ANPA

PRESENTACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POSIBLES ORGANIZADAS POLA ANPA

 

A nova directiva da ANPA informa das diferentes actividades extraescolares para o curso 2017-2018 coa condición de ter o nº suficiente de solicitudes e anima ás familias a facerse socias e ao alumnado a  participar nas diferentes actividades organizadas.

O alumnado levará toda a información;  as fichas de inscrición para socios e actividades extraescolares poderán recollerse nas oficinas da ANPA e na do CPI ou ben descargalas desta páxina web.

CONCURSO: "DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Aviso importante: 

 

A ANPA amplía o prazo de entrega de ideas para o LOGOTIPO do noso centro ata o día 19 de 

maio de 2016.

A Anpa Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa xunto coa dirección do centro, tendo en conta

que os días 13,16 e 17 de maio non son lectivos, e para facilitar a presentación de propostas por parte

dos membros da comunidade educativa, acordan, en virtude do disposto no punto 6 das bases que rixen

o dito concurso, AMPLIAR O PRAZO de presentación de propostas ata o xoves 19.05.2016 ás

15:59 h. 

 

 

CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE

 

 

A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa, convocan o concurso para o deseño do

logotipo destinado a ser a imaxe representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello

Escolar, Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da Consellería o cambio do

nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.

 

Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do Concurso e o Anexo I para a inscrición.

 

 

 

Animamos a toda a comunidade educativa a participar!

CONCURSO FOTOGRAFÍA ANPA 2015

A ANPA do CPI Conde de Fenosa de Ares, organizou xunto coa colaboración do profesorado, o V CERTAME DE FOTOGRAFÍA" para o alumnado da ESO.

O Tema nesta ocasión era "CURIOSIDADES URBANÍSTICAS DE ARES".

A FOTOGRAFÍA GAÑADORA FOI "UNHA RÚA DE ARES", enviada polo alumno de 1º ESO A, JORGE LONGARELA, ao que lle transmitimos os nosos parabéns.

 

   

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

FESTA DO ENTROIDO

O vindeiro Venres 17 de febreiro vaise celebrar o Entroido no noso centro.


A ANPA colabora na realización das orellas o xoves na Cociña do noso centro ás 17:30h para, posteriormente o venres, entregarllas ao noso alumnado  nos recreos.


O venres o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria disfrazaranse e percorrerán as rúas de Ares. A saída do noso centro adiantarase ás 13:30h.

Contacto

Se queredes realizar calquera suxerencia ou ben resolver algunhas cuestións estamos á vosa disposición :

  • Por correo electrónico: anpadeares@gmail.com
  • No noso blog: anpadeares.blogspot.com
  • No tfno: 618383083
Distribuir contido