Educación Secundaria

CALENDARIO De EXAMES E ENTREGA DE NOTAS DA ESO

A ENTREGA DE NOTAS SERÁ O LUNS 27 DE XUÑO ÁS 11:00H

 

 

 

PRESENTACIÓN ETAPA ESO

No vindeiro curso académico(2020-2021) non haberá novas seccións bilingües como tiñamos pensado(nas materias de Matemáticas e Música) posto que a Consellería non publicou a Resolución por mór do estado de alarma debido ao COVID 19.

 

Implementado coa lingua de signos

CATRO ALUMNAS DO COLEXIO CPI AS MIRANDAS GAÑAN O CONCURSO NACIONAL “RETO BIG DATA” DA FUNDACIÓN “LA CAIXA”

 

CATRO ALUMNAS DO COLEXIO CPI AS MIRANDAS GAÑAN O CONCURSO NACIONAL “RETO BIG DATA” DA FUNDACIÓN “LA CAIXA”

 

As alumnas Paula Fernández, Salma Martínez, María Cagide e Irune Fornos , alumnas de 4º da ESO do CPI As Mirandas de Ares, coordinadas pola profesora do centro Cristina Sande, proclamáronse gañadoras, do concurso nacional “Reto BigData organizado polo programa Educativo da Fundación La Caixa, “EduCaixa”. O premio sería unha viaxe para todo o equipo a Silicon Valley en California, pero debido á alerta sanitaria este ano non pode ser, e o premio consiste nun ordenador portátil para os alumnos e unha formación on line del MIT para os docentes.

 

 

A Fundación La Caixa, no seu programa Educativo, Educaixa, organiza dende hai 6 anos diferentes concursos nacionais, denominados “Retos”, que traballan as competencias dixitais, o espíritu crítico ou a competencia científica e de investigación, dirixidos a estudantes de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.

Este ano, por primeira vez, oito alumnos de 4º da ESO do CPI As Mirandas (Paula, Salma, María, Irune, Yaiza, Lucas, Carolina e Clara), coordinados polas profesoras do centro Belén Morón e Cristina Sande, participaron no Reto BigData, dentro dunha actividade proposta na clase de matemáticas que tiña como obxetivo poder coñecer o gran papel dos datos e a súa análise na presente era dixital. 

 

Os oito alumnos organizáronse en dous grupos diferentes e, con dedicación e roubando tempo do seu tempo de lecer, presentaron dous artigos na primeira fase do concurso sendo a sua temática “O Consumo e a producción responsable”.

 

Despois de moitos esforzo, os traballos presentárose a principios de Marzo sendo seleccionados os dous para a seguinte fase, logo de competir con máis de 1.500 traballos presentados.

 

Se todo fora coma en anos anteriores, o seguinte paso tería sido disfrutar dunhas xornadas de formación en Barcelona onde  además de compartir con outros equipos de toda España unha experiencia dun novo reto, tratarían de de gañar o premio final dunha viaxe para todo o equipo a Silicon Valley en California.  Tendo en conta a crisis sanitaria na que estamos nestes últimos meses, e ante a imposibilidades de viaxar a Barcelona, La Caixa decididu susituir as xornadas de formación por un Campus Virtual que se celebrou na primeira semana de maio, como recompensa e recoñecemento a todos os equipos e ao seu traballo. Neste Campus participaron os oito alumnos do CPI de Ares. Se ben finalmente só un dos equipos proclamouse gañador, o programa foi toda unha experiencia para todos os participantes. Podedes ver neste link o seu proxecto PREME AQUÍ

 

Tamén temos que felicitar a 8 gañadores, Antía, Yaiza, Aroa, Daniel Varela, Ismael, Álvaro, Luis e Daniel, un grupo de 1º  de ESO do CPI As Mirandas que proclamouse gañador clasificándose como un dos tres mellores equipos de 1º de ESO de Galicia do Rally Matemático e Científico sen Fronteira.

NORABOA CAMPIÓNS!!!

 

 

Estes premios son unha recompensa moi merecida do traballo, esforzo e dedicación das profesoras do Departamento de matemáticas, grazas Belén e Cristina!!!

E, como non, grazas ao alumnado por toda a ilusión que tedes e por dar sentido a todo o traballo realizado!!! 

PARABÉNS A TODO ESE EQUIPO!!!

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL PARA ALUMNADO DE 4º DE ESO - DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

 

No seguinte enlace podedes ler o documento elaborado polo Departamento de Orientación do CPI As Mirandas sobre a Orientación Académico-Profesional dirixido ao alumnado de 4º de ESO:

 

ALUMNADO DE 3º ESO E O SEU PROFESORADO DISFRUTARON DO PREMIO : FIN DE SEMANA EN TUI!!!.

FIN DE SEMANA EN TUI!!!!!

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.

 

 

IMG-20170501-WA0002.jpg 

 

Os rapaces fixérono de fábula, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equipos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a disfrutar do premio:  "Unha fin de semana en Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompañaron) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Galicia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo portugués), formación de equipos mixtos para as probas do fin de semana (equipos con nomes moi familiares: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equipos,... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (sí rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en Portugal...oxalá!

