Curso 2023/24

ESO: Luísa Astray. Xornadas prevención conduta aditiva

Curso 2023-2024

Durante este curso 2023/2024 estamos a levar a cabo nos cursos da ESO xornadas de prevención de conduta aditiva da man de Luísa Astray.

O álbum elixido (aid = 415) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

4º ESO. Relatorio Forzas Armadas

21.03.2024

 

Na mañá do 21 de marzo o alumnado de 4º ESO acudiu a un relatorio das Forzas Armadas. Dende a Subdelegación de Defensa de Lugo acompañáronnos no IES Río Cabe a Subtenente do Exército do Aire e do Espazo dona Marta Méndez Rodríguez, e a Soldado dona Miren Maite Novo Aramburu. Elas explicáronlle ao alumnado os pasos que se deben seguir para formar parte das Forzas Armadas, os diferentes rangos que existen e as probas que se deben realizar. así como as súas experiencias dentro das Forzas Armadas. Moitas grazas por acudir ao IES Río Cabe!

Álbum: Escolares -> 2024_03_21_2ª AVA_4º ESO_Relatorio Forzas Armadas_Orientación

Todos os cursos. Canguro matemático

21.03.2024

O álbum elixido (aid = 412) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

4º ESO e 2º Bacharelato: espectáculo A todo Risco

20.03.2024

O alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato acompañado das súas profesoras de Lingua Galega e Literatura, Pilar Martínez, Ana Otero e Sara Porrit, acudiron á Casa da Cultura Lois Pereiro para gozar do espectáculo teatral "A todo Risco" que Pepe Rodríguez da Fundación Vicente Risco trouxo a Monforte de Lemos. O monólogo literario estivo a cargo do actor Avelino González onde se mesturou humor, literatura da Xeración Nós, lingua e curiosidades da vila Monfortina.

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_20_2ª AVA_4º ESO_2º Bach_Espectáculo A todo Risco_LGL

2º Bacharelato: Visita o Campus de Ourense (UVigo)

19.03.2024

 

O alumando de 2º Bacharelato, acompañado da profesora Fe Tellado, visitou o Campus de Ourense (UVigo) onde puideron coñecer de primeira man as facultades e ter información sobre os diferentes graos que neste campus se ofertan. Foi unha mañá moi produtiva. Esta actividade enmárcase dentro do ciclo que as universidades de Galicia ofrecen aos centros educativos para que poidan visitar os seus campus.

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_19_2ª AVA_2º BACH_Visita Campus de Ourense_UVigo_Ourense

4ºESO_1ºBach_2º Bach: Economía. Global Money Week. BDE

18.03.2024

O Plan de Educación Financeira levou a cabo un obradoiro no IES Río Cabe de Monforte de Lemos, Instituto gañador do “Concurso Nacional de Conocimientos Financieros 2023”, o pasado luns 18 de marzo.

O Plan de Educación Financeira, promovido pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o Banco de España (BdE) e o Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, é a estratexia nacional de educación financeira en España, deseñada ao amparo dos principios e recomendacións da OCDE sobre esta materia. Este Plan ten como principal obxectivo mellorar a cultura financeira da cidadanía e, para iso, tanto as entidades promotoras como os colaboradores do Plan desenvolven diversas actividades, algunhas dirixidas á poboación en xeral e outras dirixidas a colectivos específicos (persoas maiores, persoas vulnerables, estudantes en etapa escolar ou universitaria, etc.). Todo isto co obxectivo de que adquiran coñecementos, comportamentos e actitudes que lles permitan tomar decisións financeiras axeitadas ao longo da súa vida, así como desenvolver hábitos financeiros saudables e coñecer as oportunidades e riscos dos produtos financeiros.

O obradoiro tivo lugar o día do estreno da duodécima edición da Global Money Week, evento organizado pola OCDE para promover a educación financeira entre a mocidade, que ten lugar do 18 ao 24 de marzo de 2024, e que estivo dirixido ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, coa finalidade de concienciar sobre a importancia de saber xestionar adecuadamente as súas finanzas persoais. Neste obradoiro abordouse como tema fundamental a prevención da fraude, tendo en conta o lema deste evento na presente edición: “Protexe o teu diñeiro, asegura o teu futuro”.

