Língua Castelá

Alumnado de 1º de bacharelato no teatro: "La vida es sueño"

O Mércores 31 de xaneiro o alumnado de 1º curso de bacharelato asistiu no Teatro Principal de Ourense á representación da obra de teatro de Calderón de la Barca "La vida es sueño".

Segundo manifestaron os alumnos/as e as profesoras de lingua castelá acompañantes, Fe Cortiñas e Beatriz López González, quedaron totalmente convencidos de que era completamente certo o de que a vida é un sono.

Álbum: Extraescolares -> Teatro: La vida es Sueño

Alumnado de 2 ESO no concurso de relato curto de Coca-Cola

Oito alumnos de 2º de ESO participaron na 57.º edición do Concurso Jóvenes Talentos de Relato Corto, en lingua castelá. A proba tivo lugar en Ourense o venres 24 de marzo: ás cinco da tarde, os participantes de toda España descubrían ante si unha misteriosa caixa de cartón cun burato na parte superior. Nun dos lados da caixa podíase ler a frase “Esto es lo único que recordarás” e, no seu interior, unha textura converteu a súa pel nas sensacións que guiarían dos seus relatos. Con este estímulo, que combinou o sentido do tacto cun misterioso enunciado, e dúas horas por diante, deu comezo a proba. Nas imaxes, os nosos alumnos comenzado a escribir e, ledos e cansos a un tempo, á saída da proba.

 

¡Se podes imaxinalo, podes contalo!

Alumnado de 4º de ESO na "Casa de Bernarda Alba"

O venres 27 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO asistiu ao Teatro Principal de Ourense á representación teatral da Casa de Bernarda Alba, realizada polo grupo Eina da Escola, o pasaron xenial e a obra tivo unha gran acollida:

Obra de teatro: "A Dama Boba"

Teatro Principal de Ourense, tal día como o 28 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato asiste a posta en escea da obra de Lope de Vega "A DAMA BOBA". Todos, alumnos e profesoras, quedamos "embobados" coa compañía Teatro del repartidor, de Eina da Escola, que un ano máis ofreceunos as súas propostas para introducir ao alumnado no mundo do teatro.

"Tictiza", blog dos alumnos de 1º de Bacharelato

Os alumnos de 1º de bacharelato do centro, coordinados pola profesora de língua castelán, Mª Luz paramio, elaboraron un blog de literatura e língua, tictiza, no que realizan diversos comentarios sobre libros, noticias de actualidade, ...

Podes acceder ao blog dende aquí: Tictiza.


Distribuir contido