Curso 2020/21

Curso 2020/21

Obradoiro "Ti sí que es un bo peixe"

Os Os alumnos de 3º de ESO participaron os  días 24 e 26 de maio nun programa chamado “Ti sí que es un bo peixe”, creado pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia e incidir e equilibrar nas súas dietas alimentarias. O programa constou de dúas partes: un obradoiro, dunha hora de duración e  levado a cabo por dous biólogos galegos,que sev centrou en dar a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar, peixes e mariscos representativos do mar de Galicia.

 

 

A segunda parte, o  día 26 de maio, na que  os alumnos de 3º de ESO, continuaron co desenvolvemento do programa, participando nunha excursión virtual a varias localizacións mariñeiras onde visualizaron distintas especies do fondo mariño e  a súa extracción e comercialización. Despois os alumnos levaron a cabo unha actividade de recoñecemento de bivalvos. Coa axuda de calibres explicouse a forma de medir o tamaño mínimo de das diferentes especies incidindo na importancia de cumprir e respectar os tamaños mínimos. Por último, antes de rematar a xornada lectiva se lles entregou a cada participante unha bolsiña  dun catering coas preparacións realizadas a base de peixe.

 

 

 

Camiñata a Camporrío

 

O alumnado de 1º BAC realizou unha camiñata organizada polos departamentos de Xeoloxía e Educación Física para coñecer o Pregamento Xeolóxico de Camporrío, na parroquia monfortina de A Parte. O alumnado foi acompañado de catro dos seus profesores.

 

Unha clase ó aire libre que resultou moi positiva a todos os niveis.

Aprendendo linguaxe visual co praxinoscopio

     Traballando sobre a percepción do movemento aparente, esto é, a que se obten a partires da observación de secuencias de imaxes estáticas.

 No 1877, o francés Émile Reynaud, presentou o Praxinoscopio. Consistía nun tambor xiratorio cun anel de espellos colocado no centro e os debuxos colocados na parede interior do tambor. Según xiraba o tambor, os dibuxos parecían cobrar vida. 

 Este xoguete científico con imaxes animadas fainos crer que vemos imaxes en movemento, e para mostra este divertimento do alumnado de EPVA.

 


2º Bac - Día de Graduación

 A promoción 2015 -2021 do IES Río Cabe celebrou onte o seu acto de graduación no salón de actos do edificio multiusos de Monforte. Os 57 alumnos e alumnas, acompañados de dous dos seus familiares, puideron reunirse para tal evento, seguindo as normas que a situación sanitaria esixe.

 O acto comezou cos descursos do director, Carlos Parada,  e alumnado, Iván Castro, Andrea Ilas e Iván Vázquez,  ós que  seguiu un emotivo vídeo co resumo en imaxes  de seis intensos anos das súas vidas; trala entrega de bandas e  títulos, e nun ambiente de  nervosismo e ledicia, continuou unha animada actuación musical de profesor (Xurxo), alumnos  (Aldán, Antón, Ariadna e Iago) e exalumno (Adrián), a quenes agradecemos, unha vez máis, o seu esforzo e paixón.  

O evento rematou  coa entrega dun agasallo por parte dos  alumnos e alumnas ás súas titoras e coa foto de todos eles.

 Dende o Río Cabe agradecemos ó Concello, a Javier, Carlos, ó alumnado, ás familias e a todo o profesorado, a súa colaboración e apoio  nun día tan sinalado e que permanecerá na memoria de toda a familia riocabense. Grazas.

E lembrade, rapaces, agora que vos toca voar, sede libres e responsables!!

 

 

Letras Galegas no Cabe

 

Onte celebramos no Cabe un festival para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xela Arias. Para tal fin, un ano máis contamos coa presenza do noso grupo particular “Os Caralludos do Río Cabe ” capitaneado por Xurxo e con Adrián, Antón, Ariadna, Iago,  a quenes este ano se uniu unha profesora máis, Paula. A súa música sempre nos alegra e fai desfrutar, pero este ano ademáis nos é sanadora, un bálsamo para o ánimo e  unha inxección de enerxía. Grazas ó equipo por facer catro pases para que todos os alumnos puidesen desfrutar con eles.