Autoridades que asistiron ao obradoiro:

- Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

- Gloria Prada Rodríguez, 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

- Inmaculada Fernández Teijeiro, Subdirectora Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.

Javier Bernardo,Director da sucursal do BdE na Coruña.

- Sagrario Sánchez Ramil, Xefa Territorial da Consellería de Educación en Lugo.

- María Bóveda González, Inspectora de Educación.

- Roberto España Seijas, Ponente do BdE e “Jefe de la División de Educación Financiera del BdE”.

- María Menéndez Becker, Ponente do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa. “Jefa de Servicio en la Subdirección General de Finanzas Sostenibles y Digitales”.

 

Fotografías: Fotografía Chema (Monforte de Lemos) 


Ligazóns con novas sobre a xornada
:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42673

https://www.agalega.gal/videos/detail/130910-telexornal-mediodia-18-03-2024  MINUTO 45

https://www.agalega.gal/videos/detail/130955-clip-telexornal-mediodia-accesible-18-03-2024

https://www.agalega.gal/videos/category/16560-telexornal-mediodia

https://www.g24.gal/-/premian-os-conecementos-financeiros-dos-estudantes-de-monforte

https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/ies-rio-celebro-taller-educacion-financiera-80-alumnos/202403191232431740759.html

https://www.monfortedelemos.es/es/noticias/2024/la-teniente-de-alcalde-participa-en-inauguracion-acto-promocion-cultura-financiera-en-ies-rio-cabe-dirigido-al-alumnado-4-eso-y-bachillerato

https://galiciaxa.com/2024/03/rsxa/zonas-rsxa/monforte-rsxa/260946/

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/monforte-lemos/audios-podcast/mas-uno-monforte-lemos-15032024_2024031565f44c3bdac83100017239ae.html

https://www.noticiasvigo.es/la-xunta-destaca-el-buen-ejemplo-del-equipo-monfortino-ganador-del-certamen-nacional-conocimientos-financieros/amp/

https://www.finanzasparatodos.es/talleres-en-los-centros-finalistas-del-concurso-de-conocimientos-financieros-por-la-global-money-week

Álbum: Escolares -> 2024_03_18_2ª AVA_4º ESO - 1º Bach - 2º Bach_Economía_Banco de España

1º Bacharelato. Parlamento Xove. O Carballiño

15-16.03.2023

 

O 14 de marzo estivemos preparando os últimos detalles para participar o 15 e o 16 de marzo de 2024 no Parlamento Xove no Carballiño. O alumnado de 1º Bacharelato participante representará ao IES Río Cabe neste encontro. Moita sorte! 

O 15 e o 16 de marzo levarase a cabo o Parlamento Xove no Carballiño onde o alumnado de 1º BACH, acompañado das profesoras Pilar Martínez e Sara Porrit, representará ao IES Río Cabe.

 

 

Achegamos as ligazóns para seguir a fase clasificatoria da categoría da Bacharelato en streaming por salas:

SALA A: https://www.youtube.com/live/gsKvuROCNbU?si=r106DxarrPGPGE2O

SALA B: https://www.youtube.com/live/aJNcEnmDPt0?si=BGVvR1bP6N_h2Pqf

SALA C: https://www.youtube.com/live/0YeM2Q4D8pI?si=xbEjQszSZuAPL9Bz

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_15-16_2ª AVA_1º BACH_Parlamento Xove_O Carballiño

3º ESO e 1º Bacharelato. Intercambio co Lycée Edouard Branly de Châtelleraut (Francia). Departamento de Francés

13-22.03.2024

 

DÍA 1: 13-14 de marzo de 2024

Varias alumnas e alumnos de 3º ESO e 1º Bacharelato acompañados da nosa profesora de Francés do IES Río Cabe, Maite Vidal, comezamos a viaxe para participar no intercambio co alumnado do Lycée Edouard Branly de Châtelleraut (Francia). No intercambio tamén participa o alumnado do IES A Pinguela davila monfortina.