 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN NA ESO

Nos seguintes enlaces da táboa podedes consultar os diferentes contidos mínimos, estándares e criterios de cualificación das diferentes programacións dos Departamentos Didácticos para o curso 2016-2017:

 

DEPARTAMENTOS CONTIDOS MÍNIMOS CRITERIOS CUALIFICACIÓN
FRANCÉS
MÚSICA
CULTURA CLÁSICA
XEOGRAFÍA E HISTORIA
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 
EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL
MATEMÁTICAS 
FÍSICA E QUÍMICA 
INGLÉS 
 L. CASTELÁ
 L. GALEGA

 

TECNOLOXÍA 
 CULTURA CLÁSICA
VALORES
RELIXIÓN    
EDUCACIÓN FÍSICA

 

 

 

 

XVII OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO

 A Dirección do CPI Conde de Fenosa felicita ao alumno do noso centro, Jaime Roade Conejo de 2º de ESO seleccionado de 23 alumnos presentados á proba zonal da XVII Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA para participar na Proba Autonómica o vindeiro 21 de maio en Lugo.

Parabéns, Jaime!

Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.

Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional que se celebrará en Huesca.

 

Co fin de promover a ensinanza e aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, a creatividade e a reflexión, AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática) organiza a XVII Olimpiada Matemática Galega de 2º da ESO, na que neste curso participaron catro alumnos do noso centro:

- Iván Dragoevich (2ºA)

- Daniel García Alonso-Villaverde (2ºA)

- Sofía Peña (2ºB)

- Jaime Roade (2ºB)

 

A fase local tivo lugar o 23 de abril no IES Carballo Calero (Ferrol) e desta fase que se celebra nas distintas sedes de toda Galicia sairán seleccionados 40 alumnos que participarán na Fase Final Galega en Lugo o 21 de maio.

 

Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a participar, así como ao IES Carballo Calero por encargarse da organización da Fase Local.

 

 

¡¡ Moita sorte rapaces!!

 

PISA 2015

Por primeira vez, o noso centro participará no Programa Internacional de Avaliación Educativa; PISA. Esta avaliación está dirixida ao alumnado de 3º ou 4º ESO de 15 anos.

 Participar en PISA é importante porque os resultado da avaliación poden empregarse para:

  • Indicar ata que punto o alumnado está preparado ao rematar a ESO para acometer a súa vida profesional ou académica.

  • Proporcionar información aos centros, ás administracións educativas e sistemas educativos co fin de identificar áreas que se deben mellorar.

  • Permitir unha comparación lonxitudinal do rendemento do alumnado entre distintos países.

Todos os datos son confidenciais, non se revela nin a identidade de ningún individuo nin de ningún centro.

Neste estudo principal, todas as probas tanto as cognitivas como os cuestionarios de contexto (director e alumno), realizaranse por ordenador. Os aplicadores da proba (empresa externa) traerán os ordenadores portátiles para cada alumno.

O alumnado durante unha mañá que poderá ser calquera día dende o 20 de abril ata o 31 de maio realizará esa proba que consistirá na resolución de problemas e cuestiones relacionadas coas Ciencias, Matemáticas e Lingua, así como un cuestionario de contexto do alumnado que responderán no ordenador.

Na edición PISA 2012 centrouse en matemáticas e na resolución de problemas da vida real e de competencia financeira. Nesta edición PISA 2015 centrarase fundamentalmente nas ciencias e na resolución de problemas colaborativos, lectura e matemáticas.

Toda a información relativa a esas probas podédelas atopar nos seguintes enlaces:

 

Vídeos con preguntas liberadas interactivas:

 Vídeo no que se desenvolve unha unidade interactiva:

CONCURSOS EDUCABARRIÉ

O alumnado de 4º ESO apoiado pola profesora de matemáticas, Mª del Rosario Segura Torres está participando no Concurso "EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0",  organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración con educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa.  

obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.

O noso centro participa con 2 vídeos e podedes picar nos seguintes enlaces para velo traballo feito polo noso alumnado e votalos pulsando no corazoncito: 

  1. Coa explicación do "Teorema de Thales" no "Cálculo da altura da igrexa de Ares".

 

 2. Coa explicación da "Regra de tres" no vídeo "Matemáticas na cociña"

 

 

Temos alumnado de 3º ESO participando no IX Concurso "FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA" organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa. 

obxectivo deste concurso é resaltar a través de fotografías, a presenza constante ao noso arredor de elementos matemáticos, e poñer de manifesto a súa utilidade na vida cotiá. 

Podedes consultalos seguintes enlaces e votalos

 

 

 

Temos 1 alumna de 2º ESO que participa no Concurso de ESOPÍAS, Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

 Podedes lela e votala no seguinte enlace:

 

Parabéns a todos, alumnado e profesorado polo traballo realizado e desexámoslles moito éxito.

Distribuir contido