Durante o festival levouse a cabo unha lectura de poemas, de xeito individual e colectivo,  da autora a quen se adica este ano o día das letras.

Por outra banda na biblioteca houbo, durante a semana das letras, unha exposición sobre a vida e obra da escritora sarriana, que todos os alumnos visitaron acompañados polas súas profesoras de galego.

 

 

Musiqueando en las redes

 

O pasado mércores, 5 de maio, os alumnos de música de 4º da ESO participaron no “Musiqueando  en las redes”, unha iniciativa promovida desde a COAEM adaptada ás circunstancias que estamos a vivir pola pandemia. A través dunha videoconferencia puidemos aprender coreografías orixinais de percusión corporal realizadas en directo por Santi Serratosa.

 A intención do Musiqueando en anos anteriores foi sempre facernos visibles nas rúas das nosas ciudades, dando mostra do traballo que realizamos nas aulas de música.

Este ano tamén daremos esa proxección pero a través das redes sociais, subindo a gravación destas coreografías na última semana de maio. Os alumnos do Río Cabe uniranse a dita participación  para dar reflexo do importante que é a música na vida de toda a sociedade.

  

Día do Libro: Pegadas de Shakespeare

Para celebrar o Día Internacional do Libro, 23 de abril,  o departamento de inglés, en colaboración co  departamento de plástica, propuxemos a elaboración dun vídeo con textos do máis importante autor da literatura inglesa, William Shakespeare, no que os nosos alumn@s recitasen fragmentos das súas obras máis coñecidas.

Para a súa elaboración, estudantes  de varios cursos se prestaron a ser actores por un día, e guiados polo noso artista particular, Bernardino, regaláronnos unha delicia para ver e escoitar.

                           Moitas grazas a todos eles e parabéns polo seu traballo!!!

Día Internacional do Libro: II Concurso de Microrrelatos

 Por segundo ano consecutivo, o concurso de microrrelatos que celebramos no Río Cabe para celebrar o Día Internacional do Libro foi un éxito de participación, tanto de profesorado como de alumnado. Dende o centro queremos agradecer ós participantes os seus traballos e felicitalos polo alto nivel alcanzado.

  Os relatos gañadores foron os seguintes:

 

             1º Premio: “Un  libro de aventuras” de Banshee

 

             2º Premio: “Un día cualquiera” de Cacete Vôcé

 

             3º Premio: Compartido por dous participantes:

 

                         “The locked door”  de Marte 10

 

                          “Niñez” de Xacia da Vila

 

             Accésit: “Historia de un libro abatido” de J. Manrique

 

            Accésit: “Palabras para cualquiera” de Pitufa

 

  

 Parabéns ós gañadores e ó resto dos participantes!!! Lembrade que esperamos contar coa vosa participación en edicións vindeiras .

 

 A continuación podedes ler os relatos gañadores:

 
 
 

UN LIBRO DE AVENTURAS

 

 

Quiero escribirte un libro de aventuras.

 

 Por introducción, un montón de hojas enteras empapadas de largas conversaciones bajo la lluvia ¿El nudo? En la garganta. El ritmo narrativo, lento, para así poder bailar contigo las canciones que no se atrevieron a desafiar el tiempo. El espacio no importa, siempre solemos perdernos en nuestros ojos. No sé quiénes serán los personajes, pero nosotros seremos los protagonistas.

 

Voy a escribirte un libro de aventuras, y así vivirlas contigo para siempre.

 

Banshee

 

 

 

 

 

UN DÍA CUALQUIERA…

 

 

Todos los días me levanto temprano, me ducho, desayuno, voy al instituto Río Cabe.

 

Subo las escaleras, abro la puerta de clase, me siento en mi silla y al coger el primer libro….

 

 DESAPAREZCO.

 

 

                                                                                                                                                       Cacete vôcé.