Saímos de Monforte de Lemos o 13 de marzo ás 22:00 horas. A viaxe en autobús transcorreu con normalidade.
Chegamos a Bordeaux ás 10:00 da mañá do día 14 de marzo e visitamos a vila, xantamos e ás 14:00 h. continuamos cara Châtellerault.

 

DÍA 2: 15 de marzo de 2024

Pola mañá visitamos o instituto co que realizamos o intermcambio, Lycée Edouard Branly de Châtelleraut, e despois fomos todos xuntos, alumnado e profesorado galego e francés a Futuroscope ond compartimos e gozamos dunha xornada de convivencia. Durante a fin de semana o alumnado estará coas familias francesas.

 

DÍA 3 e DÍA 4: 16 e 17 de marzo de 2024

Fin de semana. Convivencia coas familias francesas.

 

DÍA 5: 18 de marzo de 2024

Visita de l'Abbaye Royale de Fontevraud pola mañá.

Pola tarde, xantar e visita a Poitiers. Regreso coas familias ás 17:30 horas.

 

DÍA 6: 19 de marzo de 2024

Nesta sexta xornada de intercambio o alumnado visitou as ruínas do Vieux Poitiers e dun anfiteatro galo romano.

Despois achegáronse al lugar onde tivo se desenvolveu a Bataille de Poitiers e a continación coñeceron Réserve naturelle du Pinail.

Xantaron en Châtellerault e, pola tarde, visita a L’École du Cirque (Escola de Circo) e Le Musée de l'Art et de L'industrie (O Museo de Arte e Industria). Foi unha xornada completa cun tempo solleiro de 18 graos; a primavera xa peta na porta! Mañá, 20 de marzo, tomaremos rumbo a París.

 

DÍA 7: 20 de marzo 2024

Chegamos a sobre ás 13:00 h. a París, xantamos nos Jardin du Luxembourg e logo vimos La Sorbonne, la Fontaine Saint Michel e ás 15:00 h. gozamos dun paseo polo Seine. A continuación visitamos o Hôtel de Ville, o Centre Pompidou e a Fontaine Stravinsky. Ás 18:00 h estivemos en Montmatre onde deixamos un candado co nome do IES Río Cabe (podedes ver a foto na galería de imaxes do IES Río Cabe xunto ao resto das fotos desta marabillosa viaxe!).

Pola noite vimos o cambio de luces da Tour Eiffel. Outra xornada intensa pero inolvidable! 

 

DÍA 8: 21 de marzo 2024

 Último día en París, a nosa primeira visita foi  o Louvre. Xantamos e, a continuación, desfrutamos dun paseo polos Jardins des Tuileries. Despois Place de la Concorde,  Champs-Élysées, Arc du Triomphe e rematamos na Tour Eiffel. 

 DÍA 9: 22 de marzo 2024

Viaxamos de noite de volta a Monforte de Lemls, chegamos ás 15:00 h. Unha viaxe inolvidable, chea de anécdotas, novas experiencias e novas amizades. 

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_13-22_2ª AVA_3º ESO_1ºBach_Francés_Intercambio co Lycée Edouard Branly de Châtelleraut (Francia)

3° ESO. Obradoiro do CIM: Hackeando ao machismo

12.03.2024

 

O alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro donCentro de Información á muller denominado: Hackeando ao machismo. Foi moi interesante e cunha chea de coñecementos que lles axudan a reflexionar sobre esta situación que vive a nosa sociedade co machismo e, con este tipo de actividades, temos ferramentas para combatelo e eliminalo.

Álbum: Escolares -> 2024_03_12_2ª AVA_3° ESO_CIM Hackeando o machismo

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO IES RÍO CABE

13/03/2024
Europe/Madrid

As xornadas de portas abertas no IES RíO CABE (Monforte de Lemos) serán o 13, 14, 18 e 19 de marzo ás 18.30 h. ou noutra data/hora distinta, concertando a cita no teléfono 982 82 80 34.

Distribuir contido