Curso 2019/20
Concerto TODO É PERCUSIÓN
Os alumnos de 2º ESO acudiron, na mañá do pasado venres 15, ao salón de actos do edificio Multiusos de Monforte para disfrutar do concerto didáctico TODO É PERCUSIÓN.
O concerto foi interpretado por DÚAS, Marta Figueiredo y Sabela Caridad, ambas percusionistas, e dúas bailarinas de ballet contemporáneo, Estefanía Gómez e Alba Fernández, que conforman o dúo ERIXE.
Os alumnos, acompañados de dúas das súas profesoras, puideron disfrutar dunha demostración de Arte Total, a través da fusión das distintas artes: música, danza e teatro.
Celebración do San Martiño
San Martiño de mañá ….
O pasado día 11 de Novembro foi unha xornada festiva no Cabe. Toda a comunidade educativa se reuniu para a celebración do San Martiño, e profesores, alumnos e persoal non docente compartimos música, cancións tradicionáis e productos típicos da temporada: bolos preñados, bica e chocolate quentiño para combatir o frío que xa se deixa notar.
Eva Dios, xefa do departamento de música, encargouse das distintas actuacións de alumnado tanto de Eso como de Bac.
Vídeo coas actuacións musicais:
E de tarde...
Máis cine...por favor
E se é cine de calidade, como a película que foron a ver alumnos de 2º de Bac e 4º de Eso o pasado mércores, moito mellor.
“Mientra dure la guerra” é o último filme de Alejandro Amenábar no que o director nos mostra a España de 1936, os comenzos da Guerra Civil e a figura do escritor e intelectual Miguel de Unamuno.
O alumnado foi acompañado de Anuncia Méndez, profesora de Xeografía e Historia, quen lles serviu de guía contextualizando o que a película nos amosa.
Visita Adega Algueira
Dunha intensa tarde de outono disfrutamos o grupo do Ciclo de Turismo na visita á Adega Algueira.O proxecto da empresa de apostar por unha viticultura identitaria do territorio conta co valor engadido dunha oferta complementaria como as visitas aos viñedos e á adega, a organización de catas, o servizo de restauración ou o paseo en barco polo Sil.Que doado resulta escoitar cando o narrador desborda tanta paixón!
Fernando, grazas por compartir xenerosamente o teu tempo e a túa historia connosco e, sobre todo, grazas por emocionarnos!!!
O noso Samaín
O alumnado de 1º de ESO e o da asignatura de Valores de 2º ESO participou o pasado mércores 30 de outubro na actividade “O noso Samaín: Historias á luz do lume” , promovida pola biblioteca do centro eambientada para a ocasión. A contacontos Teresa Grau, membro da “Red Internacional de Cuentacuentos” foi a encargada da representación de varias historias que encandilaron e “aterrorizaron” aos máis pequenos.
Doce Halloween
O pasado mércores, 30 de outubro, o alumnado dos módulos I e III da ESA desprazouse ata a Escola Oficial de Idiomas de Monforte para celebrar , dun xeito moi doce, o Halloween.Coa axuda do profesorado da escola, os alumnos realizaron distintos postres típicos desta festividade;biscoitos, cremas de chocolate, cupcakes e muffins foron algún dos postres que saíron baixo o paraugas da lingua de Shakespeare.Como colofón, tanto alumnos como profesorado deron boa conta deles!
Charla seminario: Introdución á Economía Social
Dentro do Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvemento Sustentable na Galiza Rural e promovido pola sociedade chantadina Lugar da Veiga, levouse a cabo a semana pasada, no salón de actos, o seminario Introdución á Economía Social, dirixido ao alumnado de Ciclos e Ensinanzas de Adultos.
A xornada de formación correu a cargo de Rosa Álvarez, consultora de Espazo Coop e contou coa colaboración de Semente Monforte.
A formación continuará con tres seminarios prácticos nos que un grupo dos nosos alumnos elaborarán un plan de empresa de economía social no ámbito rural.
Días de Cine
Onte pola tarde o alumnado de Bacharelato de diúrno e nocturno do noso centro, acompañados de catro das súas profesoras, compartiron unha sesión de bo cine galego nos multicines Hollywood. A película elixida foi “O que arde”, do director Oliver Laxe, onde se plantexa, dende varias perspectivas, a problemática do lume en Galicia. Sen dúbida un tema que nos atañe a todos e un punto de partida para comezar a reflexionar.
Visita ao MUFERGA
O CS de Guías, Información e Asistencia turísticas comezamos as saídas didácticas do curso 2019/20 cunha visita ao MUFERGA –Museo do Ferrocarril de Galicia-.
Na visita guiada puidemos coñecer os antigos centros de mando ferroviarios, contemplar a popular locomotora a vapor Mikado ademais doutras locomotoras diesel, sorprendernos co luxoso coche-salón presidencial ZZ1 e co vagón do Lusitania Express no que o rei Juan Carlos retornou do seu exilio en Portugal.
E, como non podía ser doutro xeito, subimos ao tren. A viaxe foi moi curta pero o desprazamento á rotonda coa praia de corenta vías enlazadas por unha ponte xiratoria resultou moi interesante.
Esta visita resulta imprescindible para coñecer a historia e a trascendencia que tivo o ferrocarril para a cidade de Monforte de Lemos.
Excursión 1º ESO
O pasado 3 de outubro o alumnado de 1º de ESO do Río Cabe participou, xunto con outros dezasete centros educativos de Monforte e comarca, na IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, invitado pola asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.
O alumnado partiu, acompañado de tres das súas profesoras, de Cereixa, no concello de Póboa de Brollón e rematou no Parque dos Condes, onde a actividade incluía a participación nun programa de radio sobre o Camiño así como a representación dunha obra de teatro de títeres.
A xornada foi un éxito, tanto pola camiñata en sí, como por ser unha actividade compartida con moitos compañeiros. Dende o Río Cabe agradecemos á asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra por ternos convidado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »