Complementarias

SEMANA DO ENTROIDO 2022

AVISO FAMILIAS ALUMNADO 2º E 4º ESO

COMUNICADO SOBRE A EXCURSIÓN DE 2º e 4º de ESO

 

Primeiramente, os nosos desexos de que todas/os vos encontredes ben de saúde.

 

Por outra banda, o propósito deste comunicado, non e outro que o de dar a coñecer a todas as persoas implicadas nas saídas tanto de 2º de ESO, coma da de fin de curso de 4º da ESO, a situación, a día de hoxe, na que se atopa esta.

 

Toda a sociedade e a  comunidade educativa do centro incluída, como podedes  supoñer e intuír, está sumida nunha incerteza constante respecto ao devir das actividades educativas xerais, así como ás programadas polos Departamentos do Centro (Saída a Asturias/Dpto. Ed. Física ou Saída a Italia/Dpto. de EPVA ) ata  a volta á "normalidade" do curso educativo. 

 

Porén, non se vai facer ningún pago máis, a espera de instrucións da Consellería, e pola nosa parte estamos estudando as posibilidades para tomar as decisións máis axeitadas e plantexar as distintas opcións que temos no caso de cancelación ou cambio da viaxe.  Son unas circunstancias especiais e pedímosvos paciencia para poder ir solventando toda esta situación.

 

Mentres tanto, agradecémosvos moito a vosa comprensión da situación.

 

Esperemos vernos axiña!!!

 

ENTREGA DE PREMIOS DA III EDICIÓN DO CONCURSO ESCOLAR “CANTAMOS COAS MANS”- Mención Honorífica

 

 


Este xoves 28 de novembro celebrouse a entrega de premios da III Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española “Cantamos coas mans”, nun evento moi especial que tivo lugar no centro sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela.
Neste acto recibimos a Mención de Honra  desta edición na que os nosos  alumn@ s puideron interpretar e actuar coa cantante  MJ Pérez que subiu ao escenario cos nenos e nenas que  signaron a súa canción “O fío  do que pendo”.
Foi unha xornada festiva, totalmente accesible en lingua de signos e na que tanto, persoas xordas como oíntes, puidemos gozar da música.
Queremos aproveitar a ocasión para, unha vez máis, agradecer o esforzo e a implicación de Luisa Lombardero, a nosa intérprete de lingua de signos, que non poido estar no evento e que é a alma mater do proxecto e, por suposto, tamén agradecer a  MJ Pérez  a súa colaboración para facer un ano máis, deste acto, unha gran celebración da música inclusiva.


Vídeo da gala




https://www.facebook.com/MJPerezmusic/videos/561889414649622/UzpfSTEwMDAwMDc0NjMxNDg5MzoyOTY0NDA1MjQwMjYwOTkx/

 


Videoclip oficial realizado no noso centro

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e da non violencia no noso centro. A educación para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para recordar no Día de la Paz,  temos o compromiso de ser  defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Podedes ver a continuación o vídeo representativo do acto:

 

 

I XORNADAS DE RCP E PRIMEIROS AUXILIOS DIRIXIDAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

I XORNADAS DE PRIMEIROS AUXILIOS E RCP NA AULA do CPI As Mirandas organizadas polo Departamento de Educación Física.

 Durante este mes o profesor de Educación Física, Carlos Bacelo,  aborda os contidos curriculares  sobre Primeiros auxilios e Reanimación Cardiopulmonar ao alumnado da ESO, e rematará coas I Xornadas que se organicen ao respecto,  neste centro educativo, durante a Semana do 26 ao 30 de novembro.

O resume destas xornadas podedes velo no seguinte vídeo:

TODA A INFORMACIÓN DAS XORNADAS

 

 

 

Dirixido a toda a comunidade educativa, dende a Dirección anímase a participar!!!

