A ; 2º  premio a 4º Eso -B  e  houbo unha mención especial a 1º Bac, que aínda que non contaba saír á escea, fixo sair a medio salón de actos a bailar. Para rematar, tocou turno ao profesorado, a quen acompañou case todo o público no seu baile.

Grazas a toda a comunidade educativa  por facernos pasar uns momentos tan divertidos.

Álbum: Escolares -> Entroido 2020

Polo Respecto e a Igualdade. Representación Teatral de "Golpes"

O alumnado de 1º ,2º e 4º de ESO asistiu, o pasado  20 de febreiro, á representación teatral da obra “Golpes”, monólogo da actriz Estíbaliz Veiga, da compañía aAntena,  que está incluida no Plan Proxecta “Por 365 días de Respecto e Igualdade".

O obxectivo que se busca con esta obra é visibilizar as situacións de desigualdade que aínda se dan na nosa sociedade entre homes e mulleres e amosar as múltiples caras detrás das que se agocha a violencia de xénero. En palabras da propia actriz, “Golpes é unha viaxe na procura dun mundo mellor”.

Despois da obra, actriz e alumnado tiveron uns momentos para comentar e reflexionar sobre as  situacións representadas, moi similares ás que por desgraza suceden na vida real.

Titoría entre Iguais - Programa TEI

Dende principios do segundo  trimestre do presente curso  púxose en marcha no Río Cabe o programa TEI (Titoría entre Iguais), co obxectivo de  mellorar a convivencia entre o alumnado do centro.

O alumnado de terceiro da ESO actuará, de xeito voluntario, como titor ou colaborador do alumnado de 1º da ESO neste primeiro ano , e no próximo curso ampliarase a 4º  e 2º ESO.

Para poner en marcha o programa quixemos contar coa colaboración das familias, e para eso foron convocadas a unha reunión coa dirección do centro e co equipo TEI  a principios do mes de febreiro, onde se lles informou do contido do programa e as ventaxas de poñelo en funcionamento. A súa resposta foi, en xeral ,moi positiva.

Despois de varias sesións informativas e outras de actividades de interacción entre titor/a- titorando/a, o  día 7 de febreiro fíxose entrega dos diplomas acreditativos  aos titores TEI .

XI Olimpiada de Xeoloxía

O pasado 12 de febreiro, 12 alumnos e  alumnas  de 1º de Bacharelato do IES Río Cabe participaron na XI Olimpiada de Xeoloxía que se levou a cabo na Facultade de Ciencias da  cidade de Ourense e na que participaban estudantes de toda Galiza. O alumnado foi acompañado da súa profesora da asignatura, María Padrón.

Durante toda a xornada, os estudantes tiveron que traballar en grupos e resolver os distintos retos que se lles encomendaron. Foi un día intenso, emocionante e tiveron que poñer a proba a súa capacidade de traballo en equipo e baixo presión. A pesar de non gañar, a experiencia foi moi enriquecedora, didáctica e divertida. Noraboa  a todos eles.

Exposición "Personas Extraordinarias"

Os alumnos de 2º Eso e 1º de Bac asistiron o pasado 14 de febrero, na casa de cultura de Monforte, á exposición “Personas Extraordinarias: Diversidad y Discapacidad”, exposición creada polos usuarios do Centro de Discapacidade Física de Bóveda.

Pretendemos visibilizar con esta visita a diferencia entre discapacidade e  diversidade funcional das persoas anteriormente tachadas de "discapacitados, retrasados, minusválidos....", términos estigmatizados que na actualidade se sustitúen polo concepto de "diversidade funcional". A  linguaxe é  fundamental para evitar os estigmas e favorecer a comunicación inclusiva.
Trátase  de reflectir como a diversidade funcional  dos usuarios de Bóveda non supuxo unha limitación á  hora de alcanzar os seus logros.

 

Distribuir contido