Educación Secundaria

PREMIOS "CANGURO MATEMÁTICO"

Os gañadores desta edición do "Canguro Matemático 2012", a nivel do noso centro, CPI Conde de Fenosa" son:



  • Bran Rodríguez Sampedro (3º ESO B)

  • Julián Sixto Sánchez (3º ESO B)

O concurso tivo lugar o día 15 de marzo e consistía na realización dunha proba tipo test de 30 cuestións matemáticas por niveis.


Participaron 46 alumnos/as de todo o centro, dos que obtiveron a máxima puntuación Bran e Julián, que serán obsequiados cun lote de libros cada un.


¡ Noraboa a os gañadores e tamén a todos os participantes, e que sigades tendo tanta interese e curiosidade polas matemáticas!.


 


 

DÍA DA ÁRBORE

DÍA DA ÁRBORE


O pasado día 21 de marzo o alumnado de 1º ESO xunto con os de 3º ESO DC participaron nunha plantación de árbores, cerdeiras. Esta actividade foi organizada pola ANPA en colaboración co Concello e CPI.


A plantación tivo lugar na pista de padel, 12 cerdeiras que recibiron nomes femininos todas elas, vinculados a Ares coma:Catalina, Olalla, Hermelinda, Ciscada, Alianza Aresá, Aurora , Mirandas, Bailadora, Redeira.. Ao remate da plantación cantaron, acompañados pola banda de gaitas de Ares, o Himno a Árbore.


Aquí vos deixamos unha reportaxe do evento.



Distribuir contido