O DÍA 28 de novembro de 16:30 ata 17:30h as familias poderán recibir esa formación polos residentes do Sergas; a Dirección do CPI As Mirandas agradece a colaboración dos residentes  e solicita ás familias que participen na formación e avisen previamente ao centro cubrindo o formulario  ou ben enviando confirmación ao correo electrónico (cpi.asmirandas@edu.xunta.es).

CELEBRAMOS O DÍA NACIONAL DAS LÍNGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS: O 14 DE XUÑO- O noso vídeo foi un dos gañadores no Concurso "Cantando con las manos" da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia

Hoxe  14 de xuño, queremos festexar o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos que forman parte dos centros educativos de Galicia.

 

E con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).

Grazas a Luísa Lombardero, a nosa intérprete de signos, porque sen ela isto non sería posible.

 

Este foi o resultado, esperamos que vos guste!!!  E gañamos

O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso  "Cantamos con las manos"convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto. 

 

ALUMNADO DE 3º ESO E O SEU PROFESORADO DISFRUTARON DO PREMIO : FIN DE SEMANA EN TUI!!!.

FIN DE SEMANA EN TUI!!!!!

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.

 

 

IMG-20170501-WA0002.jpg 

 

Os rapaces fixérono de fábula, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equipos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a disfrutar do premio:  "Unha fin de semana en Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompañaron) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Galicia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo portugués), formación de equipos mixtos para as probas do fin de semana (equipos con nomes moi familiares: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equipos,... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (sí rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en Portugal...oxalá!

 

 

 

 

 

 

 

CHEOS DE VIDA ASÍ ESTAMOS TRALOS ENSAIOS CON RAMÓN BERMEJO E A GRAVACIÓN CON GUADI GALEGO

 

O alumnado co CPI As Mirandas participou, o pasado día 11 de maio, na gravación nos

asteleiros de Navantia da canción "Chea de vida" da intérprete cedeiresa, Guadi Galego

contando coa súa presenza e baixo a dirección de Ramón Bermejo.

Das tres gravacións realizadas neste simbólico espazo, a canción foi tamén

interpretada de forma simultánea en língua de signos por un grupo de

escolares do noso centro, saiu este  vídeo que nos impulsa á celebración do Día das Letras Galegas.

 

 Dende a Dirección queremos dar os PARABÉNS A TODOS OS ORGANIZADORES(CFR Ferrol) E

ESPECIALMENTE, AOS PARTICIPANTES QUE, GRAZAS AO SEU ESFORZO E

EXCELENTE TRABALLO , OFRECERANNOS UN VIDEOCLIP CHEO DE VIDA.

 

 

 

Esta experiencia contou cun gran número de alumnado (1055) pertencentes aos colexios A

Laxe,Pazos, Isaac Peral e Plurilingüe Jesús Maestro (os catro de Ferrol), Nicolás del Río de

Cedeira, Plurilingüe de Andrade (Pontedeume), San Isidro de Neda, Santiago Apóstolo  

(Mugardos), As Mirandas (156 Ares) e San Sadurniño e os IES Canido e Saturnino Montojo de

Ferrol, Ortigueira, Terra de Trasancos (Narón), Mugardos, Alfonso X O Sabio de Cambre e o

IES Monelos da Coruña.

Imaxe Recorte do Diario de Ferrol

 

(Imaxe-reportaxe do Diario de Ferrol-12 de maio de 2017) 

 

 

 Imaxe publicada por Guadi Galego nas redes sociais

A gravación, moi ben organizada polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol,

dirixido por Manuel Losada coa colaboración,entre outros, do noso asesor José A.

Sordo, xurdiu a raíz do desenvolvemento dun curso de formación do profesorado

sobre os coros como actividade integradora para o alumnado. Resultou moi

emotiva, todo un éxito, permitiu crear un espazo de convivencia e unha 

experiencia inolvidable para todos os participantes.