 

 

   

 

The locked door

 
 

Days after our move, I decided to explore the house. I traversed a long corridor until finding a locked door in which doorstep was a page from a newspaper, it narrated the discovery of a body in that house. I was frightened, and I looked for the date of publication but I didn ́t find it, so I entered. The door scretched and I found a small book on the floor. There were hardly any pages written on it. I was horrified: they recounted the story of a girl of my age that moved to that house, I supossed years ago, but I was even more terrified when I knew the girl found that room and book. Suddenly, the door closed. The person who appeared in the newspaper was ME.

 

                                                                                                                                                                                           Marte10

 

 

 

Niñez.

 

 

Niñez. Las canciones que bailé tímidamente y ahora vivo con intensidad. Escuchar mi respiración,  tomar aire. Orientar la cara al sol para sentir su calor. Paladear el cariño.

 

Al principio fue una posibilidad, pero terminó por ser una palabra escrita en un papel; dolía al leerla. Especialmente cuando vi la preocupación en la cara de mis seres queridos.

 

Una burbuja. Así se sobrelleva la parte del diagnóstico y un apunte nuevo en el libro de tu vida, el trauma causado. Las cicatrices físicas duelen primero, después afloran las que no se ven.

 

 Soy una de cada ocho. Cáncer de mama.

                                                                                                         

                                                                                                                                                    Xacia da Vila

 

 

 

 Historia de un libro abatido

 

 

Yo soy el río; Miedo es mi acompañante.

 

Un señor entrometido, obstinado e hiperactivo que me  sigue durante mi travesía a la mar.

 

                                                                                 

                                                                                     J. Manrique

 

 

  

                                               PALABRAS PARA CUALQUIERA

 

 

Un día hubo un incendio en la biblioteca más grande de una enorme ciudad. Cuando el fuego se hubo apagado, se podía divisar al viejo bibliotecario rebuscando entre las cenizas. Un niño que pasaba por allí se acercó y le preguntó:

 

- Señor, ¿por qué se empeña en tratar de rescatar esos libros viejos y calcinados cuando puede conseguir unos nuevos en una librería?

 

El anciano lo miró y le contestó:

 

- Los libros son como los animales, muchacho. Cuanto más tiempo llevan sobre el planeta, más sabios son. - Saca uno de debajo de una estantería hecha añicos. - Este, por ejemplo, ya tiene otra historia más que contar.

                                                                                                                                                                            Pitufa

Charlas de Orientación universitaria

O venres 23 de abril puidemos conta no Río Cabe coa presenzado monfortino  César Vila, licenciado en ciencias políticas e asesor no parlamento europeo durante  cinco  anos.

 Dentro das charlas informativas  que se imparten no centro como parte do programa de orientación universitaria, César compartiu co alumnado de 1º de Bac a súa experiencia primeiro como alumno da carreira  de Políticas (as asignaturas que cursou, o seu ano de Erasmus na República Checa, as prácticas no parlamento galego ..)   e logo como asesor no parlamento  en  Bruxelas, as dificultades que atopou e a aprendizaxe que supuxo o desempeño dun traballo de gran responsabilidade.

Ó final, os alumnos  pudieron preguntar sobre distintas  cuestións e aclarar as súas dúbidas.

 

 

Agradecemos a César a súa desinteresada colaboración e esperamos contar con el en ocasións vindeiras.

 

 

"Star Wars: O imperio dos datos"

 O pasado venres 9 de abril, o alumnado de 1º de Bac  asistiu dende as súas respectivas aulas á  videoconferencia “Star Wars, o imperio dos datos” , organizada pola USC.       

 O obxectivo da charla foi dar a coñecer a importancia da Estatística como disciplina científica así como a  análise de datos,( datos que ofrecen solucións prácticas moi interesantes en campos como a mediciña, economía, deporte, redes sociais ou neurociencias).

 Ambientada na coñecida saga cinematográfica Star Wars e empregando un enfoque baseado na metodoloxía ‘aprender-xogando’, o seu formato innovador atraiu o interese dos estudantes, fomentando  a súa participación e transformándoos en estatísticos por un día.

 

   

  

 

 

Distribuir contido