O obxectivo deste acto é resaltar a música galega estimulando a creación de coros

escolares nos centros educativos. Segundo cita Guadi Galego no Dirario de Ferrol:

moi necesaria tendo en conta como está o tema das artes na educación”. Salientou

tamén o acto como un apoio a un sector, o do naval, ao que probablemente estarán

vinculados  familiares de moitos dos rapaces que onte, e por unhas horas, encheron 

de vida a factoría ferrolá. “

 

 

 Mentras non chega o día, podedes ver diferentes gravacións do evento nos  seguintes

enlaces:

  ;

 

ENSAIOS PREVIOS NO NOSO CENTRO COA DIRECCIÓN DE RAMÓN BERMEJO

O día 9 de maio o alumnado de primaria e terceiro e cuarto da ESO reuníronse, baixo a  dirección de

Ramón Bemejo, para ensaiar a canción "Chea de vida". O resultado podedes atopalo no seguinte vídeo (próximamente):

 

 

 

Máis información do eventos nos seguintes enlaces:

Xentileza de Marcos Filgueira Gomis

http://www.gabit.org/gabit/

Publicado por Guadi

 Xornais:

Televisións:

 

 

Centros:

 

 

 

En redes sociais:

 

E outos moitos ….

 

 

Zona de los archivos adjuntos

Vista previa del vídeo Coral: "Chea de vida". 11 Maio 2017 (Navantia-ferrol) de YouTube

Descripción: https://ci6.googleusercontent.com/proxy/CQr0By5JzbtlVFPgwp9XiBOjuQnPsn729CLuHQc-lQZyvFGmj-EFGQaN2lF6vNm1U0Xf0MuVfOebukhWjygvvETkfQU6qQ=s0-d-e1-ft#https://i.ytimg.com/vi/YEbFubGj53c/mqdefault.jpg

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2017

 

      

 FESTA DO ENTROIDO 24 MARZO     

 

 O vídeo do pasarúas do Entroido do día 24 de febreiro está publicado no blog da  Biblioteca: Carabela de Ares.

Nos seguintes enlaces:

 

 

O vindeiro venres, 24 de febreiro, celebraremos a festa do Entroido.

A festa comezará cun pasarrúas pola vila de todo o alumnado e profesorado do centro.

 ORGANIZACIÓN:

  •             Saída do centro escolar aproximadamente ás 10:30h. continuando por:

 

·         Avenida de Mugardos

·         Real

·         Plaza da igrexa

·         Saavedra Meneses.

 

  • A continuación o alumnado de Infantil regresarán ao colexio e os demais continuarán polas rúas.

 

  • As 12:15h, xa no centro, o alumnado  degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano nun envase que se poida tirar (papel, bolsa…). O colexio correrá cos gastos das bebidas. O alumnado recibirá un paquete de caramelos doados polo Concello.

        

  •  A saída será á 13:30h (ás 13:25h en infantil).

Non haberá comedor.

                                

                     AVISO:

No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile levarase a cabo na pista do centro escolar (11:00h) ao que poderían asistir as familias.


 

 

MANDADOS ENTROIDO 2017

 

MARTES:

 

  • O pescozo adornarás e con colares ti virás.

 

MÉRCORES

 

  • Sombreiro, gorro, peluca ou pano, que é o mais “fashion” este ano.

 

XOVES

 

  • Se non queredes sufrir estrés trae algunha prenda do revés.

 

 

 

MAGAZINE 2016

Do you know her? She´s our language assistant. Her name is Rebecca Jane Allen. She´s 22 years old. She´s got one brother and one sister. She lives in the south-west of England, in The U.K.

 

She lives in a very small town called Sydling St. Nicholas but she is studying languages at the University of Manchester. Her favourite sport is netball and her favourite hobby is playing the violin. She likes travelling.

She travelled around Portugal, France and Germany. Next year she´s going to work in France and then it´s possible that she will go back to University.

She liked being in Spain and she liked staying in Galicia. She liked lots of things and shellfish the most.

We are going to miss you.

 

Good luck!

Distribuir contido